Blogia
bibliochivite

ANA ISABEL RONCERO

Open publication - Free publishing - More actriz

Foi o día 7 de xuño cando recibimos a visita deste ser excepcional que é Ana. Encheunos os oídos con historias, os petos con tesouros e a alma con esperanza e certezas: a esperanza de que se pode compartir a beleza sen ter en conta a idade do público, e a certeza de que cun talento como o que ela posúe toda historia pode ter vida, esencia. 

Foi unha tarde máxica, os rapaces do club e os que viñan a PROA agasalláronnos cun comportamento impecable. Escoitamos historas de amor, de desamor, de vinganza, de misterio, todas unidas pola tenrura de Ana, pola súa voz camaleónica e multiforme, polos seus acenos e a súa maxistral interpretación.

Engaiolounos co seu talento. Unha palabra pode cambiar unha vida, claro que sí, imaxinade qué non cambiará un torrente de vida e literatura como o que ela nos ofreceu! 

Grazas a todos.

AQUÍ tedes un álbum de fotos e AQUÍ podedes ver un collage, ambos feitos por Maite Jiménez (MOITAS GRAZAS!!!!), con fotografías tomadas durante a actuación de Ana. Outro álbum aquí.

O primeiro vídeo que aparece enriba tamén o elaborou Maite, excepcional fotógrafa. O segundo e ós que podedes acceder premendo aquí , aquí, aquí, aquí, aquí  e aquí recollen momentos da actuación da grande actriz e ser humano que é Ana.

Tamén podedes ler, na parte superior, debaixo dos vídeos, textos escritos por alumnos e alumnas nos que expresan as súas impresións tras presenciar a actuación de Ana.

0 comentarios