Blogia
bibliochivite

AS ALUMNAS DO CLUB LEN OS SEUS ESCRITOS

Na antepenúltima sesión do club de lectura Marlene, Esther, Marta, Lucía e Nerea leron textos escritos por elas mesmas. Parabéns polo voso talento, sensibilidade, espírito reivindicativo, capacidade de reflexión... e moitas, moitas grazas.

Ademais, Antonia leu un fermosísimo poema escrito por ela... Aínda que non nos puido acompañar, si tivemos a sorte de escoitar a súa voz. (Vós tamén podédelo facer. Está debaixo do vídeo).

David escribiu un texto en vivo (click AQUÍ). Foi un experimento moi orixinal. Mentres David escribía nós iamos lendo e ademais escoitabamos as pezas que se citaban no texto.

Moitísimas  grazas tamén a David e Antonia e a todos os alumnos e alumnas presentes na sesión.

0 comentarios