Blogia
bibliochivite

O CLUB COMEZA DE NOVO

Enriba tedes unhas fotos tomadas o primeiro día no club este ano , antes de comezar a sesión. Estivemos observando encantados e comentando o traballo que Víctor e os seus alumnos de deseño grafico dixital están a facer: carteis anunciadores, unha árbore vermella cuxas raíces trepan polas escaleiras do centro ata chegar á biblioteca.... Os paneis da biblio comezan a cobrar de novo vida grazas a eles... E ademais sábennos "captar". Polo voso traballo, a vosa creatividade, a vosa ilusión...O noso máis profundo agradecemento.

4 comentarios

Isabel -

Ola, Lariña!!!!!! Que ledicia que nos visites. Ti es e sempre serás parte do club e xa ves que coas TICs é posible seguir participando, aínda que sexa doutro xeito. Agardamos poder vernos pronto. Javi suxería para a ponte de decembro. Andaredes por aquí? Falamos. Graciñas polo comment!!!

Lara -

Prodúceme moita alegría ver como este fermoso proxecto continúa, aínda que por outra banda, non podo evitar entristecerme por non poder participar eu do mesmo. Coido que vai ser un ano fantástico pola alta participación que parece que hai.

Isabel -

Quen ben que che gustara!!!! Estamos encantadas!!!! Moitísimas grazas polo teu comentario!!!

lucre -

gustoume moito o club de lectura!felicidsdes é un traballo excelente!!