Se muestran los artículos pertenecientes al tema Club de lectura a árbore vermella.
LETRAS GALEGAS - PARABÉNS ÓS PREMIADOS
Dende o club de lectura A árbore vermella queremos darlle a noraboa a todos os alumnos e alumnas do noso instituto (case todos eles asistentes ó club) que onte xoves 17 de Maio foron finalistas e gañadores de premios polos seus magníficos textos, premios que recibiron na gala músico-literaria das Letras Galegas celebrada na Casa da Cultura de Verín.
Os alumnos que recolleron os premios que lles corresponderon nos certames literarios convocados con motivo do Día das Letras Galegas foron:
Mercedes Castro Cid, de 2º, que tivo un primeiro premio polo poema Eu?, que leu en público.
Marta Cid Nieto, de 2º, que tivo un primeiro premio polo relato A certeza dun soño, que tamén leu en público.
Lucía Díaz Nicolino, de 3º C, que recibiu un primeiro premio polo relato Tráfico de emocións, que leu en público.
Ademais deses tres primeiros premios, recibiron un terceiro premio:
Joseba Delgado Parada, 2º
Noa Pérez Núñez, 1º
Sabela Domínguez Souto, 2º
María Romero Rodríguez, 2º
Ana María Añel Prieto, 3º
Esther Estévez Casado, 3º
Victoria Pérez Gascón, 4º
Parabéns ós músicos, moitos deles tamén alumnos do noso instituto (María Romero, ademais, asistente ó club), que tan magnificamente interpretaron as pezas que fixeron que música e literatura se desen a man.
Máis fotos AQUÍ (grazas Javier!).
BALEADAS - EXCURSIÓN A SANTIAGO
A compañía TRASPEDIANTE (compañía de danza de Marta Alonso Tejada e Begoña Cuquejo) está a representar BALEADAS, espectáculo en 3D con pintura, danza e textos do poemario de Estevo Creus Balea2.
O día 10 de Maio o club de lectura, xunto cos alumnos de Plástica e Deseño Gráfico (moitos deles tamén asistentes ó club) que tanto traballaron nos proxectos inspirados por Poemas da cidade oculta e O libro dos cans (tamén poemarios de Estevo Creus) asistiu á representación de Baleadas que Traspediante fixo no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela.
Foi un espectáculo fascinante, orixinal, elegante, innovador usando un recurso non tan novo ó que as artistas lle sacaron todo o partido, o programa "paint". Foi unha representación chea de cor, de momentos de grande poderío visual, forza, fascinación (meu corpo, meu corpo, meu corpo.... foi un deles, con esas verbas proxectadas no corpo dunha das bailarinas-artistas-creadoras). A balea, a omnipresente metáfora totalizadora de Estevo Creus, acompañounos case permanentemente.... Que momento aquel no que, en 3D, vemos a baleeira de Cangas!!!!! Sensibilidade, brillantez, reivindicación..... todo....como a balea.
Moitas grazas a Estevo Creus, presente na representación, e ás integrantes da compañía Traspediante, por proporcionarnos eses 50 minutos de maxia... e tamén pola cercanía antes e unha vez rematado o espectáculo.
Despois de gozar coa arte de Traspediante, fixemos un percorrido por Santiago, revisitando uns, descubrindo outros, plazas, edificios, xardíns marabillosos... Os rapaces levaban un mapa elaborado por Víctor cun itinerario que os guiaba ó encontro de lugares, de construccións fermosas, atractivas, que ían fotografiando ( temos uns alumnos que son uns grandes fotógrafos!!!!!)
Comemos no parque de Bonaval, baixo as árbores, e despois puxémonos en camiño cara á derradeira etapa da nosa excursión: unha visita guiada pola Cidade da Cultura, lugar grandioso que podedes ver nas fotos debaixo.
Se premedes AQUÍ accederedes ó blog BALEADAS.
ACTUACIÓN DE ANA ISABEL RONCERO
Este ano teremos o inmenso pracer de rematar o club de lectura, o vindeiro 7 de Xuño, coa actuación de Ana Isabel Roncero Martín. A irmá da nosa compañeira Antonia compartirá connosco o seu talento cunha actuación que nos vai deixar abraiados, seguro!!!!
Se fas click aquí accederás a un post sobre Ana Isabel Roncero e o seu espectáculo teatral Lo que somos que David Rguez. Rivada escribiu no seu blog.
ADELE EN VIVO NO ROYAL ALBERT HALL
Como sabedes, na Árbore vermella manexamos o concepto lectura no seu sentido máis amplo. Lemos poesía e novela, si, mais tamén imaxes e ata casas (que senón fixemos este ano da man de Víctor a partir de O libro dos cans de Estevo Creus? "Ler" as casas de Mies Van der Rhoe ou Le Corbusier, interpretalas). Con frecuencia lemos música, e xa tivemos sesións nas que escoitamos, rap, flamenco, música clásica ou folk galego. Nestas sesións quen nos guía é David, e será el quen o xoves 31 de Maio nos faga a introdución, analizando algunha canción súa, ó concerto de Adele no Royal Albert Hall de Londres (click aquí).
Témoslle que agradecer a Fernando Serrulla, membro do Consello Escolar, pai do alumno de 1º Bacharelato Miguel, o seu interese, xenerosidade e implicación, xa que foi el quen nos proporcionou o concerto desa artista de voz espectacular chamada Adele no famoso teatro londinense xa mencionado.
Animámosvos a todos a vir a "ler" a música de Adele no club de lectura. Seguro que imos gozar moitísimo!!!
A MANTA
Hoxe foi un día no que no club de lectura se colou o inesperado. Aínda que o planificado nos ía levar por un camiño, a conversa levounos por outro que acabou sendo moi especial. Deixamos A árbore xenerosa para unha vindeira sesión e cubrímonos cunha manta. O itinerario de Marita, esa manta feita con retais que permite que se unan moitas persoas que transitan pola súa vida, deu pé a contar historias sobre eses retais, e de aí chegamos, de maneira natural, case sen querelo, ata A manta, de Isabel Minhós Martins e Yara Kono, unha fermosa historia na que os retais que conforman a manta dunha avoa tamén serven para relatar o que se enconde detrás de cada un deles. Estivemos lendo este conto por turnos, en portugués... e pasámolo moi, moi ben.
GRAZAS!!!!!!
Moitas grazas ós pais que onte percorristes connosco e cos vosos fillos o itinerario polo que eles camiñaron nestes últimos meses no club de lectura. Moitas grazas por vir a compartir os Poemas da cidade oculta e O libro dos cans, por vir a descubrir camiños, baleas, casas de soño... Grazas polo voso interese e por axudar a facer posible que os nenos e nenas sigan, cada xoves, transitando polo itinerario da Árbore vermella.
A ÁRBORE XENEROSA
mmqmmr.blogspot.com (Mil Montes Queimados, Mil Modos de Rehabilitalos) é o nome dun blog creado polo profesor de Plástica, Víctor, co obxectivo de que nel se recolla un proxecto que nos vai invitar a reflexionar sobre o drama que están a vivir os nosos montes, a nosa natureza, a concienciarnos da necesidade de protexela, a pensar en medidas, actuacións para comezar a cambiar a nosa mentalidade e construír unha nova realidade.
O club de lectura A árbore vermella vai participar nese proxecto, e o punto de partida será a lectura, o vindeiro xoves, do fermosísimo conto A árbore xenerosa (click AQUÍ), de Shel Silverstein (click tamén aquí).
Publicado por primeira vez en 1964, co título The Giving Tree, este álbum gráfico proporciona múltiples niveis de lectura, constituindo un excelente exemplo de como, con moi pouco, se di e suxire moito.
Esta obra conta a historia dun amor incondicional entre unha árvore antropomorfizada e un neno delicado e soñador, transformado polo tempo (e talvez pola cidade/ sociedade) nun adulto egoísta, distante e que só regresa onde a súa amiga por motivos materiais. O impacto emotivo deste libro é enorme, como veremos/sentiremos o xoves 26 de Abril na sesión do club de lectura.
GRAZAS, ESTEVO
GRAZAS, Estevo, porque sen ti non teriamos percorrido o itinerario que nos levou ata o día de hoxe, no que tanto gozamos. Grazas pola balea, polos "ques", por todo o aprendido, por axudarnos a darlle importancia ó camiño, máis que á meta. Grazas polas túas verbas...GRAZAS.
AQUÍ tedes o post que David dedica á visita de Estevo no seu blog.
VISITA DE ESTEVO CREUS

Estevo Creus Andrade, poeta, autor dos dous poemarios (Poemas da cidade oculta e O libro dos cans) sobre os que o club de lectura A árbore vermella, xunto con alumnado de Plástica, Deseño Gráfico Dixital e Lingua Galega, leva moito tempo "traballando", vainos visitar o vindeiro Xoves, día 19 de Abril, ás 16:30.
A piques de recibir o poeta, estamos a darlle uns "toques" de Poemas da cidade oculta ó instituto.Un exemplo: un dos poemas do libro trepa polas paredes ata chegar á biblioteca. Mirade:
Ademais, unha casa do mesmo tamaño que a que nos amosa Estevo Creus no Libro dos cans, instalada na aula de Plástica, contén edificios, baleas, itinerarios (por exemplo, o feito nesa aula ó longo do tempo), casiñas, fotos... Hai carteis, letras,saúdos, unha balea de ramas...
ANIMÁDEVOS A ACOMPAÑARNOS O VINDEIRO XOVES!!!!!
(Facendo un percorrido por este blog atoparedes moitos posts adicados a Poemas da cidade oculta e O libro dos cans)
Itinerarios de alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º ESO
Os alumnos de 3º e 4º ESO do profesor de Plástica e Deseño Gráfico Víctor Rodríguez ( e tamén o propio profe) plasmaron de xeito maxistral, con imaxes moi suxerentes, os itinerarios dos Poemas da cidade oculta de Estevo Creus (premede aquí, aquí, aquí). Tédelos debaixo. Gozade con eles, co vídeo Poemas e itinerarios, na parte superior do post, que inclúe recitado de Poemas da cidade oculta por parte de alumnos asistentes ó club e os itinerarios de Lara, Marita, Víctor e Sabela, co itinerario de Lucía, co de Irene, co de Carmen,vendo a María co seu, tamén a Marta (encántanlle os peluches e hai dous que foron moi especiais), e cos itinerarios dos alumnos de 1º e 2º ESO, que están ó final do post.
"Adiviña quen é": Nova edición - 3º trimestre
Nova edición do concurso "Adiviña quen é", que como sabedes, lanzamos conxuntamente o IES Taboada Chivite (a través do club de lectura A árbore vermella) e o IES Ribeira do Louro de Porriño.
Debaixo tedes unha imaxe distorsionada do importante escritor cuxo nome tedes que adiviñar, e enriba datos biográficos e citas que vos poden axudar a descubrir quen é este persoeiro.
Coma sempre, hai que mandar un e-mail co voso nome e apelidos, curso, grupo e instituto, ademais de, por suposto, o nome do personaxe oculto, a:
ribeirachivite@gmail.com
Podedes participar ata o mércores 6 de Xuño. Ánimo!!!!! Hai un agasallo agardando por vós!!!!!!
"Adiviña quen é": ISAAC DÍAZ PARDO

Remata unha nova edición do concurso "Adiviña quen é". Efectivamente, como algúns descubristes, a figura oculta nesta edición na que, pola importancia enorme do personaxe para a cultura galega, participou tamén o Dpto. de Dinamización Lingüística, era Isaac Díaz Pardo, intelectual e artista galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia. (Aquí podedes acceder a artigos sobre este sobranceiro persoeiro da cultura galega, recentemente finado. Este foi escrito por Manolo Rivas).
"Quando os anos me vençam já descomposto tudo e farto de fazer tudo o que faço, nom sei o que farei... estou já tam afeito a perder que nom sei que fazer se un día ganho".
Na portada de Monxoi, de Alfonso Mato -homenaxe persoal que repasa os seus 15 anos como historiador e documentalista ó carón de Díaz Pardo no Instituto Galego da Información-, esta é a cita escollida para resumir unha visión do mundo. Extractouna Mato do derradeiro libro de Isaac, Tentando construir uma esfinge de pedra (Do Castro, 2007), o máis semellante a unhas memorias por vía interposta que escribiu o ancián que en 1936 chamou "reaccionario" a Castelao, por suxerirlle que levase os pasquíns ó concello antes de distribuilos. No diálogo entre o home e a esfinxe, que é un oráculo, a esfinxe acaba traicionando á persoa.
Os nosos parabéns a Marta Cid, Mercedes Castro e María Barreira, todas elas alumnas de 2º ESO do IES Xesús Taboada Chivite (co seu agasallo nas fotos de abaixo), por ter acertado quen era o personaxe descoñecido nesta edición de "Adiviña quen é". O gañador no IES Ribeira do Louro foi Borja Alonso Estévez.
STAND "Poemas da cidade oculta"
Como vos diciamos no post anterior, o proxecto Poemas da Cidade Oculta estará presente nun stand durante as festas do Lázaro de Verín. Onte, venres 23 de Marzo montamos o stand (enriba tedes imaxes) e hoxe sábado 24 foi a inauguración (fotos debaixo). Animádevos a vir ó pavillón de Verín!!!!!!!!!!!!!!!
Construir unha balea... "Poemas da cidade oculta"
Os Poemas da cidade oculta, de Estevo Creus, dos que tanto vos temos falado neste blog, van saír do noso centro e formar parte dun stand na vindeira feira que, con motivo das festas do Lázaro, terá lugar no pavillón de Verín o sábado 24 e o domingo 25 de Abril. Os alumnos do club, os de Plástica, os de Deseño Gráfico... levan xa tempo traballando neste proxecto (temos previsto que Estevo Creus visite o club de lectura o 19 de Abril), debuxando, construíndo, recitando, pensando...
Onte fixemos unha balea (FOTOS ENRIBA), símbolo que percorre todo o poemario do poeta de Cee.
Proximamente poderedes ver neste blog as imaxes tomadas no stand, no que estará a balea... e moito máis (avance abaixo).
"O libro dos cans" - As casas dos alumnos de 1º ESO B
Como sabedes, a raíz da lectura de O libro dos cans de Estevo Creus, temos falado bastante de casas no club de lectura A Ábore Vermella. (Facede click aquí, aquí, aquí e aquí). De feito, os alumnos de 1º ESO B (varios deles asistentes ó club) construiron as súas casas ideais e faláronnos delas. Debaixo podedes ver o resultado do traballo dos rapaces e rapazas de 1º ESO B. Parabéns!!!!!!
"O libro dos cans" de novo do club
Despois da sesión da semana pasada, na que Víctor lle deu a volta ó noso concepto de casa, hoxe visitamos a casa na que a voz poética da segunda obra de Estevo Creus que estamos a ler (lembrade que a primeira foi Poemas da cidade oculta) agarda os seus cans (premede aquí e aquí). Enriba tedes fotos nas que podedes ver a Víctor falándonos dos planos que aparecen ó comezo deste singular poemario e tamén podedes escoitar a Juan Carlos e Irene lendo algúns fragmentos.
"La casa", de J. Patrick Lewis e Roberto Innocenti
No club de lectura A árbore vermella estamos a falar moito de casas ultimamente. No post anterior falabámosvos de O libro dos cans, de Estevo Creus, que nos ten invitado a darlle voltas á noción de casa que temos, a pensar en como sería a casa dos nosos soños...
Neste post queremos falarvos dun fermoso álbum ilustrado, La casa,(click aquí tamén) que foi publicado pola Editorial Kalandraka no ano 2010. É un álbum ilustrado que nos conta a historia dunha casa. O texto foi escrito por J. Parick Lewis, traducido ó castelán por Silvia Pérez e ilustrado por Roberto Innocenti.
A historia de La casa comeza en 1900 e remata en 1999 (a imaxe inicial presenta uns nenos que buscan cogumelos e castañas, cando descobren a casa destruida). O edificio foi construido no ano 1656, no ano da peste. Somos testemuñas da vida dunha casa coas súas ledicias e tristuras, en momentos bos e tráxicos. Viaxamos no tempo descubrindo os cambios das estacións, así como os dos costumes da xente...
No só a casa se transforma, tamén vemos cambios no entorno, como se modifica e crece a natureza. A casa feita de pedras e madeira nunha colina en anos, décadas, séculos...... ve xeracións, diferentes familias, escoita risos, suspiros, disparos...
Como sería a casa dos vosos soños? Onde estaría? Que forma tería? Como cambiaría?.....
O LIBRO DOS CANS, DE ESTEVO CREUS II
Como vos diciamos no post anterior, a sesión de hoxe do club de lectura estivo adicada a achegarnos á obra de Estevo Creus O libro dos cans. Ese achegamento produciuse da man de Víctor, quen, levándonos por un itinerario arquitectónico no que coñecemos a Le Corbusier ou Mies Van der Rhoe acabou facéndonos reflexionar (con Estevo Creus) sobre o universo, un universo no que o importante é o avance, o camiño, o descubrimento, a observación, no que as metas "perfectas" non son probablemente nin posibles nin desexables.
O LIBRO DOS CANS, DE ESTEVO CREUS
Hoxe adicaremos a sesión do club de lectura a unha obra de Estevo Creus (como sabedes, estamos tamén a ler Poemas da cidade oculta) que xa foi introducida na última sesión. Trátase de O libro dos cans, unha obra coa que tamén están a traballar os alumnos de Deseño Gráfico Dixital e por iso o seu profesor, Víctor, nos vai a guiar hoxe no noso percorrido polo Libro dos cans.
Agardámosvos!!!!!
CONCERTO DE NACH EN OURENSE
![]() |
| De Concerto Nach fotos Lara |
![]() |
| De Concerto Nach fotos Lara |
![]() |
| De Concerto Nach fotos Lara |
Onte, venres 24 de Febreiro, asistimos ó concerto que o astro do hip-hop Nach, a quen o club de lectura ten adicado máis dunha sesión, deu en Ourense. Nach actuou brillantemente acompañado por ZPU (nunha pasada sesión do club escoitamos David contra Goliat, de ZPU), Abram e o DJ Joaking.
Foi unha actuación na que todos os asistentes nos sentimos inmersos nun remuíño de enerxía: a súa posta en escena, a calidade e humanidade das súas letras, a súa forma de falar co público... e sobre todo a actitude impresionante dos seus fans: unha morea de adolescentes que sabían de memoria todos os seus temas e interactuaban coas súas intervencións, bailando, cantando, vivindo a súa música.
Un exemplo do que os gregos chamaban catarse, ou purificación da alma que experimentaban os que asistían á representación dunha traxedia grega, vivindo como propias as experiencias dos personaxes teatrais.
Premendo aquí accederás ó artigo que David fixo no seu blog.
Moitas grazas polo teu compromiso, polo teu talento, pola gran laboura pedagóxica que estás a desenvolver cos nosos alumnos aprendéndolles vocabulario e xiros, e por todo o que nos transmite a túa música.
Enriba tedes El reino del absurdo do seu último CD Mejor que el silencio.
DOUS POEMAS PARA O 14 DE FEBREIRO

Aquí tedes dous poemas que fixeron os profes do Club de lectura Antonia e David para conmemorar este 14 de febreiro. En ámbolos dous casos trátase de historias de amor e dor.
O texto de Antonia:
"Quería decirte
amor
que soy 1
que soy lo que queda
de restarnos mutuamente
números consecutivos
cuando estás detrás de mí
y me besas la nuca.
Cuando el ruido
no cesa
siento de oídos para adentro
un 1 finito
amor
un 1 ingrávido
y absurdo
en las multiplicaciones.
Qué cansancio
y qué pena
amor
de hombre único en el desierto
de iceberg trágico
de brasa en la nieve
de aceituna.
No te dividas por m,í
amor
sólo quedarás tú
íntegro de nuevo
con todas tus cifras
sin desenvolver.
Y yo
cociendo
al otro lado
con los ojos abiertos
y las yemas abiertas.
Respiro profundo
entre tus brazos
o asomada al mar
y se dibuja
contenido como un globo
este 1 que soy.
¿Será esto
amor
también amor?"
O texto de David: premede aquí para acceder a el.
Os "Poemas da cidade oculta" de novo no club
Hoxe a sesión do club de lectura comezou "pechando" a sesión anterior (premede AQUÍ). Estivemos lendo, vendo, escoitando e finalmente comentando Alas y olas, fermosísima historia levemente inspirada en La mujer esqueleto.
Despois de gozar con Alas y olas, conto no que o mar ten o seu protagonismo, proseguimos coa lectura de Poemas da cidade oculta e comezamos cun poema que enlazaba moi ben con Alas y olas, un poema con mar, un poema que nos di: "amar o mar"....
Decidimos ler de xeitos diferentes. Todos xuntos, en cadea.... E coidamos que ós rapaces e rapazas esta maneira de ler resultoulles atractiva, estimulante...
Enriba podedes ver os nosos rapaces recitando algúns Poemas da cidade oculta.
DESPOIS DE TI, A CHUVIA
Onte, parte do profesorado do club de lectura A árbore vermella acompañados de dúas alumnas (Marta e Lara) que asistiron en representación dos seus compañeiros e compañeiras puideron gozar da presentación de Despois de ti a chuvia no Teatro Principal de Ourense.
Xosé Carlos Caneiro (escritor) e Emilio Rúa (compositor e músico) presentaron un fermoso espectáculo que leva o mesmo título que o libro-deuvedé editado por Galaxia no que poesía e música se fusionan, ó ter musicado Rúa varios dos poemas de Caneiro que recolle o libro.
Neste proxecto participaron xunto a Caneiro e Rúa os músicos José Gayoso, Seginho Sales, Alberte Rodríguez e Guillermo Prieto.
Antonia escribiu unhas verbas despois do concerto:
" Se levantó un día el poeta Caneiro con ganas de mirar atrás dentro del amor y se encontró a sí mismo escribiendo versos de niebla y vodka, de cuando el desamor le iluminaba los dedos con luz de luna y el corazón le latía al calor de labios nunca olvidados.
Hoy, después de la lluvia, hicimos corro, abrimos unas cervezas, unos libros y él abrió su voz verdadera, de poeta, claro."
LA MUJER ESQUELETO - ALAS Y OLAS - CLANDESTINOS
Os amores clandestinos, imposibles, difíciles... serán os protagonistas a vindeira semana no club de lectura A árbore vermella.
A nosa compañeira Antonia, que non pode acompañarnos ultimamente, vai estar connosco dunha maneira "diferente", contándonos unha historia que descubriu hai pouco e lle resultou fascinante, a da Muller Esquelete, unha lenda inuit que aparece no libro Mujeres que corren con los lobos, de Clarissa Pinkola Estés.
Escoitade a Antonia. Ela vai ser que vos conte a lenda da muller esquelete.
AQUÍ podedes escoitar a interpretación que Antonia nos fai desta fermosa lenda de orixe inuit.
Logo leremos Alas y olas, de Pablo Albo,ilustrado por Pablo Auladell e editado por Barbara Fiore, un fermoso libro cunha historia levemente inspirada pola da muller esquelete. Escoitade de novo a Antonia lendo Alas y olas.
Remataremos escoitando Clandestinos, de Nach, rap onde de novo os amores difíciles son protagonistas.
Lendo "Poemas da cidade oculta", de Estevo Creus II
Onte continuamos lendo Poemas da cidade oculta no club de lectura A árbore vermella, e ó final da sesión tivemos varias sorpresas: Lara tróuxonos o seu "itinerario", amosounos un moi fermoso cadro feito por ela mesma e falounos do camiño que tivo que percorrer ata ser quen de rematalo, pensou que non podería facelo mais finalmente....
Logo, Marita amosounos como está a progresar o seu "camiño" e Víctor amosounos dous "itinerarios",un deles feito recentemente a partir dunha película que lle gustou moitísimo e outro elaborado hai xa moito tempo no que arquitectura, cidade, literatura... cóllense da man.
Enriba tedes un vídeo no que escoitades a algúns alumnos lendo Poemas da cidade oculta e tamén a Lara falando do seu cadro e a Víctor e Marita dos seus respectivos "itinerarios".
Ese vídeo e un "avance". Os "itinerarios" de todos os alumnos que os vaian facendo e os dos profes formarán parte dunha presentación que poderedes ver neste blog.
TABOLEIROS CLUB DE LECTURA
Moitísimas grazas a Víctor e ós seus alumnos de Deseño Gráfico Dixital de 3º ESO A e B polos fermosos taboleiros que fixestes para que o club de lectura A Árbore Vermella puidese ir anunciando, na entrada do instituto e da biblioteca, as súas actividades.
GRACIÑAS!!!!!!! :-)
Lendo " Poemas da cidade oculta"
No club de lectura xa estamos en marcha con Poemas da cidade oculta, o libro de Estevo Creus do que vos falamos en artigos anteriores. Houbo unha longa introdución na que entramos en contacto co autor e a súa obra, limos e reflexionamos sobre os poemas iniciais e os profes, ó final da sesión, falaron do proxecto que lles gustaría levar a cabo con todos os integrantes do club a partir da lectura do poemario. Gustaríanos construir os nosos itinerarios. De feito, amosámoslles ós rapaces e rapazas dous que temos en proceso de elaboración. Agora, a seguir lendo, pensando e creando, que seguro que ideas fascinantes, que se convertirán en realidades abraiantes, sairán das cabezas dos nosos alumnos.
Adiviña quen é: Nova Edición

Comeza unha nova edición do concurso "Adiviña quen é". Quen será o importante persoeiro que tedes na foto?
Se facedes click aquí accederedes a datos da súa biografía e aquí tedes algunhas frases ditas por esta relevante figura do mundo da cultura.
Coma sempre, para participar é preciso enviar un e-mail co voso nome e apelidos, curso, grupo e instituto ó seguinte enderezo: ribeirachivite@gmail.com.
Podedes enviar os vosos e-mails entre o de 19 Xaneiro e o 30 de Marzo.
Sortearase un agasallo entre aqueles que acerten o nome do personaxe oculto.
ÁNIMO e A PARTICIPAR!!!!!!!!!!!!!!
Adiviña quen é: Parabéns ós gañadores
Enriba tedes as fotos de Alejandra, Miguel, Marta e Mercedes co seu agasallo, xa que participaron no concurso Adiviña quen é e acertaron o nome da personaxe descoñecida: Vandana Shiva.
Queremos felicitalos a todos eles e animarvos a seguir participando en vindeiras edicións do noso concurso conxunto co IES Ribeira do Louro de Porriño.
Adiviña quen é: Vandana Shiva

Rematou a primeira edición do concurso Adiviña quen é neste curso 2011-2012.
A figura oculta era, como algúns de vós descubristres, a de Vandana Shiva.
Doutora en Ciencias Físicas (1978), é unha das ecoloxistas, feministas e filósofas da ciencia máis prestixiosas a escala internacional que loitan activamente contra o modelo neoliberal de globalización e a favor dos dereitos dos pobos.
AQUÍ podedes accedes a artigos seus.
AQUÍ vídeos subtitulados.
AQUÍ e AQUÍ entrevistas con Vandana Shiva.
Parabéns a Miguel e Alejandra Franco, de 3º ESO do IES Xesús Taboada Chivite, e a Mercedes Castro e Marta Cid, de 2º ESO do mesmo instituto.
O gañador do IES Ribeira do Louro foi Modesto Iglesias Salgueiro. As nosas felicitacións para ti tamén!!!!!!
DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro de 1948 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Pasaron máis de 60 anos e o incumprimento dos seus artigos denúnciase a diario. A liberdade, a xustiza e a paz son dereitos iguais e inalienabeis para todo o mundo, porén seguen a ser unha utopía e non unha realidade.
"Cerca de tus ojos" é un documental que realiza un desolador repaso polo incumprimento dos dereitos humanos dende a firma da Declaración Universal, hai máis de 60 anos.
Ana é unha xornalista nova, que, polo seu traballo, percorreu diferentes lugares do mundo. Dende a súa adolescencia, por influencia do seu pai, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e o seu contido supuxeron un lugar dende o que observa o mundo. Ana pregúntase se os artigos da Declaración se cumpren ou se foron un fracaso.
A partir de aquí, Ana narra a difícil situación que viven persoas de diferentes nacionalidades e razas. A través de imaxes de arquivo fai un percorrido por diferentes países para denunciar a violación diaria destes artigos. Un por un vanse revisando os 30 artigos da Declaración.
Ademais, o documental aborda as posibilidades que brindan as novas tecnoloxías para ter una maior conciencia do que ocorre noutros lugares do mundo e culmina cun final esperanzador, que destaca os avances que se produciron.
Dirixido por Elías Querejeta, conta coa actriz Maribel Verdú como narradora.
Ver o documental, emitido por TVE 2 o 10 de decembro de 2011, AQUÍ.
Nós, cidadáns individuais tamén podemos colaborar para que se respecten os dereitos humanos. A continuación informámosvos dunha iniciativa que parte de Amnistía Internacional: actuar enviando cartas para que presos políticos poidan recuperar a súa liberdade ( unha iniciativa similar logrou a liberdade de varias persoas o ano pasado). Trátase dos presos do centro penitenciario de Yodok en Corea del Norte, da activista siria da “primavera árabe” Hanadi Zahlout, e do obxector de conciencia turco Halil Savda.
FACEDE CLICK AQUÍ
Como vedes, podedes enviar as cartas nas que pedides a liberación dos presos que están no cárcere por exercer a súa liberdade de expresión a:
R/ Fernando VI, Nº8 - 1º Izda, 28004 Madrid, a nome de Carlos Sanguino.
ANTES DO 19 de Decembro!!!!!!!!!!!!!
O MODELO DE CARTA ESTÁ NO ANEXO 2 Ó QUE ACCEDEDES PREMENDO AQUÍ
BO NADAL!!!!!!!!

Dende A árbore vermella desexámosvos un Nadal moi, moi ledo e que descansedes moito para retomar con renovadas forzas o noso club de lectura á volta destas festas.... Que temos moito que compartir!!!!!! Coma sempre, AGARDÁMOSVOS!!!
Estevo Creus : balea2

Como vos diciamos nun artigo publicado neste blog (premede aquí ), este ano o poeta galego cuxa obra visitaremos no club de lectura é Estevo Creus. "Traballaremos" Poemas da cidade oculta e O libro dos cans.
Estevo Creus ven de publicar un novo poemario, balea2, resultado dunha colaboración co poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín, que nos visitou o ano pasado, e con quen tanto gozamos alumnos e profes (premede aquí ).
Di Estevo Creus:
"Este libro existe gracias a meu ben querido amigo e poeta Celso Fernández Sanmartín, que xuntando a nenos de a cinco e a vellos de a 100 nunha residencia de anciáns, tiveron a ben escribirme e mandarme debuxos de baleas.
...
Con eses debuxos e esas experiencias tentei escribir un libro que fora para todos: poemas de adultos para nenos e poemas de nenos para adultos coa intención de que a lectura fora conxunta, as explicacións e entendementos recíprocos, e de que as risas, se as houber, foran compartidas.
...
Do que si estou certo, é de que todos estes textos nunca estarán á altura do acontecido eses días, e de que, etesa eu onde estea, e pasen os anos que pasen, eu sempre vivirei alí, con eles:habitando entre cetáceos."
Por certo, a compañía Traspediante levou ó Culturgal, a feira da cultura galega, a súa obra baleadas, unha peza escénica pedagóxica, que mistura o teatro e a danza. Ao atractivo destas dúas disciplinas, a peza engade a animación audiovisual xenerada en directo. A obra, dirixida ao público infantil, está inspirada no poemario balea2 de Estevo Creus e supón un xogo permanente entre as baleas, as cores e o público (vídeo enriba).
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CARA AS MULLERES-3
Limos poemas, cantamos e escoitamos unha canción, reflexionamos sobre o contido deses textos.... falamos de non ser poseídos e de non posuír as persoas, de ser seres completos, de dar e ter un afecto san, de liberdade, de patróns preestablecidos que aínda están gravados con lume nas nosas mentes... fixemos laciños morados e puxémolos...sacamos fotos coa tea solidaria...
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CARA AS MULLERES - 2
Enriba tedes dúas presentacións que amosan o traballo feito por Víctor, de Plástica, e os seus alumnos para recordarnos o Día Internacional da Eliminación da Violencia cara as Mulleres e tamén as actividades que o Dpto de Plástica (tea solidaria) e o Club de Lectura (sesión do día 24 dedicada a coser a tea, elaborar e repartir laciños morados e ler poemas) están a promover.
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CARA AS MULLERES

Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia cara as Mulleres o club de lectura A árbore vermella adicará, como o pasado ano, a vindeira sesión a colaborar na elaboración dunha tea solidaria (click aquí e aquí), proxecto que leva impulsando o noso compañeiro Víctor, do Dpto. de Plástica, dende hai anos. Ademais, elaboraremos 60 lazos morados, para lembrar as 60 mulleres asasinadas no que levamos de ano, e todos os membros do club de lectura os levaremos postos e repartiremos os restantes entre aqueles compañeiros que queiran levalos.
A sesión comezará coa lectura de dous poemas, o primeiro, Amores cativos, de Rosalía de Castro:
Era delor i era cólera,
era medo i aversión, era un amor sin medida,
¡era un castigo de Dios!
Que hai uns negros amores de índole ponzoñenta
que privan os espritos, que turvan as conciencias,
que morden si acariñan, que cando miran queiman,
que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan.
Máis val morrer de friaxen
que quentarse á súa fogueira.
e o segundo de Agustín García Calvo, Libre te quiero (aquí tedes a musicalización de Amancio Prada) :
Libre te quiero,
como arroyo que brinca
de peña en peña.
Pero no mía.
Grande te quiero,
como monte preñado
de primavera.
Pero no mía.
Buena te quiero,
como pan que no sabe
su masa buena.
Pero no mía.
Alta te quiero,
como chopo que en el cielo
se despereza.
Pero no mía.
Blanca te quiero,
como flor de azahares
sobre la tierra.
Pero no mía.
Pero no mía
ni de Dios ni de nadie
ni tuya siquiera.
A continuación leremos e escoitaremos María se bebe las calles, de Pasión Vega:
María pensó que el amor
era un mandamiento de dos
y esperando el primer beso
se hace vieja ante el espejo
y limpia su llanto
maquilla sus heridas
y se le va la vida.
Recuerda la primera vez
que él le juró que fue sin querer
y en los hijos que vivieron
prisioneros de su miedo,
María soñaba con ser la princesa
de los cabellos de oro
y la boca de fresa.
María se fue una mañana
María sin decir nada
María ya no tiene miedo
María empieza de nuevo
María yo te necesito
María escapó de su grito
se bebe las calles María...
Ella nunca dice que no,
es la esclava de su señor
ella siempre lo perdona
a sus pies sobre la lona,
su patria es su casa
su mundo la cocina
y se le viene encima.
Un día dejó el corazón
abandonado en su colchón
solo piensa en ver su cuerpo
¡ay! del quinto mandamiento
María no tiene color en la sangre
María se apaga y no lo sabe nadie.
María se fue una mañana
María sin decir nada
María ya no tiene miedo
María empieza de nuevo
María yo te necesito
María escapó de sus gritos
se bebe las calles María...
María se fue una mañana
María sin decir nada
María ya no tiene miedo
María empieza de nuevo
María yo te necesito
María escapó de sus gritos
se bebe las calles María...
María pensó que el amor
era un mandamiento de dos...
CONCERTO CHELO (David Rodríguez Rivada) - PIANO (Rubén López López)
Grazas, grazas, grazas, grazas, David e Rubén, pola xenerosidade coa que compartides o voso talento, un talento que onte nos fixo vibrar a todos os que estabamos no salón de actos do IES García Barbón.
Non temos máis que palabras de agradecemento... Moitos dos nenos do club de lectura que nos acompañaron onte asistían e gozaban por primeira vez cun concerto de música clásica en vivo. Grazas por darlles esa oportunidade.
GRAZAS
A LINGUA SABE A PAN
A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.
Grazas a Virxinia, compañeira do IES Ribeira do Louro, con quen compartimos o proxecto Adiviña quen é, descubrimos o vídeo (o lipdub) que tedes enriba, feito polos compañeiros do CPI VIRXE DA SALETA, de CEA, e quedamos namoradas del. Un gran traballo que espalla dende o agarimo, a ledicia, o espírito positivo... o amor pola nosa lingua.
Sempre queremos compartir cos nosos rapaces aquelas cousas que nos "tocan". Por iso adicaremos os primeiros minutos da vindeira sesión do club de lectura A árbore vermella a sorrir mentres vemos A lingua sabe a pan.
PARABÉNS ós compañeiros de Cea polo voso traballo, de calidade, entusiasta e positivo. Unha aperta dende Verín.
Abelcebú - As nosas definicións

Nun artigo publicado neste blog falabamos de Abelcebú (click aquí), o diccionario do demo de Carlos Negro. Neste curioso diccionario Negro enche as palabras dun contido retranqueiro, humorístico... Un repaso actual da nosa sociedade baixo unha ollada crítica e satírica. Así....
Un COLEXIO é unha " Fábrica socializadora onde se pretenden ensinar valores alternativos aos que ditan a televisión e o mercado, case sempre con resultados escasamente esperanzadores."
Un POETA é un "individuo que negocia co tacto das palabras e coas musas do seu ego."
GALEGO é : "Pobo antropófago e autodestrutivo moderno."
AQUÍ e AQUÍ podedes ler definicións que, seguindo a estela de Carlos Negro, fan os alumnos de 1º ciclo de ESO das nosas compañeiras Antonia e Elisa, profes de Lingua Castelá. AQUÍ podedes ler máis definicións que Carlos Negro nos ofrece no seu Abelcebú.
A definir!!!!!!!!! A exercitar a nosa retranca!!!!!!!!
Visita de Julia e Víctor
| De Visita de Julia y Víctor |
Onte estiveron connosco no club de lectura Julia Rivada e Víctor Rguez para falarnos do conto "Basi e os seus amigos", que creou Julia e está a ilustrar Víctor
E para talento, paixón, entrega... a de Víctor. Unha e outra vez déixanos abraiados. Víctor soubo ler con precisión o texto de Julia e darlle ás imaxes o seu toque máxico, único, diferente. GRAZAS por enriquecernos, Víctor.
GRAZAS tamén unha vez máis ós nenos e nenas do club. Un venres pola tarde e aquí estivestes, coma sempre, gozando, sorrindo...
GRAZAS a Teresa Santamaría, tamén profesora de educación infantil, que estivo connosco no club cando este comezaba, hai uns anos, para falarnos doutro fermoso proxecto (que marabilloso traballo o dos compañeiros de infantil!!!!), o proxecto que rematou coa publicación do conto "A bolboreta Doreta", e que onte tamén nos quixo acompañar e compartir experiencias coa súa compañeira Julia. Se facedes click aquí e aquí accederedes ós artigos que se publicaron no blog cando Teresa nos acompañou na nosa Árbore Vermella.
Visitade, premendo aquí, o exquisito artigo que David Rguez. Rivada adica no seu blog á visita de Julia. NON VOS PERDADES ESE TEXTO!!!!!!!!!!!!!!
Facede click aquí para ver un vídeo que recolle parte da visita.
"Adiviña quen é" comeza de novo

O concurso "Adiviña quen é", que realizamos conxuntamente co IES Ribeira do Louro de Porriño, comeza de novo. Lembrámosvos que o escritor "oculto" na derradeira edición do pasado curso foi Ernesto Sábato.
Quen será a persoa da foto?
Estes son os seus datos biográficos e aquí tedes algunhas citas súas.
Coma sempre, para participar e optar ó agasallo, tedes que mandar un correo electrónico coa vosa resposta, o voso nome e apelidos, curso, grupo e instituto a:
Tedes de prazo para concursar ata o Mércores, 14 de Decembro de 2011.
A CONCURSAR!!!!!!!!! BOA SORTE!!!!!!!!!
PARABÉNS ÓS NOSOS ARTISTAS
Dende A árbore Vermella queremos felicitar de corazón a Miguel e Alejandra Franco, os nosos grandes e recoñecidos escritores (Miguel, 2º premio no II Certame de Relatos Curtos " Agua y Vida" organizado polo Corte Inglés e Alejandra, finalista) e a Andrea Barreal, a nosa enorme fotógrafa (finalista do I Certame de Fotografía), asiduos da nosa árbore, polo seu talento e a súa sensibilidade, recentemente recoñecidos.
FOTO de Andrea.
TEXTO de Miguel.
TEXTO de Alejandra.
Javier Rguez, profesor de Ciencias do noso instituto, publica no blog Bioquimchivite este artigo sobre os premios "Agua e Vida" .
Comeza "A árbore vermella"
Un novo curso cheo de ilusión comeza para A Árbore Vermella. Moitas grazas a todos os que estivestes onte na biblioteca no noso día de estrea. Agardamos poder compartir momentos especiais, como os que tivemos os pasados anos. Seguro que así será....... A coidar das vosas árbores vermellas!!!!!!!!
Carteis anunciadores do comezo do club de lectura dos alumnos de Deseño Gráfico de Víctor
MOITÍSIMAS GRAZAS a Víctor e ós seus magníficos artistas por axudarnos a difundir polo centro o comezo do club de lectura un ano máis!!!!!!!!!!!!!!!
"El rey pájaro y otros esbozos", de Shaun Tan
Como sabedes, na Árbore Vermella somos unhas namoradas do artista Shaun Tan. O noso nome procede dunha das súas obras, The Red Tree, e temos lido no club de lectura Emigrantes, La cosa perdida e Cuentos de la periferia (este ano tocaralle o turno a Los Conejos. Paseando por este blog atoparedes artigos adicados a todas esas obras)).
El rey pájaro (click tamén aquí) é un libro que os adictos a Shaun Tan sen dúbida queremos para a nosa colección, xa que a través del nos acercamos ó universo do autor mediante os bocetos que realizou nos últimos anos. Di Shaun Tan:
“Se ben a meirande parte do meu traballo xira en torno a proxectos que acaban publicándose, como libros, películas e cadros rematados, moitísimos deles (o substrato) permanecen en gran medida ocultos, gardados en carpetas, caixas e cadernos de bocetos. Algunhas desas obras son ideas incipientes, algunhas felizmente abandoadas, outras pendentes dunha excusa que permita resucitalas. Outras son probas que fixen durante a fase inicial ou durante o difícil proceso de creación dalgún proxecto, ilustracións eminentemente utilitarias, meros pasos previos polos que tiven que pasar antes de completar unha obra. Outros son exercicios para non perder a forma como artista, onde a práctica do debuxo está orientada a aprender a ver, un traballo que non ten fin. E, por último, hai esbozos que non obedecen a un obxectivo en particular, creados por simple diversión, que adoitan ser os máis interesantes. As obras aquí reunidas son unha mostra do material dese tipo que xuntei durante os últimos doce anos e inclúen dende debuxos máis ou menos rematados ata garabatos soltos.”
Enriba tedes dúas presentacións. A primeira é unha escolma de debuxos de "El rey pájaro" feita pola propia editorial que publicou a obra, a editorial Barbara Fiore. A segunda é unha escolma feita polas coordinadoras do club que ás veces coincide coa editorial.
O peixe vermello na árbore vermella

O club de lectura comezará este ano descubrindo ós novos integrantes A árbore vermella e gozando todos e todas tamén cunha nova pequena xoia que acabamos de atopar: O peixe vermello (click tamén aquí).
COS NOSOS ARTISTAS
Os que tedes visitado os artigos da Àrbore Vermella neste blog sabedes que os nosos rapaces e rapazas son uns auténticos artistas. Por segundo ano acompañámolos á exposición dos seus cadros na Casa do Escudo de Verín.
GRAZAS Irene, Leila, Marta, Inés, Mercedes, Pilar, Iago, Ismael, Rodrigo...Sodes uns pintores incribles
FRATO
Este ano adicaremos unha sesión do club de lectura a ese magnífico artista, pensador, psicopedagogo, chamado Francesco Tonucci (FRATO) e centrarémonos especialmente en comentar algunhas ilustracións das súas obras Con ojos de niño e Con ojos de abuelo.
Enriba e aquí tedes vídeos nos que Frato fala dunha cidade pensada para os nenos. Tamén tedes outro vídeo con debuxos seus, nalgúns casos animados, que leva por título Bienvenido Frato.
Ademais podedes ver dúas presentacións feitas con debuxos extraídos de Con ojos de niño e Con ojos de abuelo.
Antón Riveiro Coello

Este curso temos a intención de ler relatos de Antón Riveiro Coello no club de lectura A árbore vermella, en concreto dos seus libros Animalia (" Este libro agrupa relatos nos que a nota dominante é a presenza do estraño e o insólito na experiencia cotiá. Os personaxes que habitan estas narracións non son seres fantásticos nin monstruosos, pero nas súas vidas pode irromper de forma inesperada ese fío íntimo e secreto que une a humanidade co misterioso e o inexplicable. Animalia recibiu, por unanimidade, o Premio Café Dublín de Narrativa 1999." ) e Casas Baratas ("Un libro que esperta lembranzas a través duns relatos nos que se rescatan historias e emocións inesquecibles. Enfiados por un mesmo narrador e cun escenario común, a vila de Xinzo da Limia en pleno franquismo, os relatos de Casas baratas fan xurdir, con intensidade e humor, gorentosos episodios nos que historia persoal e colectiva se mesturan e enrriquecen mutuamente. Antón Riveiro Coello reconstrúe con mestría todo un mundo de sensacións e vivencias, converte a literatura no único acobillo do home. O autor de As rulas de Bakunin manexa os diferentes rexistros do conto, desde o humor ao dramatismo, pasando polo misterio e a iniciación no amor, sen deixar de sorprender en todo momento. O mundo de Casas baratas é o mundo da infancia e dos inicios da adolescencia. Riveiro Coello nárrao desde os ollos dun rapaz, cunha mirada que no cotiá descobre o misterio e nos sentimentos sinxelos atopa a paixón de vivir. Os contos deste libro reconcíliannos coa realidade, fannos sentir o paso do tempo non coma unha carencia senón coma unha experiencia que enriquece e dá sentido ao vivido. Literatura auténtica escrita desde as emocións que perduran"). Tamén o conto A voz do lago, ilustrado por Rodrigo Chao Blanco ("En setembro de 1927 María Mariño e os seus deixan Noia para ir a vivir a Escarabote, preto do pazo de Goiáns, onde traballa de cociñeira unha parenta súa, herdeira da fortaleza cercana ao Lago do Mar. Irene, unha nena de dez anos, coñece os novos veciños e repara na elegancia de María, quen, amais dos vestidos, cose versos e apaña bolboretas no vento. As dúas fan boas migas e María Mariño decide compartir con Irene un segredo: o misterio dun libro que provoca un murmurio no lago.")
Aquí tedes unha autobiografía súa, aquí unha listaxe das súas obras (e ademais é posible acceder a textos seus), aquí vídeos onde aparece o autor, aquí documentos varios.
Los Conejos, de Shaun Tan
Los Conejos é outra desas incribles novelas gráficas coas que nos agasalla o artista australiano Shaun Tan, autor de Emigrantes, A árbore vermella, La Cosa Perdida, títulos que vos resultarán familiares se tedes visitado este blog, no que somos fans de Tan e por eso o compartimos con todos os alumnos que veñen ó club.
Los Conejos, escrita por John Marsden, é en parte unha fábula alegórica sobre a colonización (click aquí e aquí), contada desde o punto de vista dos colonizados. Un narrador invisible describe a chegada de «coellos» con gran detalle, un encontro que ó principio é amistoso e curioso, pero que máis adiante se torna sombrío ata o punto de que parece evidente que os visitantes son, en realidade, invasores. O estilo do libro é deliberadamente escaso e extraño, tanto o texto como a imaxe expresan un sentimento xeral de desconcerto e ansiedade a medida que as criaturas nativas, parecidas a numbats, son testigos dunha devastación medioambiental baixo as engranaxes dunha nova cultura estranxeira.
Comentario sobre Los Conejos por Shaun Tan:
" Os paralelismos cunha historia real de colonización en Australia e arredor do mundo son obvios, e baséanse nunha investigación detallada, a pesar do evidente surrealismo das imaxes e da ausencia de referencias directas. Foi elixido álbum ilustrado do ano polo Consello do libro infantil de Australia, o que en parte xenerou unha certa controversia debido ós temas que se afrontaban, e foi atacado en numerosas ocasións baixo a acusación de ser «propaganda políticamente correcta», aínda que só por parte dos conservadores de dereitas, por suposto. A pesares diso (ou por iso), o libro seguiu gañando numerosos premios en Australia, os EUA e o Reino Unido, e estúdase amplamente na escola secundaria. Podería parecer que algúns dos meus conceptos e deseños inspiraran de forma non recoñecida unha sección da cerimonia de apertura dos xogos olímpicos de 2000 de Sydney, aínda que xamais puiden descubrir se é certo.
Un primeiro motivo de controversia foi o feito de que Los Conejos fose un álbum ilustrado e, polo tanto, pensado para un público infantil, co que se asumiu erroneamente que pretendía ser didáctico. En realidade concebino orixinalmente para lectores de máis idade, e en xeral creo que non é doade de etiquetar."
A ÓPERA DOS TRES REÁS
O grupo de ex-profes e ex-alumnos do club de lectura A árbore vermella comeza este curso 2011-2012 asistindo á representación, por parte do Centro Dramático Galego, da Ópera dos tres reás, de Bertolt Brecht en Ourense.
"A compañía pública galega actualiza o clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill baixo a dirección escénica de Quico Cadaval—quen asume tamén a dramaturxia— e a dirección musical de Diego García Rodríguez. Luis Tosar, a cara más recoñecida do panorama cinematográfico actual e un dos actores máis solicitados, Marcos Orsi, Muriel Sánchez e César Goldi encabezan o elenco deste drama musical do que tamén forman parte Alba Messa, Víctor Mosqueira, Mónica de Nut, Marta Pazos, Francisco Pérez "Narf", Begoña Santalices e Sergio Zearreta, acompañados en directo polos músicos Suso Alonso, Rui Bandeira, Pablo Castaño, Andrew McNeill, Saúl Puga, David Rodríguez, Adrián Viñas e Vadzim Yukhnevich.
Baseada na peza do dramaturgo inglés John Gay A ópera do mendigo (1728), a obra constitíu o éxito teatral más importante de Brecht. Ás formulaciones escénicas do dramaturgo alemán uniuse unha fascinante partitura composta por Kurt Weill, na que incorporou cabaret, jazz e música culta, aínda que satirizada. Algúns dos seus temas musicais adquiriron grande éxito por si mesmas, como A balada de Mackie o Navalla, Jenny a dos piratas, A canción dos canóns, Barbara song e A balada do bordel que foron inmortalizados por grandes cantantes como Louis Armstrong, Edith Piaff, Nina Hagen, Tom Waits, Ute Lemper, Sting...
Brecht sitúa no Londres dos anos 20 un mundo de delincuencia, crise, prostitución, miseria e abusos, no que o popular delincuente Mackie Messer seduce a filla do rei dos mendigos. Unha voda nunha corte é o detonante dunha carreira vertixinosa en que os mendigos, as prostitutas e a policía comparten protagonismo, audacias e un final sorprendente.
Música e palabra, da man, ofrecen unha obra que busca o goce xunto á reflexión."
Marabilloso conto sobre o amor e a dor // "El elefante encadenado"
Enriba tedes un precioso conto sobre o amor e a dor que escoitaremos no club de lectura. Cóntao Jorge Bucay (de quen tamén leremos o conto que tedes enriba, O elefante encadeado, click tamén aquí e aquí ), aínda que tamén llo contara Alfredo a Totó na película "Cinema paradiso".
Toda unha lección.
Dúas historias preciosas con formato de conto, pero que nos afectan a todos
No club de lectura veremos dúas xoias gráficas que tratan o tema do respecto á diversidade, a atención ás persoas con discapacidade e a procura do seu benestar nun mundo que vai a outro ritmo.
O primeiro vídeo é a historia de Lorenzo, un neno con discapacidade que recibe o apoio de alguén especial que sabe velo, e entón o mundo deixa de serlle alleo.
O segundo vídeo é a historia dun neno autista, unha historia preciosa narrada por unha nena, transmitindo as emocións que rodean esa relación tan complexa entre dous irmáns.
Moitas grazas, Sofía, por estes dous agasallos.
Tamén veremos fragmentos do documental ¿Qué tienes debajo del sombrero?.
¿Qué tienes debajo del sombrero? conta a vida de Judith Scott, unha escultora norteamericana de 62 anos á que lle chega o recoñecemento internacional despois de vivir 36 anos nunha institución psiquiátrica. Judith ten Síndrome de Down e é sordomuda. A súa historia, contada a través da súa irmá xemelga, Joyce, sen discapacidade, é o detonante dunha película que viaxa ó Creative Growth Art Center en California e descobre outros personaxes que como Judith buscan expresarse a través da arte.
¿Qué tienes debajo del sombrero? é unha reflexión acerca do aillamento que pode provocar unha discapacidade, e de como a través da arte se consegue restaurar a comunicación.
Concerto de Santa Cecilia: Recital chelo-piano, Venres 18 de novembro en Verín

O venres 18 de novembro ás 19:00h o Club de lectura asistirá a un concerto de música clásica no que Rubén López (pianista) e David Rodríguez (chelo) interpretarán pezas de compositores como Haydn, Beethoven, Rachmaninoff entre outros.
Este é o programa:
1ª PARTE
-ROBERT SCHUMANN, "PIEZA FANTÁSTICA Nº 3".
-SERGEI RACHMANINOFF, "VOCALISE".
-JOAQUÍN NIN, "SUITE ESPAÑOLA: Vieja Castilla. Asturiana. Murciana. Andaluza"
-XOÁN MONTES, "NEGRA SOMBRA".
2ª PARTE
-GABRIEL FAURE, "ELEGÍA".
-LUDWIG VAN BEETHOVEN, "1º MOV DE LA SONATA Nº 3 EN LA MAYOR, OP.69".
-MAX BRUCH, "KOL NIDREI".
-JOSEPH HAYDN, "1º MOV DEL CONCIERTO Nº 1 EN DOM PARA CHELO Y ORQUESTA".
"El arte. Conversaciones imaginarias con mi madre.", de Juanjo Sáez

Un dos libros que veremos-proxectaremos este curso no Club de lectura é "El arte. Conversaciones imaginarias con mi madre", de Juanjo Sáez (esta é a súa interesantísima web).
Trátase dunha obra de fácil lectura, chea de debuxos e escrita a man, con tachóns e garabatos, na que de modo ameno e claro explica termos pertencentes á historia da arte, á vez que fai unha crítica bastante dura da actitude intelectualista que reduce o alcance das obras de arte a aquelas persoas que estudaron moito.
Cliqueando aquí accederedes a unha entrevista co artista co motivo da publicación do seu libro "Yo. Otro libro egocéntrico de Juanjo Sáez".
AQUÍ tedes debuxos do autor.
Cliqueando aquí accederedes a unha reseña sobre o libro.
Que é para vos a arte?
Por que? Por que non?
Ilustración dun conto infantil: "Basi e os seus amigos"

Julia Rivada, profesora de educación infantil (nenos de 3 a 5 anos) do centro Canicouva (Vigo), escribiu un conto titulado "Basi e os seus amigos".
Baseouse na figura lendaria do basilisco, unha criatura pertencente á mitoloxía galega que é mestura de serpe, sapo e galo, e que ten o poder de matar a calquera dunha soa ollada.
Xunto cos alumnos do seu anterior centro (C.R.A. A picoña, "Raíña aragonta") creou a Basi, unha basilisca do máis peculiar, que emprende unha viaxe na que atopará amigos diferentes a ela pero capaces de compartir o seu mundo.
Xa cos alumnos do seu actual centro, converteu o conto nunha obriña teatral, na que houbo todo tipo de creacións: disfraces para cada personaxe, accesorios, escenarios, e incluso música ao vivo a cargo dun cuarteto de corda.
No pasado curso Julia Rivada púxose en contacto con Víctor Rodríguez (profesor de plástica no noso centro) para que ilustrase o conto.
O seu proxecto segue en marcha e pronto poderemos velo feito realidade.
No primeiro trimestre deste curso, contaremos no Club de lectura con Julia e Víctor, para que nos expliquen máis polo miúdo o seu traballo.
Este é o artigo que David Rguez. Rivada escribou no seu blog sobre a próxima visita de Julia e Víctor.
KIWI E BLACK HOLE, AMBICIÓN E AVARICIA
Kiwi e Black Hole (click aquí para ver The Black Hole) son dúas curtas que compartiremos este curso que comeza cos rapaces que asisten ó club de lectura.
Que diferencias vedes entre avaricia e ambición? Cal das curtas reflicte mellor cada un deses conceptos?
Coñecedes a historia do Rei Midas? Que adxectivo usaríades para describilo?
Sabedes quen era Alí - Babá? E a el que adxectivo lle aplicaríades?
ADIVIÑA QUEN É - ERNESTO SÁBATO
Rematou a derradeira edición do concurso "Adiviña quen é".
"Sólo quienes sean capaces de encarnar la UTOPÍA serán aptos para el combate decisivo, el de recuperar cuanto de humanidad hayamos perdido"
A figura oculta, a que pronunciou as palabras citadas era a do escritor arxentino, recentemente finado, ERNESTO SÁBATO.
Tedes información sobre El Túnel, Sobre héroes y tumbas e sobre Abbadón el exterminador, as tres grandes novelas de Sábato.
Este é o Directorio Sábato, un índice de páxinas sobre o escritor.
Enriba tedes o tráiler do documental Ernesto Sábato, mi padre, dirixido por Mario Sábato.
Parabéns ás gañadoras do IES Xesús Taboada Chivite, Iria Prieto Domínguez e Mercedes Castro Cid e ó gañador do IES Ribeira do Louro, Borja Alonso Estévez,todos eles alumnos de 1º de ESO.
ATA O VINDEIRO CURSO!!!!!!!!
GRAZAS, GRAZAS, MIGUEL
Infinitas grazas, Miguel. Agasallos como o teu fan que todo cobre sentido.
MEMORIA DO CLUB DE LECTURA A ÁRBORE VERMELLA
Enriba tedes a memoria que o noso club de lectura vai presentar á Consellería (en todo caso con algunha leve modificación no derradeiro intre). AQUÍ o mesmo documento, mais cos hipervínculos activados.
Xuntanza con ex-alumnos e ex-profes

Onte foi a nosa última xuntanza con ex-alumnos e profes... por este ano, porque seguro que seguiremos compartindo o vindeiro curso.
Mandámoslle unha aperta moi especial a Javi e ás nosas futuras xornalistas (arriba tedes a foto dunha delas, Lara). Queremos ver as vosas curtametraxes o vindeiro ano no club!!!!!!!! :-)
Moi bo verán!!!!!
Grazas polos vosos escritos
Nun papel enrugado ou nun moi limpiño. Verbas moi meditadas ou pensamentos capturados nun intre. Natureza, terra, emocións, medos, intimidades...o propio clube... todo o que pasa polas vosas mentes acaba chegando a eses anaquiños de papel que tan a miudo nos regalades. En artigos anteriores deste blog xa fomos recollendo, ás veces coas vosas propias voces gravadas, os vosos escritos, polos que unha e outra vez vos damos as GRAZAS.
O club de lectura pensando no vindeiro curso: ESTEVO CREUS
No club de lectura A árbore vermella xa temos en mente o poemario en galego que leremos o vindeiro ano. Trátase de Poemas da cidade oculta (AQUÍ unha escolma), de Estevo Creus. (Moitísimas grazas a Celso Fernández Sanmartín por este descubrimento).
" Poemas da cidade oculta deita unha ollada sobre as causas íntimas, sobre as elipses do corazón, sobre a visión dun neno que observa como se descuartiza unha balea."
Se facedes click aquí accederedes a estevocreus.blogspot.com, onde aparecen tamén algúns Poemas da cidade oculta (fai click tamén aquí). Premendo aquí chegaredes á información sobre este poeta, músico, psicólogo, fundador do grupo Talía Teatro... que aparece na páxina de AELG: Autobiografía , obra, videoteca, fonoteca, materiais didácticos, outros documentos.
Aquí tedes poemas de Estevo Creus que aparecen en Enfocarte.com, nunha Antoloxía de Nova Poesía Galega publicada nesta páxina de arte e comunicación na rede.
Este é un artigo publicado en El País e este foi publicado en La Voz de Galicia. En leyendopoesia.blogspot.com publicaron o artigo Estevo Creus, noticias encendidas.
Tamén nos acercaremos á súa obra O libro dos cans (preme aquí e aquí)
Ata o vindeiro curso!!!!!!!!
Moitísimas grazas a Jordi, Sofía, Esther, Alba, Sabela, Miguel, Alejandra... porque escribides de marabilla e compartides connosco o que vos sae de dentro.
Moitísimas grazas a Javi, polo seu escrito que nos enriquece a moitos niveis.
Moitísimas grazas a David, pola lectura e a música.
Moitísimas grazas, Antonia, por traernos a Neruda e recitalo tan magníficamente.
Moitísimas, eternas grazas a todos vós, os nenos e nenas que facedes posible, unha e outra tarde, A árbore vermella.
GOZADE MOITO DO VERÁN!!!!!!! BICOS !!!!!!!!!
Derradeiro día do club de lectura cos alumnos de ESO

Día de despedida no que lemos textos escritos por profes e alumnos do club e escoitamos cancións interpretadas con voz e piano tamén por profes do club (somos admiradores de Os Miserables, do musical e da obra de Victor Hugo).
Queremos dar as grazas dun xeito especial a Javi Fontenla, ex-profe de Lingua Castelá e Literatura do Centro, quen nos enviou un fermoso agasallo, un texto escrito por el sobre o "lado escuro" na literatura (pero que tamén contén destellos de luz), que permite que os alumnos escoiten falar de autores como:
Bécquer, Maupassant, Fiodor Dostoievski, Edgar Allan Poe, Emily Brönte, Dashiell Hammett , Graham Greene , H. P. Lovecraft e Ernesto Sábato. (Fai click aquí). Grazas, grazas, Javi, polas palabras tan fermosas que nos dedicas.
Moitas grazas tamén a David pola súa sorpresa en forma de poema, pola súa interpretación ó piano das pezas de Os Miserables e por suxerirnos a escoita de El idioma de los Dioses, de Nach Scratch.
No club de lectura Eduardo Galeano xa é unha voz familiar que nos lembra a dignidade. Remataremos escoitando as súas palabras sobre razón e corazón.( a partir do minuto 7:55 deste vídeo)
A GOZAR DO VERÁN!!!!! E NON VOS ESQUEZADES DE LER!!!!!!!!!
Na Xuntanza AXENDA 21 en Pontevedra
IES Xesús Taboada Chivite from A21EG on Vimeo.
O proxecto do club de lectura Fucsia, talladas, estampados, boca, foi presentado onte na Xuntanza de Centros Educativos vinculados coa Axenda 21 que tivo lugar en Pontevedra. Nerea, alumna de 4º ESO C, foi quen fixo unha descrición do proxecto ante o público presente no auditorio do Pazo de Congresos de Pontevedra e despois proxectouse unha presentación que resumía o feito. A continuación ela e os seus compañeiros de 4º ESO C presentaron o traballo que fixeron co seu profesor de música, David: un estudo sobre o ruido e os seus efectos e sobre outros conceptos con el vinculados: silencio, harmonía... Remataron a súa presentación interpretando con láminas a peza "Fiesta Pagana", de Mago de Oz.
Premendo aquí accederedes ás fotos.
O segundo vídeo corresponde á nosa actuación do ano pasado. (O club de lectura levou o proxecto "Cultivos Transxénicos", baseado na obra do poeta Carlos Negro).
Moitas grazas, alumnos/as de 4º ESO C.
O club de lectura asiste a unha charla de Xosé Carlos Caneiro na Biblioteca Municipal de Verín
Os rapaces e rapazas do club de lectura asistiron onte a unha charla na Biblioteca Municipal de Verín, que reuniu clubes de lectura do concello, dada polo escritor Xosé Carlos Caneiro, quen reflexionou sobre o mundo da literatura, falou da súa obra e do "oficio" do escritor e recitou algún poema.
Moitas grazas desde A Árbore Vermella pola invitación.
Entrega dos agasallos de Celso Fernández Sanmartín no "Río - Círculo"
Este ano, como sabedes por artigos anteriores sobre A árbore vermella, lemos o poemario de Celso Fdez. Sanmartín Fucsia, talladas, estampados, boca. A lectura e todo o que saiu dela convertíronse nunha experiencia inesquecible que puidemos compartir co autor da obra. El, extremadamente xeneroso, enviounos un agasallo: exemplares de Fucsia para todos os rapaces.
Onte foi a entrega do agasallo. Nun principio tiñamos pensado voltar ó río, onde lemos parte de Fucsia e vivimos unha tarde na que gozamos especialmente desa lectura, mais o mal tempo non nos permitiu unha nova camiñata ata o río. Porén, a solución resultou fantástica: fomos ata o círculo de ramas feito xa hai tempo por Víctor e os seus rapaces e rapazas, xa case convertido nun pequeno bosque e nel, a tea solidaria que todos os anos fai Víctor, profe de Plástica e os seus alumnos (este ano o club de lectura tamén lle adicou unha sesión - fai click tamén aquí) convertiuse nun río. Á beira dese río simbólico todos recollemos os nosos poemarios. Logo recitamos todos xuntos poemas de Fucsia e escoitamos a Marta, Mercedes (click tamén aquí), Lucía, Vicky lendo textos seus... Que grandes escritoras.
Máis vídeos: Camiñando cara o círculo-río - Extendendo a tea-río - Recollida agasallo Fucsia 1 - Recollida agasallo Fucsia 2 - Lendo Fucsia a dúas voces 1 - Lendo Fucsia a dúas voces 2 .
MOITAS GRAZAS, Celso. MOITAS GRAZAS a todos os nenos e nenas.
Concurso "Adiviña Quen É" - Última edición deste curso

Chega a cuarta e última edición do concurso Adiviña Quen É deste curso. Seredes quen de adiviñar a identidade do escritor descoñecido?
Lede a información que vos damos sobre el (enriba), fixádevos na súa imaxe distorsionada e, se pensades que sabedes quen é, enviade un e-mail co voso nome e apelidos, grupo, curso, instituto (Ribeira do Louro ou Taboada Chivite) e, por suposto, o nome do escritor a ribeirachivite@gmail.com
O prazo para concursar é do 20 de Maio ó 17 de Xuño de 2011.
ÁNIMO!!!!!!!!! A PARTICIPAR!!!!!!!!!!!!!
GRAZAS, XOSÉ MANUEL
Moitas grazas a Xosé Manuel, profe de filosofía do IES García Barbón, por ternos descuberto o fascinante mundo do I Ching, do Ying e o Yang, da sabedoría oriental. O I Ching "falounos" do noso club de lectura, de expansión como a das ondas nas augas, dun estado de puro Yang... Luz, forza....
Grazas, unha vez máis, a todos os rapaces e rapazas que compartistes esta sesión, unha das derradeiras deste ano.
GRAZAS, HILDA
Moitas grazas,Hilda, pola tarde de onte no club de lectura... Polas palabras, os versos, a túa voz lendo... Grazas de todos os rapaces e rapazas que alí estaban. Para eles es, tamén, un estímulo, un referente.
Charla sobre o I Ching
O xoves 12 de Maio teremos a sorte de contar con Xosé Manuel, profesor de filosofía do IES García Barbón, para que nos fale dun tema fascinante, o I Ching.
O I Ching, ou Libro das Mutacións, é o máis antigo e profundo dos libros clásicos de China. É un libro de sabedoría cuxo uso tradicional era o de dar resposta ás importantes preguntas que os homes de estado lle formulaban (agora todos podemos disfrutar da súa sabedoría).
Crese que describe a situación presente de quen o consulta e predí o modo no que se resolverá no futuro se se adopta ante ela a posición correcta. É un libro adivinatorio e tamén un libro moral, á vez que pola súa estrutura e simboloxía é un libro filosófico.
As dúas grandes ramas do pensamento Chino, o Confucionismo e o Taoísmo, teñen no Libro das mutacións as súas raíces comúns.
Moitísimas grazas a Xosé Manuel por abrirnos esta porta, por invitarnos e axudarnos a descubrir este mundo.
Concurso "Adiviña quen é" 3ª edición - Noam Chomsky

Rematou a terceira edición do concurso "Adiviña quen é", que, como sabedes, levamos a cabo conxuntamente dende o noso club de lectura A árbore vermella e o IES Ribeira do Louro. Nesta terceira edición o personaxe oculto foi Noam Chomsky (premede tamén aquí).
Parabéns a Aarón Rúa, María Pérez, Irene Romero, Pablo José Calvo e María Romero, do IES Taboada Chivite, por ter acertado. Parabéns tamén a Iván Rodríguez Domínguez, do IES Ribeira do Louro.
Moi pronto a cuarta e derradeira edición por este ano de "Adiviña quen é". Estade atentos!!!!!
Lembrade, os autores que descubrimos ata agora foron Saramago, Mª Xosé Queizán e Chomsky.
A PAZ
Con moito retraso, pero máis vale tarde que nunca, colgamos os textos escritos por alumnos sobre a paz. Premede AQUÍ para acceder ó artigo publicado neste mesmo blog no que falabamos dunha actividade que fariamos despois do Día da Paz.
Moitas grazas a Elisa, profe de Lingua Castelá e Literatura e, por suposto a todos os alumnos e alumnas que escribistes uns textos tan interesantes.
Ana María Matute
"La Literatura ha sido, y es, el faro salvador de muchas de mis tormentas ", dixo Ana Mª Matute (click aquí) ó recibir hoxe o Premio Cervantes (é a terceira muller galardoada con este premio).
Fantasía, imaxinación, que opón a árida actitude que se nega a ver a dimensión espiritual do material, emoción, sentimento...inundaron hoxe o discurso da autora que nunca perdeu a inocencia.
Dende aquí podedes acceder a artigos xornalísticos sobre a grande escritora barcelonesa.
Este é o discurso de Ana Mª Matute ó ingresar na R.A.E.
Estas son citas de Ana Mª Matute.
Aquí está o seu conto favorito, El niño al que se le murió el amigo.
Teresa Losada escribe en Robando Rosas sobre Ana Mª Matute.
Aquí e aquí tedes uns breves vídeos nos que podedes ver e escoitar á escritora durante a cerimonia de entrega do Cervantes.
O vindeiro xoves no club de lectura leremos os relatos dunha novísima escritora, que está a dar os seus primeiros pasos no mundo da literatura, e o discurso de aceptación do Cervantes de Ana Mª Matute. Unha fermosa traxectoria que comeza e un camiño longo, mais que preserva moito da súa nenez, daranse a man.
25 DE ABRIL - O TESOURO
Facede click AQUÍ e leredes / escoitaredes / veredes O Tesouro. Un conto para o 25 de Abril e para sempre
"Absurdos Sentimientos", de Hilda Fdez. Rguez

Hilda Fernández Rodríguez (este é o seu blog absurdos sentimientos e este é o seu blog fenestras de pedra) é unha moi, moi nova escritora cun presente, mais sobre todo, cun futuro luminoso por diante. É alumna de 1º de Bacharelato no noso veciño instituto, o IES García Barbón, e acaba de publicar a súa primeira obra, Absurdos sentimientos. Nesta obra, a autora comunícanos as súas sensacións, emocións e a súa particular visión do mundo a través dos relatos con tintes poéticos que nela se suceden.
O club de lectura A árbore vermella terá o pracer de recibir a Hilda Fernández o vindeiro xoves 5 de Maio, pero antes, o xoves 28 de Abril, leremos relatos seus na sesión do club de lectura. AQUÍ podedes ler algúns dos seus escritos.
O Club de Lectura e o Grupo de Teatro na MITEU
Como vos diciamos nun artigo anterior, o club de lectura A árbore vermella, xunto co grupo de teatro do IES Taboada Chivite asistimos recentemente a unha representación teatral no marco da MITEU. A verdade é que a selección de Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz, interpretada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, foi todo un acerto. Un nivel actoral excelente, unha obra de teatro con "moita miga"..... Pasámolo moi moi ben antes, durante e despois (os nenos estaban encantados e non quixeron marchar sen un autógrafo das actrices protagonistas). A repetir o vindeiro ano!!!!
23 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Desde o club de lectura A árbore vermella desexámosvos un moi moi moi feliz Día do Libro. Aproveitade este día, estes días de descanso para viaxar coa lectura... Que tal, por exemplo, o fermoso texto co que Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia? (AQUÍ está o marcapáxinas que editou a Consellería de Educación co poema "O lugar da lectura", de Carlos Negro).
No marabilloso blog Trafegando Ronseis agasállannos con este post no Día do Libro. Grazas polo voso incrible blog, que, coma vos din desde o IES Ribeira do Louro, é toda unha referencia.
Álbumes gráficos con música
O proxecto de poñerlle música a novelas gráficas comezou o curso pasado no club de lectura. Descubrimos La Fuga, de Pascal Blanchet. La Fuga tivo tanto éxito que xa saiu do noso club de lectura. Unha das profesoras coordinadoras do club xunto con David, profe de música do IES Taboada Chivite, que foi quen buscou as pezas axeitadas ás imaxes e as interpretou ó piano, levaron A Fuga á Casa da Cultura de Verín, invitados pola plataforma Queremos Galego. Estivemos no IES Rosais 1 de Vigo (GRAZAS!!!, Carmen) e no IES Pedro Floriani de Redondela (GRAZAS!!!!, María). Tamén na EPA de Vigo (GRAZAS!!!, Ángela). Recentemente visitamos o IES Ribeira do Louro de Porriño (o noso club de lectura e o IES Ribeira do Louro crearon o concurso Adiviña Quen É). A acollida foi incrible. Alí presentamos non só La Fuga, tamén El Monstruo del Lago Soledad, que musicou David (por certo, proximamente será a estrea no noso club de lectura de El pez que sonreía, de Jimmy Liao (click tamén AQUÍ)).
Moitas grazas a Virginia, pola invitación e a David Barros, profe de música do IES Ribeira do Louro, que foi quen gravou e subiu á rede o vídeo que tendes enriba. Grazas, grazas, pola vosa calurosa acollida
EMIGRANTES, blog creado por David Rguez Rivada
O noso compañeiro David Rguez Rivada creou un blog no que recolle o traballo que compañeiros e alumnos deste e doutros institutos están a facer a partir da lectura / do visionado da novela gráfica Emigrantes, de Shaun Tan (ver a explicación do seu proxecto, que tamén inclúe traballo sobre La Fuga, de Pascal Blanchett, aquí ). No club de lectura veremos distintas textualizacións que os rapaces están a facer dese incrible álbum gráfico que é Emigrantes (os alumnos de Daniel García Cancio están incluso poñéndolle voz ás imaxes), por exemplo as fermosísimas palabras que Miguel Franco, de 2º ESO, lle puxo ó texto.
David, escritor
![]() |
| De Agasallo |
Nalgún artigo anterior deste blog dábamoslle as grazas ó noso compañeiro David, do Departamento de Música, polas sesións do club de lectura adicadas a descubrir o hip-hop, ou a comentar pezas musicais escollidas por todos nós. Pero ademais, David sempre está aí, aportando ideas (por exemplo, na sesión anterior el foi quen nos suxeriu unha morea de enlaces a películas... vinculadas coa choiva ou co que pode vir do ceo).
Hoxe gustaríanos pararnos na súa faceta de escritor. David agasállanos constantemente con textos escritos por el. (Incluso temos un libro precioso, regalo para o club de lectura, o libro con pentagramas que aparece á dereita da foto que está enriba deste artigo). Case todos os seus textos están no seu blog, no apartado mis escritos. AQUÍ os tedes. GOZADE CON ELES.
Coma sempre, GRAZAS DAVID.
O club de lectura na MITEU

O vindeiro xoves, 14 de abril, o club de lectura A árbore vermella xunto co grupo de teatro do IES Taboada Chivite asistirán a unha representación teatral no teatro Principal de Ourense dentro da MITEU. Trátase de Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz, interpretada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela:
Érase unha vez, no ano 1959, nunha vila galega dúas irmás agardaban a chegada da súa sobriña Marina. Así empeza este conto, que non é de princesas nin de perdices, máis ben de mulleres e de gatos.
«Historia de Pura e Angelita» é un conto sobre un país asfixiado pola intolerancia, un pequeno divertimento grotesco que trata de reflexionar sobre unha realidade que, malia a distancia no tempo, se cadra non está tan afastada e aínda se acocha detrás dos mobles, no escuro dos armarios ou na humidade dos faiados das nosas casas.
Estamos seguros de que o pasaremos moi, moi, moi ben!!!!!!!
VERDE
![]() |
| De Verde |
Infinitas grazas, Víctor, polo teu abraiante conto ilustrado, Verde, que compartiches connosco onte no club de lectura (arriba tedes unha imaxe). Quedamos coa boca aberta, non só pola historia e as imaxes, que son incribles, senón por todo o que nos contaches... os porqués, os comos, os de onde. Agradecémosche con todo o corazón as túas palabras:
v e r d e
cando eu estudaba no Instituto non me gustaban as clases de literatura, porque o único que faciamos era aprender nomes de autores, obras e características, e non me preguntedes cales porque non lembro ningún. Non teño recordo de ningunha lectura ou dun momento no que disfrutar de ler...
...e de feito nunca cheguei a ter moita afición pola lectura, e nunca fun capaz de ler poesía, porque as poucas veces que o intentei non notei que tivese nada que ver comigo.
(si recordo algunha profesora que me fixo sentir un cariño especial pola nosa lingua, do que inconscientemente nunca máis me desprendín.)
agora, as veces que vou ó club de lectura, ainda que son profe, síntome máis un alumno e consigo apreciar a lectura como algo do que disfrutar e compartir. Sempre volto para casa con boa sensación e con ganas de facer algo: debuxar, ler, pensar... ata descubrín que alguns poemas dos que se len me gustan, porque os sinto máis próximos.
tamén fun capaz de aventurarme a escribir, e comecei por un conto, algo con poucas palabras e con imaxes, debuxos que compartín cos meus alumnos e que traballei con eles. Aprendin o difícil que é escoller esas poucas palabras e o difícil que é contar unha historia que diga algo que mereza a pena. (pensando que tiña comezado polo máis fácil vin que non era tal)
Dinme conta despois que o que escribía inconscientemente tiña moito que ver comigo, que era eu a cor verde, cos meus claros e escuros. E non fun capaz de rematar o último debuxo ata que as cores voltaron a aparecer na aula e en min. Alí está o que aprendín dos meus alumnos e das miñas compañeiras
Por certo, Marta, de 2º ESO B, díxonos que lle gustaría que caesen árbores de Víctor do ceo despois de ler o seu conto.
Coa nosa árbore vermella
A nosa árbore vermella vai medrando, en todos os sentidos. A que nos regalou Javier, do Dpto de Ciencias, está, grazas ós seus coidados, moi fermosa. Enriba podedes vela nunhas fotos que sacamos onte.
Conto de Rodari para ler no club de lectura
Nunha vindeira sesión do club de lectura A árbore vermella leremos o conto Cando en Milán choveron chapeus ,de Gianni Rodari, incluido no libro Contos para xogar. Dámoslle moitas grazas a Miguel Pereira pola súa suxestión.
Por certo, que vos gustaría a vós que chovese do ceo? Escoitade a Juan Luis Guerra (AQUÍ a letra).
Outros enlaces pertencentes a películas e musicais nos que "choven" cousas máxicas ou suceden cousas fabulosas "chovendo" son os seguintes:
a) na película musical Mary Poppins literalmente "chove" do ceo unha muller agarrada a un paraugas, que utiliza o mesmo medio de transporte cando remata a película e marcha; cliquea aquí, desde o minuto 1:47
b) na película Pedro e o dragón Elliot, o personaxe que axuda a superar os seus problemas ó protagonista (Pedro) é un dragón que lle chega do ceo e que marcha tamén voando; cliquea aquí, desde o minuto 4:40;
c) na película Magnolia hai unha escena marabillosa na que choven rás; cliquea aquí ( e fai tamén click aquí);
d) na película musical Cantando baixo a chuvia, como o propio título indica, hai uns personaxes que utilizan a chuvia coma escenario para cantar e bailar; cliquea aquí;
e) con carácter xeral, moitas civilizacións indíxenas de EEUU utilizan a música para conxurar ós seus deuses e conseguir que chova; cliquea aquí;
f) no Antigo Testamento, Deus castiga ós homes cun diluvio universal, polo que neste contexto a chuvia é un arma de destrución; cliquea aquí.
g) Perpetuum Jazzile fan choiva coas súas mans.
Así, vemos que a chuvia pode traer cousas fantásticas, boas ou malas, pero que sempre é máxica e está relacionada co noso imaxinario poético.
Por certo, Marta, de 2º ESO B, díxonos que lle gustaría que caesen árbores de Víctor do ceo despois de ler o seu conto, Verde.
A árbore vermella no curso sobre cooperativismo organizado polo CFR de Verín
Onte, día 5 de Marzo, o club de lectura A árbore vermella tivo a immensa sorte de poder compartir o seu traballo, a súa experiencia, cos profesores asistentes ó curso sobre cooperativismo que está a ter lugar no CFR de Verín. Moitísimas grazas por ternos invitado. Enriba tedes a presentación de power-point que usamos (ó subila a rede non se poden ver os vídeos directamente pero si se manteñen os hipervínculos) e AQUÍ está o noso guión.
MOITÍSIMAS GRAZAS a todas as profesoras asistentes. Moitas grazas Ana, Loli, Sofía.... Fixéstenos sentir unha enorme satisfacción.
Visita de Celso Fernández Sanmartín
O pasado xoves visitounos Celso Fdez Sanmartín, e foi unha experiencia única. Os rapaces plasmaron por escrito os sentimentos que neles provocou o grande poeta e contacontos. Moitas grazas.
Moitas grazas, Antonia, poetisa máxica.
Moitííísimas grazas, Miguel.
AQUÍ tedes fotos da visita de Celso Fernández Sanmartín. AQUÍ, AQUÍ, AQUÍ , AQUÍ, vídeo.
No artigo anterior tedes enlaces a todos os artigos publicados neste blog relacionados con Fucsia, talladas, estampados, boca.
Podedes visitar tamén o álbum O proxecto Fucsia en fotos, que recolle fotografías que resumen todo o acontecido ó redor de Fucsia, talladas, estampados, boca.
O instituto ambientado ó estilo "Fucsia, talladas, estampados, boca"
"Fucsia, talladas, estampados, boca" no río II
Nun artigo anterior falabamos da nosa experiencia levando postos ó río os deseños feitos a raíz da lectura de Fucsia, talladas, estampados, boca e lendo á beira da auga ou dentro dela (AQUÍ están as fotos e os vídeos). Algún dos vídeos gravados aquela tarde foron editados por Víctor, profesor e plástica, e os seus alumnos de deseño gráfico dixital (arriba tedes a Mercedes lendo e tamén podedes ver a Marita , Juan , Leila e Antonia recitando).
AQUÍ tedes unha presentación sobre o "Proxecto Fucsia".(Nota: non foi posible que se visen os vídeos insertados na presentación ó subila a rede, mais se facedes click enriba de cada un dos poemas, accederedes a eles)
Concurso "Adiviña quen é" - 3ª edición

Atréveste a participar nunha nova edición do concurso ADIVIÑA QUEN É e descubrir a identidade desta figura misteriosa?(Este foi o resultado da 2ª edición e este o da primeira).
Fai click aquí.
Se acertas a identidade do personaxe participarás no sorteo dun agasallo.
Envía unha mensaxe co teu nome e apelidos, o teu curso e grupo, o nome do teu instituto (Ribeira do Louro ou Taboada Chivite)(o nome do instituto debe aparecer en asunto) e, por suposto, o nome da figura misteriosa, ó seguinte enderezo:
ribeirachivite@gmail.com
O agasallo sortearase entre as respostas correctas recibidas entre o 11 de Marzo e o 29 de Abril.
"Fucsia, talladas, estampados, boca" no río

Primeiro foi a lectura de Fucsia, talladas, estampados, boca, de Celso Fernández Sanmartín (fai click aquí e aquí). Logo os deseños. Onte cos nosos deseños xa convertidos en prendas reais, unha sesión de fotos, vídeos e lectura de poemas no río....Participamos, non só o club de lectura, senón tamén os alumnos de plástica e deseño gráfico dixital de Víctor, que viviron todo o proceso. Houbo risas, versos, auga, camiño....
Click aquí para ver as fotografías e os vídeos.
"La noche estrellada", de Jimmy Liao, na Árbore Vermella
Esta semana leremos/veremos unha das obras máis fermosas do incrible artista que é Jimmy Liao. Facendo click aquí iredes ó artigo que sobre esta obra e outros álbumes publicamos neste mesmo blog.
Presentación de "Abelcebú", de Carlos Negro, en Aira das Letras

En artigos anteriores falabámosvos de Abelcebú, a última obra de Carlos Negro (fai click tamén aquí). Recentemente un grupo de profesores e alumnos de A árbore vermella tivemos a oportunidade de asistir á presentación deste diccionario do demo na libraría Aira das Letras e....que ben o pasamos!!!! Houbo moitas palabras, definicións do máis curioso feitas por Carlos Negro e polos asistentes, noticias con sorna, pan, licor café, chourizo....
Moitas grazas, Carlos.
Obras de Shaun Tan no club de lectura
Hoxe os nenos e nenas que viñeron ó club de lectura gozaron motísimo con dúas obras de Shaun Tan convertidas en curtametraxes: A árbore vermella e A cousa perdida. Tamén mencionamos Emigrantes, obra que unha das profesoras coordinadoras do club está traballando nas súas clases e da que falaremos máis polo miudo no club proximamente. Facendo click aquí accederedes ó artigo do blog que usamos nesta sesión.
GRAZAS, DAVID
Moitííííííííííííííísimas grazas, David, pola sesión de onte (sobre Nach Scratch e o hip hop) no club de lectura A árbore vermella. Que traballo tan interesante, minucioso, pormenorizado o teu!!!!!!!
Grazas por todo o tempo que nos dedicaches, que foi moito, non só o da sesión. Calquera que entre no artigo que fixeches para o noso blog pode comprobalo.
Grazas polo teu agasallo de onte e por todos os agasallos que tantas veces nos fas.
Nach Scratch no club de lectura

Este xoves, día 3 de febreiro, no Club de lectura A árbore vermella, o profesor de música David falaranos do cantante de hip hop Nach Scratch (web oficial) e do seu traballo Un día en suburbia (2008).
En primeiro lugar, comentaranos as principais características do hip hop:
a) na música que se escoita: (DJ)
* o "break" como ritmo base (é a célula principal do estilo, e nela o percusionista cambia o ritmo cun redoble ou cun solo);
* o "DJ" (Disc Jockey), que é a figura que selecciona os breaks e os sons; os sons gravados tamén serven para facer referencias (películas, cancións, épocas, lugares do mundo...);
* o "scratch", que é un efecto do vinilo producido cando se move ritmicamente o disco contra a agulla;
* as estruturas máis utilizadas son o REMIX (utilización de fragmentos de diferentes estilos nunha soa canción) e a SAMPLEDELIA (consiste en cortar e pegar fragmentos doutras cancións, polo que tamén se lle chama "cut´n´paste");
b) na letra que se le e escoita: (MC)
* os "rapeos": a través de longos textos contan historias complexas, normalmente ambientadas nun entorno urbano moi duro;
* o "MC" (Master of Ceremonies), que é quen escribe / improvisa as rimas sobre eses breaks;
c) na música que se baila: (B-BOYS)
* o BREAKDANCE é un tipo de baile no que os B-BOYS fan todo tipo de posturas seguindo o ritmo do break. Os principais pasos ou figuras son: LOOKING (axitar bruscamente todo o corpo), BREAKING (xirar sobre o chan), BODY POPPING (simular os movementos dun robot) e o MOON WALK (desprazarse hacia atrás coma se estivera camiñando de frente);
d) nos graffiti: como a principal forma de expresión gráfica do HIP HOP.
En segundo lugar, veremos cinco temas do disco (xa no seu blog persoal comentou brevemente todos os temas do CD, pero hoxe escoitaremos e analizaremos cinco deles):
Mil vidas, Quiz Show, Ángel, Sr Libro y Sr Calle y Héroes.
Ademais, veremos fragmentos doutros temas para ver algúns dos recursos que fan realmente grande a este cantante (Efectos vocales, Nada ni nadie e Vive mientras puedas).
Esperámosvos: será unha sesión chea de flow, enerxía e letra, moita letra.
Para aqueles que non poidades vir, os materiais que manexaremos nesta sesión están neste enlace.
Homenaxe de Carlos Negro a "Memorias dun neno labrego" no seu 50 aniversario
Memorias dun neno labrego from Martin Pawley on Vimeo.
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre".
Memorias dun neno labrego cumpre 50 anos e Carlos Negro (fai click aquí) escribe na revista Terra e Tempo un precioso artigo (fai click AQUÍ) no aniversario da publicación da imprescindible obra de Neira Vilas (páxina da Fundación Neira Vilas).
Moitos dos rapaces que asisten ó club de lectura leron ou van ler Memorias dun neno labrego. Con eles compartiremos o artigo de Carlos Negro e falaremos da obra de Xosé Neira Vilas.
CONCURSO ADIVIÑA QUEN É - FUCSIA, TALLADAS...
Na sesión de hoxe do club de lectura Iria e Lucía, gañadoras da segunda edición do concurso ADIVIÑA QUEN É, recibiron o seu agasallo (primeira e última presentacións de diapositivas que tedes enriba).
Falamos na sesión da autora viguesa Mª Xosé Queizán e os rapaces e rapazas tiveron nas súas mans algunhas das obras da escritora galega (grazas, Mónica, por ternos deixado todos estes poemarios, obras teatrais e novelas).Tedes fotografías na segunda presentación de diapositivas.
Por outra banda, seguimos co libro de poemas de Celso Fdez.Sanmartín Fucsia, talladas, estampados, boca. Algunha alumna xa nos trouxo a súa obra (pediamos "romper"a barreira entre natureza e moda, e na terceira serie de fotos tedes a Marta coa preciosa camiseta que fixo).
Na cuarta presentación tedes un traballo feito por Víctor, profesor de plástica, a partir dun dos poemas de Celso Fdez. Sanmartín.
Por último, seguimos gravando os rapaces lendo Fucsia, talladas, estampados boca. Len simultaneamente as dúas franxas do libro. Facede click aquí e aquí.
30 DE XANEIRO - DÍA DA PAZ
O 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz (aquí imaxes de Gandhi e aquí frases célebres atribuidas a el ou sobre el) e , para conmemorar esta data, queremos invitar os alumnos que asisten ó club de lectura A Árbore Vermella en particular, e a todo o alumnado do IES Taboada Chivite en xeral, a participar na seguinte actividade:
Enriba do artigo tedes varias imaxes que reflicten situacións relacionadas coa guerra e a violencia e se facedes click aquí podedes acceder a máis fotografías. Teríades que escoller unha e escribir un texto que conte a historia detrás dela ou un poema.... Todos os vosos escritos serán publicados no blog da biblioteca. Teríades que darllos ás coordinadoras do club de lectura ou envialos ó enderezo electrónico ribeirachivite@gmail.com (co voso nome, o nome do instituto e o voso curso e grupo) ata o día 28 de Xaneiro.
Facede click aquí para acceder á sección "en conflicto" da páxina web http://periodismohumano.com.
Facede click aquí para ver acurtametraxe de Fernando León de Aranoa Buenas noches Ouma, incluida dentro do proxecto Invisibles, producido por Javier Bardem (produciu cinco curtametraxes para un proxecto de sensibilización sobre os conflitos e enfermidades olvidadas da ONG Médicos sin Fronteras).
Ós pequenos protagonistas da historia se lles coñece como os night commuters. Todos comparten o mesmo desexo: fuxir dos militares que os secuestran para convertilos en nenos-soldado.
Moitísimas grazas ós compañeiros do IES Ribeira do Louro (grazas, Virginia) pola vosa suxestión.
FUCSIA, TALLADAS, ESTAMPADOS, BOCA
Hoxe foi o primeiro día do Club de Lectura A Árbore Vermella adicado á obra de Celso Fdez. Sanmartín Fucsia, Talladas, Estampados, Boca... e resultou verdadeiramente fascinante.Experimentamos distintos xeitos de recitar (por exemplo un "runrún" continuo para a franxa inferior, adicada á moda, que acompaña como "soniquete" de fondo á poesía da parte superior, que fala da natureza, das maceiras e cerdeiras de antes, das hortas... e que se intenta recitar con intensidade. Fai click aquí e aquí.) e ademais fixemos unha primeira aproximación ó noso proxecto de romper a distancia que separa as dúas franxas...moda con follas, con nubes...con menos baleiro e máis "verdade".
CONCURSO "ADIVIÑA QUEN É" - Mª XOSÉ QUEIZÁN

Rematou unha nova edición do concurso Adiviña quen é e a figura misteriosa era a da escritora galega Mª Xosé Queizán. Se facedes click aquí, aquí e aquí atoparedes información sobre ela.
Parabéns ás gañadoras do IES Taboada Chivite, Lucía de Sousa Fernández, de 1º ESO A, e Iria Prieto Domínguez, de 1º ESO D e do IES Ribeira do Louro, Nerea Fernández Diz.
Parabéns tamén a todos os que participastes.
BO NADAL!!!!!!!!!!
VISITA DE MÓNICA PAZOS MARTÍNEZ
Grazas, Mónica, pola túa xenerosidade, por todo o que compartiches onte connosco, por todo o que sempre compartes connosco.
"A Árbore Vermella": xuntanza con ex-alumnos e profesores
Recentemente algúns ex-alumnos e profesores que formamos parte do club de lectura A Árbore Vermella quedamos para falar das nosas vidas, do club, das nosas lecturas, das nosas pelis (todos quedamos en que veríamos Origen (fai click aquí) e falamos sobre ela)... Para compartir. Foi unha tarde memorable. Grazas Javi, Claudia, Lara, Mª Xesús, Mario... Bicos vermellos.
"Hª da resurrección do papagaio"
Enriba tedes un dos contos que, como vos diciamos nun artigo anterior, imos ler este ano no club de lectura. Trátase de Historia da Resurrección do Papagaio, de Eduardo Galeano.
LER, COSER E ESCOITAR MÚSICA
Enriba tedes unha presentación de diapositivas feita coas fotos tomadas durante a sesión dedicada a coser e ler (e escoitar pezas musicais, sobre todo de música clásica, Lago dos cisnes, Canon de Pachelbel, Romeo e Xulieta de Prokofiev...) da que falabamos no artigo inmediatamente anterior a este.
LER E COSER
O noso compañeiro Víctor, do Dpto. de Plástica, invítanos todos os anos en torno ó 25 de Novembro, día internacional de loita contra a violencia de xénero, a alumnos e profesores do centro a coser todos xuntos. Imos xuntando retais e facendo unha tea que une a rapaces e rapazas, homes e mulleres nuha tarefa común que pon de manifesto a nosa igualdade. A tea foi crecendo ano tras ano, facéndose enorme.
Na vindeira sesión do club de lectura imos colaborar con esta marabillosa idea de Víctor cosendo todos xuntos e lendo historias de mulleres, as historias que tedes na presentación que aparece enriba. Agardamos que os nosos rapaces e rapazas gocen cosendo e escoitando e tamén que entre neles a mensaxe de tolerancia e igualdade que queremos transmitir.
GRAZAS, TERESA

O noso agradecemento de corazón, Teresa, pola sesión de onte no club de lectura A Árbore Vermella, unha das máis especiais que tivemos, e polo artigo que nos dedicas (click tamén aquí).
GRAZAS!!!!!
CADROS SOBRE A ÁRBORE VERMELLA
Moitíííííííííííísimas grazas a Javier, do Dpto. de Plástica e ós seus alumnos, polo fermoso cadro que nos regalastes, inspirado na Árbore Vermella. Tedes fotos na presentación de diapositivas que aparece enriba.
Grazas de corazón, tamén, a Irene, de 3º ESO, cuxo cadro, baseado nunha das páxinas do libro A Árbore Vermella, de Shaun Tan, leva connosco dende o ano pasado. Aquí tedes fotos da obra de Irene.
MÚSICA NO CLUB DE LECTURA

Despois do éxito do curso pasado, repetimos este ano a experiencia de dedicar unha sesión do club á escoita das nosas pezas favoritas. Esta é a nosa selección:
Teresa Losada escolleu Cigarettes (aquí está a letra), dunha novísima compositora chamada Russian Red (desta mesma cantante recomendounos They don’t believe e a versión que fai de Girls just want to have fun de Cindy Lauper). Tamén lle encanta Moriría por vos ( aquí está a letra), de Amaral e, dentro do eido da música clásica, o Canon de Pachelbel (Pachelbel), a Aria de Bach (Bach) e o Lago dos cisnes de Tchaikovski (fai click aquí). Gústanlle tamén a Teresa bandas sonoras. Encántalle o Vals de Amelie e Os Chicos do Coro.
A Isabel gustaríalle escoitar Desafinado (aquí a letra), de Antonio Carlos Jobim e Newton Mendoça. Non é moi entendida, pero gústalle a Bossa Nova.
David suxírenos a Balada nº 3 de Chopin (clickeade aquí para acceder a unha análise desta peza que fixo David) (David ten un artigo dedicado a Chopin no seu blog). Tamén nos recomenda pezas de Nach Scratch como Ángel (letra aquí) e Sr Libro y Sr Calle (letra aquí)
Irene, de 3º ESO, suxírenos Kiss the rain, de Yiruma.
Entre as suxestións de Antonia está Romeo e Xulieta, de Prokofiev.
Lucía, de 1º ESO, recoméndanos Tú y sólo tú de XRIZ.
A Juan, de 1º ESO, gústanlle Sólo para ti, de Camila e Quisiera poder olvidarme de ti, de Luis Fonsi.
Sofía, tamén de 1º ESO, suxire Mi historia de amor, de Blaze.
A suxestión de Javier Fontenla é Naturaleza Muerta, de Mecano.
Mario Sergio suxire Arise, de Flyleaf e For Those Who Wait, de Fireflight.
MOITííííííííííííííSIMAS GRAZAS, DAVID, por todo o teu traballo e polo magníficamente que transmites a túa sabedoría.
Nova edición de ADIVIÑA QUEN É (Proxecto Ribeira do Louro - Taboada Chivite)
![]() |
| De Buzón |
Atréveste a participar nunha nova edición do concurso ADIVIÑA QUEN É (click aquí para ver o resultado da primeira) e descubrir a identidade desta figura misteriosa?
Fai click aquí.
Se acertas a identidade do personaxe participarás no sorteo dun agasallo.
Envía unha mensaxe co teu nome e apelidos, o teu curso e grupo, o nome do teu instituto (Ribeira do Louro ou Taboada Chivite)(o nome do instituto debe aparecer en asunto) e, por suposto, o nome da figura misteriosa, ó seguinte enderezo:
ribeirachivite@gmail.com
O agasallo sortearase entre as respostas correctas recibidas entre o 29 de Novembro e o 10 de Xaneiro.
CONCURSO ADIVIÑA QUEN É (Proxecto Ribeira do Louro -Taboada Chivite)
Rematou o prazo para participar en "Quen é?", o concurso organizado polos institutos Ribeira do Louro e Xesús Taboada Chivite. A figura oculta era a de Saramago, e as gañadoras foron....
No IES Xesús Taboada Chivite María Pérez Lage e Iria Prieto Domínguez, de 1º ESO D.
No IES Ribeira do Louro Ana Díaz Freiría, Beatriz Domínguez González e Liliana Mariño Silva de 1º de Bacharelato.
PARABÉNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
MOITAS GRAZAS A TODOS OS QUE PARTICIPASTES E A SEGUIR FACÉNDOO NA PRÓXIMA EDICIÓN, QUE SERÁ MOI PRONTO!!!!!!!!!!!!!!!!
CANDO A HISTORIA É A NOSA
Que a Historia é ás veces infranqueable é indubidábel. Mais se quen cha conta é César, o libro transfórmase en algo vivo e recoñecíbel. E se ademais che permite ir da súa man polos corredores do tempo, podes ver incluso os teus bisavós, os bisavós dos teus bisavós e recoñerte.
Videoconferencia de Agustín Fernández Paz
Onte os alumnos que asisten ó club de lectura tiveron a oportunidade de asistir a unha videoconferencia na Casa da Cultura de Verín. Agustín Fdez.Paz, o autor de Valados, unha das obras que leremos este curso no club e á que xa lle adicamos unha sesión de presentación, falounos desta historia, dos muros visibles e invisibles que enchen as nosas vidas. Os rapaces tiveron a oportunidade de facerlle moitas preguntas ó autor, que respostou coa sensibilidade, proximidade, afabilidade... que o caracterizan. Enriba tedes fotografías tomadas antes e durante a videoconferencia.
A ÁRBORE VERMELLA
Enriba tedes a obra que da nome ó noso club.
A Árbore Vermella é, probablemente, unha das obras ilustradas máis fermosas que coñecemos. O seu autor, Shaun Tan, é un australiano duns trinta e poucos anos que comezou facendo ilustracións de ciencia ficción. É Barbara Fiore Editora quen nos trae esta xoia e tamén outras do mesmo autor, como Emigrantes ou A Cousa Perdida.
(Podes ver aquí a curtametraxe de animación The Lost Thing e se fas click aquí accederás ó trailer).
A Árbore Vermella cóntanos, brevísimamente, un día na vida dunha rapaza que, ó espertar, sinte que peso do desánimo éncheo todo e que ninguén a comprende, pero...
Iso é o importante deste libro de Shaun Tan, que hai un pero e un despois para eses momentos de desánimo. A beleza das ilustracións conmove e impacta. O texto, apenas unha liña por ilustración, é dunha sinxeleza e un candor que nos fai sentir o mesmo que esa nena, ser esa nena. Utilízase un formato de letra similar ó das antigas máquinas de escribir. Abrir cada páxina do libro é transportarnos a un mundo máxico onde a cor gris no é somentes gris e a gama de vermellos énchenos de esperanza e consolo.
Este libro amósanos o comezo e o transcurso dun día triste, como os que tantas veces temos, e nos invita a esperar polo miragre alí onde só cremos que hai frustración.
ARTIGOS DE MÓNICA PAZOS MARTÍNEZ

O CLUB COMEZA DE NOVO
Enriba tedes unhas fotos tomadas o primeiro día no club este ano , antes de comezar a sesión. Estivemos observando encantados e comentando o traballo que Víctor e os seus alumnos de deseño grafico dixital están a facer: carteis anunciadores, unha árbore vermella cuxas raíces trepan polas escaleiras do centro ata chegar á biblioteca.... Os paneis da biblio comezan a cobrar de novo vida grazas a eles... E ademais sábennos "captar". Polo voso traballo, a vosa creatividade, a vosa ilusión...O noso máis profundo agradecemento.
Contos no club de lectura: "La noche estrellada", "Historia da resurrección do papagaio" e "Chocolata"
"E se as historias para os nenos fosen lectura obrigatoria para os adultos?", di Saramago en A flor máis grande do mundo, que tamén lemos e vimos no club.
No club de lectura leremos contos para nenos de todas as idades que queren aprender:
La noche estrellada, de Jimmy Liao (fai tamén click aquí e aquí). A obra de Liao fala de amizade, de morriña da infancia, das perdas que ocasiona o crecemento, da aprendizaxe da soidade. Retrata o invisible do ser humano, iso que denominamos ’mundo interior’. O libro comeza con esta dedicatoria:"Dedicado ós nenos que non logran sintonizar co mundo." O título en inglés desta obra é "Starry,starry night", que son as palabras coas que comeza a canción Vincent (fai tamén click aquí), de Don McLean, unha preciosa homenaxe a Vincent Van Gogh, homenaxe que tamén lle fai Jimmy Liao a través das súas imaxes.
Historia da resurrección do papagaio, de Eduardo Galeano e Antonio Santos (fai click aquí), é un conto baseado nunha lenda do Brasil, un conto mítico sobre a capacidade creativa do home (ou quizais dalgúns homes) a partir das emocións.
Chocolata, de Marisa Núñez e Helga Bansch. Neste relato as autoras fálannos das ilusións, os desexos, a amizade e a importancia da experiencia e de valorar o que temos ó redor.
EMIGRANTES (THE ARRIVAL)
Emigrantes é o título do excepcional álbum gráfico de Shaun Tan, que xa coñeciamos no club de lectura, mais que este ano poderemos disfrutar dun xeito moi especial. A proxección desta novela gráfica estará acompañada por música en vivo interpretada por David Rguez. Rivada e o seu cuarteto Rock de Cámara. Vai ser unha velada incrible!!!!!!
VALADOS

Helena vive nunha rúa de casas idénticas cun pequeno xardín, diferente da de Xoel, estreita e con casas antigas, por onde pasa para buscalo e ir xuntos ó colexio. Polas tardes, reúnense no eido baixo o gran carballo: é o seu refuxio segredo.
Unha mañá atopan na rúa moi pouca xente conversando en voz baixa. As fiestras están pechadas e reina un raro silencio. Na escola, Violeta, a mestra, está seria e incluso dúas bágoas escorréganlle pola faciana. Á mañá seguinte algúns comercios aparecen pechados e con verbas ofensivas nas portas. Algunhas persoas camiñan con presa mentres grupos de homes alardean en voz alta. Hai un mal aire que parece envelenar a vila enteira, coma se unha pantasma invisible lles tivera roubado o sorriso a uns para dárllelo a outros. Esa noite, os pais de Helena prohíbenlle seguir xogando con Xoel ou ir polo seu barrio. Ten que facer outros amigos entre os seus veciños. A pantasma ergue muros invisibles que separan as persoas. Cando Helena e Xoel se atopan falan agora de fiestras con cristais rotos, de miradas de desprezo, de discursos apaixoados na radio con palabras como "ilegais" ou "segregación". Eles prometen seguir sendo amigos sempre e gardan unha caixiña metálica cun cartón coas iniciais dos seus nomes nun burato xunto o carballo...
POR ENRIBA DE TÓDALAS FRONTEIRAS, POR ENRIBA DE MUROS E VALADOS, SI OS NOSOS BERROS SON IGOALES, COMA UN IRMÁU CHE FALO...
De derrubar muros e valados fala Irmaus, o poema de Celso Emilio Ferreiro do que Agustín Fernández Paz toma estes versos para o comezo da súa obra Valados.(Aquí tedes o poema cantado por Fuxan os Ventos)
No club de lectura leremos Valados e falaremos de como derrubalos. Veremos Los muros que no han caído e a presentación Los muros en el mundo ó tempo que escoitamos The Wall, de Pink Floyd e escoitaremos a Eduardo Galeano lendo o texto Muros (Aquí parte 1 e aquí parte 2).
Tamén de valados, de raias fala este precioso texto escrito pola nosa compañeira Antonia,
A lectura de Valados terá lugar despois do Nadal, mais dado que Agustín Fernández Paz estará presente, ben en persoa, ben a través de video-conferencia, na Casa da Cultura de Verín en Outubro, farémoslles os nosos lectores unha breve introdución e acudiremos con eles á Casa da Cultura.
DESDE LOS AFECTOS, DE BENEDETTI
Este ano, como xa dixemos nun artigo anterior, dedicaremos a primeira sesión do club de lectura a ler textos escritos polos alumnos, ver unha presentación que resume o feito o curso pasado e tamén a ler / ver dous poemas de Mario Benedetti perto da data na que o escritor tería cumprido 90 anos. Trátase de Desde los afectos (grazas, Lucía, pola túa recomendación e grazas Teresa por telo no teu blog) e No te salves, recitado de xeito incrible por Miguel Ángel Solá.
CONCURSO "QUEN É?" (Proxecto conxunto IES Ribeira do Louro - IES Taboada Chivite)

Atréveste a descubrir a identidade desta figura misteriosa?
Fai click aquí.
Se acertas a identidade do personaxe participarás no sorteo de tres agasallos.
Envía unha mensaxe co teu nome e apelidos, o teu curso e grupo, o nome do teu instituto (Ribeira do Louro ou Taboada Chivite)(o nome do instituto debe aparecer en asunto) e, por suposto, o nome da figura misteriosa, ó seguinte enderezo:
ribeirachivite@gmail.com
Os agasallos sortearanse entre as respostas correctas recibidas entre o 15 e o 30 de Outubro de 2010.
Exposición na Casa do Escudo de Verín con cadros pintados por alumnos que asisten ó club de lectura
Leyla, Pilar, Irene, Iago, María, alumnos do IES Taboada Chivite de Verín que asisten ó club de lectura son rapaces ós que lles interesa a arte en todas as súas vertentes. Onte na Casa do Escudo de Verín eles e todos aqueles que pintan, fan escultura...na escola de artes e oficios recibiron diplomas nun acto no que os asistentes aplaudimos e recoñecemos o seu traballo e o seu talento.
Aquí tedes uns sonetos que David Rguez Rivada escribiu pensando neses cadros:
SONETO I - Cuadro de Iago (Abstracto)
Por más que la busqué nunca la hallaba,
por más que prometiese acompañarme;
pues no hay ejército que no se alarme
habiendo roto lazos que anhelaba.
Seguí mis intuiciones, mi delirio,
bebí en el cáliz sucio de las drogas,
amé sin fe, abrazado a varias sogas
que me apretaron mucho: ¡qué martirio!
Al fin, rendido, abandoné las calles
que tantos besos falsos me ofrecieron;
al fin, llorando, entre madera rota,
roida y carcomida entre estos valles,
perdida entre recuerdos que crecieron:
mi amiga de la infancia, mi pelota.
SONETO II - Cuadro de Leyla (Grifo)
La noche acrivillaba entre mordiscos
centelleantes, grietas del firmamento,
a campesinos que en ese momento
no habían hecho ofrendas, los muy ariscos.
El padre de los dioses no perdona,
por mucho que se llore arrepentido,
es Zeus un ser por todos conocido
experto en castigar... pobre Gorgona.
Rugiendo entre los vientos penitentes,
preñando de odio y miedo corazones,
matando tras su paso por el monte,
respira fuerte aquel que cose mentes,
engulle sangre ajena a borbotones,
preside el ciego Grifo el horizonte.
SONETO III - Cuadro de Pilar (Chica vigilando)
Las lágrimas aún caían por su cara,
huidiza del cruel castigo paterno,
sedienta de venganza iría al Averno
si allí encontraba cura a su tara:
"-Nenúfares silvestres, si me oís,
dadme cobijo hoy, pues os prometo
que aun antes de que muera este soneto
seréis recompensados, ¿qué decís?
-"Contentos aceptamos protegerte,
salvándote de una muerte segura."
Pasó el tiempo, la moza se olvidaba
del trato. Mas Fortuna, por ventura,
con un apuesto joven la citaba
al tiempo que, entre juncos, vio a la Muerte.
MOITO ÁNIMO, PARABÉNS E A SEGUIR PINTANDO... E LENDO!!!!
"La comarca de Monterrei en el Antiguo Régimen", nova publicación de Isaac César González Abellás

O noso compañeiro Isaac César González Abellás, profesor de Xeografía e Historia no noso centro, publicou en agosto deste ano a súa tesina de licenciatura, un interesantísimo traballo de investigación que busca a reconstrucción da sociedade e economía da comarca de Monterrei entre os séculos XVI e XVIII.
No club de lectura teremos o pracer de escoitar, contado por el mesmo, de que trata o seu libro, as dificultades que atopou na súa elaboración e as anécdotas máis entretidas.
Aquí tedes un enlace ó artigo que fixo David no seu blog.
"BORDADOS", DE MARJANE SATRAPI
Unha das lecturas que faremos este ano no club é Bordados, de Marjane Satrapi (aquí tedes unha entrevista con ela), de quen xa leramos a magnífica Persépolis (aquí un artigo sobre Persépolis).
Fai click aquí, aquí, aquí , aquí e aquí para acceder a artigos onde se fala deste comic no que a artista de Irán debuxa as mulleres da súa familia falando dos seus soños, repasando as súas vidas, contando historias...... Seguro que ós lectores e lectoras do club este libro de banda deseñada non os deixará indiferentes.
POR EL PLACER DE VOLVER A VERLA
Por el placer de volver a verla é o título da obra de teatro de Michel Tremblay interpretada polo noso admirado Miguel Ángel Solá e a súa muller, a tamén estupenda actriz Blanca Oteyza (fai click aquí), que quixemos ver o ano pasado co grupo de alumnas de 2º de Bacharelato, mais a súa xira galega chegou unicamente a Vigo e Pontevedra e somentes unha das profesoras coordinadoras do club puido vela. No comezo deste curso Por el placer de volver a verla volta de novo a Galicia, a Ourense, Santiago, A Coruña... e o grupo de ex-alumnos e ex-profes poderemos gozar coa maxistral parella de actores, a quen algunha das profes que coordina o club xa vira hai tempo nunha desas obras imprescindibles: Os diarios de Adán e Eva, de Mark Twain.
CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN, POETA E CONTACONTOS
Se o pasado curso foron as obras do poeta Carlos Negro Makinaria e Cultivos Transxénicos as que, no eido da poesía, foron as principais protagonistas das sesións do club de lectura A árbore vermella, este ano grandes e pequenos descubriremos o poeta, recopilador de historias e contacontos de Lalín Celso Fernández Sanmartín.
Aquí e aquí podedes ver a Celso Fernández Sanmartín, autor das obras Divagacións iú, O tigre das cenorias, Sen Título, Propiamente son captivo e Fucsia, talladas, estampados, boca (aquí entrevista co poeta sobre este poemario), contando Historia dunha emigrante e O estandarte.
Aquí tedes unha entrevista que se lle fixo despois da súa participación na Festa da Narración Oral de Madrid, na que foi o único representante galego.
Esta entrevista foi feita despois dunha contada sobre a emigración na casa de América.
Estoutra entrevista publicouse en laopiniondezamora.es.
Este artigo fala do seu espectáculo Bicoca de boca en boca ou contos que non falten.
As coordinadoras do club de lectura tivemos a oportunidade de descubrir a Celso Fernández Sanmartín na súa faceta de contacontos en xuño de 2009 na xuntanza de clubs de lectura en Santiago de Compostela. Este ano nós e os nosos rapaces e rapazas agardamos gozar moitísimo coa súa poesía.
ROBANDO ROSAS, UN BLOG MARABILLOSO
![]() |
| De Buzón |
As rosas, eses anaquiños de rubí que salpican tantas mesas, igrexas, matorrais ou mesmo manos esperanzadas, caracterízanse por seren fermosas, cheiraren ben e teren espiñas.
Cando un as busca, debe ter coidado para non mancarse con elas, xa que lles gusta moito o sangue dos atrevidos e dos despistados.
Son caprichosas, elas mesmas deciden a cor coa que se visten, mais son coma as mulleres de boa percha: poñan o que poñan triunfan.
Ás veces unha rosa pode ser unha caricia oportuna, unha mirada cómplice, unha aperta desgarradora.
Outras, a rosa que un busca pode ser unha palabra necesaria, unha frase que che remove os adentros, un texto que che regala unha nova cor coa que ollar o mundo.
Este ano, no club de lectura, faremos un magnífico ramo coas rosas que máis nos gustaron do xardín da nosa amiga Teresa Losada. A escolla foi dura. Paseamos entre as rosas,queriamos collelas todas. Ó final,o "donoso escrutinio" de Teresa axudounos e, con todo, canto nos custou decidir! De todos os xeitos, podedes disfrutar do arrecendo de cada unha delas visitando Las rosas de las avenidas.
Estes son os artigos dos que, polo momento iremos gozando no club:
Amar la imperfección, Estar mal, Entroido, Ahora que ya no estoy yo, Lo dionisíaco y lo apolíneo, Poetas muertos y versos del capitán, Máikel, Problema y solución, Abriles robados, Escribir, Credo.
Ademais, empregaremos o seu blog para as sesións dedicadas a Origen e a Delibes.
Moitas grazas, Teresa, polo teu blog incrible. Moitas grazas, tamén, por ter dedicado tanto tempo a dar resposta polo miudo a todas as curiosidades que os membros do club tiñamos sobre ti e o teu blog (click aquí para acceder ás preguntas que lle fixemos e ás respostas de Teresa).
Millóns de bicos!!!!!
"BROOKLYN FOLLIES", DE PAUL AUSTER

No Club de lectura A árbore vermella leremos, co grupo de ex-alumnos e profesores, Brooklyn Follies, unha deliciosa novela de Paul Auster.
Paul Auster é un escritor e director (de cine) moi coñecido e respectado na actualidade.
Pese a ese recoñecemento (que moitas veces non é habitual en xente con auténtico talento), a súa obra ten unha calidade enorme.
Fai novelas nas que constrúe cunha axilidade pasmosa: coma o alfareiro que en dous segundos fai unha xarra co que xusto antes era una masa marrón, Auster crea antecedentes, enche as vidas dos seus personaxes con acontecementos non sempre verosímiles pero sempre, sempre divertidos, rechamantes. Nunca creará un ser que algún de nós poidera ter coñecido.
Nesta novela, un home canso da súa vida decide voltar ó seu barrio natal, e alí coñece a toda unha chea de seres que lle farán retomar a marcha, unirse á procesión da que decidira deixar de ser partícipe.
Historias de amor, de odio, negocios, timos, reencontros, vida e morte, paixón... "Follies", ou como dicía a dulce Violeta da "Traviatta" verdiana lembrando ó seu namorado Alfredo: "Follia, follia" (loucuras).
Aquí tedes un artigo no blog de David sobre o autor e aquí un enlace á súa obra.
EL MONSTRUO DEL LAGO SOLEDAD
Comeza un novo curso no club de lectura A árbore vermella. En tres artigos de xuño do ano pasado xa avanzabamos actividades que formarían parte dos encontros do curso 2010-2011: Lectura de Abelcebú, de Carlos Negro, de El coleccionista de momentos de Quint Buchholz, e sesións dedicadas a Saramago. Tras a primeira sesión deste ano, na que proxectaremos unha presentación-resumo do feito o ano pasado e leremos textos escritos por alumnos e profesores, unha das primeiras sesións xirará en torno ó precioso álbum El monstruo del lago soledad, de José Orna (este é o seu blog, "Mi refugio"). Ás coordinadoras parécenos unha obra que merece moitísimo a pena. Agardamos que a vós tamén, especialmente cando a vexades ó tempo que David Rguez. Rivada, profe de música, acompaña en vivo as imaxes ó piano.
IMAXES MÁXICAS: QUINT BUCHHOLZ

Recentemente a coordinadora en colaboradoras de A árbore vermella asistimos en Santiago a unha xuntanza de clubs de lectura de Galicia onde unha das ponentes, Ana Mª Margallo, profesora da Universitat Autónoma de Barcelona, na súa brillante intervención, descubriunos textos e creadores marabillosos, dos que tomamos nota. Un deles é Quint Buchholz, artista incrible, cuxa fascinante obra El coleccionista de momentos está xa nas nosas mans e será un must, como se di en inglés, o vindeiro ano no club. Aquí tedes unha breve reseña biográfica sobre o artista e na súa páxina podemos ver algunha das súas creacións (aquí máis). Aquí e aquí tedes vídeos feitos coas súas obras. Que vos parecen? Que trae ó voso pensamento a maxia das súas imáxenes?
SARAMAGO, ATA SEMPRE.
Esta semana faleceu o noso querido e admirado José Saramago, ese marabilloso escritor, ese ser humano comprometido, e queremos adicarlle, como pequena homenaxe, este artigo, a través do cal pretendemos acercar este grandísimo home e escritor ó noso alumnado. O club de lectura A árbore vermella xa rematou, así que a primeira sesión do vindeiro ano estará adicada a José Saramago e rematará cun fado (aquí tedes a letra), o que cantaron a dúo Mariza e Miguel Poveda para conmemorar a entrada de España e Portugal (Saramago naceu en Portugal e pasou boa parte da súa vida en Lanzarote, onde serán esparexidas parte das súas cinzas) na Comunidade Económica Europoea hai 25 anos.
Aquí tedes un vídeo, emitido en Informe Semanal, titulado El viaje de Saramago.
En rtve.es temos un especial, con vídeos e cortes radiofónicos, sobre o escritor portugués.
Este é un especial de El País titulado: Saramago, el hombre que nunca se escondió, que inclúe as seguintes seccións:
- SU VIDA - SU OBRA - SU PENSAMIENTO
- IN MEMÓRIAM - ENTREVISTAS - FOTOGALERÍA
Este é un blog adicado a Saramago, con textos do Premio Nóbel portugués e vídeos nos que aparece.
Aquí tedes citas de Saramago que nos dan unha clara visión de Saramago home.
Este é o blog de Saramago.
Neste vídeo podedes ver unha reflexión súa. Este é o seu conto A flor máis grande do mundo. Este outro vídeo leva por título Saramago.
Este é El cuento de la isla desconocida, que leremos no club.
A ÁRBORE VERMELLA PENSANDO XA NO VINDEIRO ANO: ABELCEBÚ, DE CARLOS NEGRO

Carlos Negro (aquí tedes o artigo que lle dedicou David Rguez Rivada no seu blog despois da visita que o escritor fixo ó noso centro) ven de publicar unha nova obra. Non se trata agora dun poemario como Cultivos Transxénicos, Makinaria.... que lemos este curso no club. Abelcebú é unha compilación de definicións, cheas de retranca, que nos fará pasalo moi ben o vindeiro ano no club de lectura A árbore vermella.
MEMORIA DO CLUB DE LECTURA CURSO 2009-2010
Enriba tedes a memoria que o club de lectura do IES Taboada Chivite de Verín presenta á Consellería.
PRESENTACIÓN RESUMO DA ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA A ÁRBORE VERMELLA NO CURSO 2009-2010
Enriba tedes unha presentación que utilizamos na derradeira sesión do Club de lectura A árbore vermella para resumir o feito ó longo de todo o curso. Moitas grazas a todos os alumnos polos seus fermosos textos, cun bico especial, moi forte, para as nosas alumnas de 2º de Bacharelato, que o vindeiro ano deixan o centro mais sempre estarán connosco no club (que texto tan incrible, Lara!!!!!!!!!!). Moitas grazas tamén a todos os profes: Javi, Víctor, Javier, David...... David, grazas pola túa presentación emocionante e o soneto que nos adicas.
Feliz verán!!!!!!
Camiños de Amor e Lúa

A actividade coa que se pecha o Club de Lectura A árbore vermella por este curso académico é a asistencia dos nosos alumnos a Camiños de Amor e Lúa, recital poético do escritor verinés Xosé Carlos Caneiro (aquí tedes un artigo do club de lectura que inclúe a entrevista que lle fixeron as nosas alumnas de Bacharelato o ano pasado, co gallo da publicación da súa obra Blue Moon). No recital acompáñao á guitarra Xosé Manuel Salgado, tamén de Verín.
Cultivos Transxénicos - Axenda 21
O proxecto Cultivos Transxénicos, do que xa falamos neste blog en diferentes artigos ( Fai click aquí, aquí, aquí , aquí e aquí ), culminou o pasado 20 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Diversos centros de ensino que levan a cabo proxectos vinculados coa Axenda 21 presentamos alí o traballo feito. Os alumnos do IES Taboada Chivite presentaron, ademais do proxecto Cultivos Transxénicos, levado a cabo dende o Club de Lectura A árbore vermella, o proxecto O Río, que traballou o profesor de música David Rguez. Rivada cos seus alumnos de 4º de ESO.
Parabéns a todos os alumnos que participaron e que tan ben o fixeron. Enriba tedes unha presentación de diapositivas feita coas fotos tomadas durante a viaxe, na actuación....
El hombre que plantaba árboles
En la próxima sesión del club de lectura leeremos El hombre que plantaba árboles, el maravilloso relato de Jean Giono. Arriba tenéis la primera parte, ésta es la segunda y aquí está la tercera.
Aquí tenéis un breve texto de Saramago sobre esta obra de Giono y ésta es una frase del autor francés
El hombre que plantaba árboles, un relato lleno de sensibilidad que es un canto al desinterés y a la generosidad y que exalta el enorme valor que hay en un acto tan sencillo como es plantar un árbol.
En una yerma comarca de Provenza, un hombre solitario planta centenares de miles de árboles y transforma en un paraíso lleno de vida lo que antes era una región inhóspita y casi deshabitada. Es la historia de Elzéard Bouffier, un personaje inolvidable por su desinterés, por su enorme generosidad y por dejar huella en la tierra sin anhelar recompensa alguna. Jean Giono, uno de los escritores franceses más importantes del siglo XX, creó el personaje de Bouffier para “hacer que la gente amara a los árboles, para ser más exacto, hacer que amen el plantar árboles”. En su obra alienta una comunión con el silencio mundo de las plantas, que purifica y renueva la tierra que nos rodea, nos reconforta y nos reconcilia.
ARTIGO SOBRE O CLUB DE LECTURA A ÁRBORE VERMELLA
Enriba tedes o artigo-resumo sobre a actividade do club de lectura A árbore vermella ó longo deste curso 2009-2010 que aparecerá publicado na revista da biblioteca escolar do IES Xesús Taboada Chivite.
A NOSA ÁRBORE VERMELLA
No club de lectura xa temos a nosa árbore vermella. Primeiro foi o libro fascinante, logo o proxecto máxico e ilusionante...... o noso nome, o metafórico, o simbólico, o significado.... Por fin, da man do noso compañeiro Javier chegou a árbore vermella de savia e ramas, de follas e tronco. Xa temos a nosa árbore de "carne e óso". Grazas, Javier.
Panel do Club de Lectura - Jorge Luis Borges
Coma sempre, antes de comentar unha nova obra no club de lectura A Árbore Vermella, facemos un panel con imaxes e información. Enriba tedes o que fixemos antes da sesión adicada á obra El Aleph, de Borges.
Actividade do Club de Lectura: Asistencia á obra teatral As Cuñadas
O vindeiro Mércores 21 de abril, no Teatro Principal de Ourense, dentro da 15ª edición da MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario), represéntase a obra As Cuñadas, de Michel Tremblay e o club de lectura A árbore vermella do IES Taboada Chivite de Verín levará a alumn@s de ESO e Bacharelato á representación, da que agardamos gocen moito. Enriba tedes un vídeo con escenas da adaptación feita por Itziar Pascual (dirección de Natalia Menéndez) que se representou en Madrid. Neste caso a compañía é a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela e o adaptador/director é Roberto Salgueiro.
POEMAS E TEXTOS ESCRITOS POLOS ALUMNOS QUE ASISTEN Ó CLUB DE LECTURA

Como xa diciamos nun artigo anterior, a algúns dos alumnos que veñen ó club de lectura A Árbore Vermella gústalles escribir e entrégannos os seus textos, sobre todo poéticos. Neste artigo iremos incluíndo os poemas dos vosos compañeiros.
Un dos alumnos que máis poemas nos entrega é Mario Sergio Miranda, de 4º ESO D. De feito, nun artigo anterior xa vos foi posible ler dous dos seus poemas. AQUÍ tedes moitos máis textos seus, que seguro que vos gustarán. Mario nunca falta ás sesións do club de lectura. Nesta foto podédelo ver o día que nos visitou o poeta Carlos Negro (é o mozo de vermello).
AQUÍ tedes os escritos de Vicky Pérez, de 2º ESO D, que recita, actúa (foi Rosalía de Castro cando celebramos o Día da Muller)...e tamén escribe e comparte connosco moitos dos seus textos.
Tamén podedes ler o poema La Noche, de Irene Rodríguez, de 2º ESO D, quen, ademais de escribir, pinta (prestounos ó club de lectura dous lienzos marabillosos pintados por ela mesma) e colabora nas campañas de lectura (é unha das rapazas que aparece na presentación de diapositivas incrustada neste artigo , no que se fala da segunda campaña de lectura promovida desde o equipo da biblioteca).
AQUÍ podedes acceder a algúns poemas escritos por José Manuel Jorge González, de 2º ESO C, alumno que tamén ten colaborado nas campañas de lectura feitas dende a biblioteca do centro. É o alumno que aparece estirado nun banco, lendo, na presentación de onetruemedia, que acompaña este artigo, titulado Campaña de lectura III.
VISITOUNOS CARLOS NEGRO
Despois de ler os seus poemas, ilustralos con debuxos e fotografías tomadas nos pobos do contorno e preparar unha exposición anunciada por todo o centro con camiños de puntos, fragmentos de fotos, etc, hoxe pechamos o círculo coa visita de Carlos Negro.
Un escritor, poeta e docente fabuloso: cercano, sinxelo, moi sensato, artístico, con sentido do humor e unha visión crítica e consciente da realidade que nos rodea, compartiu co Club de lectura unha tarde marabillosa na que nos recitou poemas, fixo acrobacias coas palabras e agasallounos con versos de amor e sugus, ademais dun precioso conto sobre os poetas. Os nosos alumnos terían quedado horas do ben que estaban.
Se fas click AQUÍ accederás á primeira parte do vídeo que se gravou ese día. ESTA é a segunda parte e AQUÍ está a terceira. Moitísimas grazas a Javier Rodríguez, o noso compañeiro do Dpto. de Ciencias, pola gravación, polo traballo posterior co vídeo, por subilo á rede......por todo.
Moitííííííííííííííísimas grazas, Carlos, e volve pronto!
(Moitas grazas a David por este artigo no seu blog)
Cultivos Transxénicos e Makinaria no salón de actos, os corredores e a biblioteca
O que tedes enriba é unha presentación de diapositivas feita con:
- As fotos dos carteis anunciadores da exposición Cultivos Transxénicos da que falabamos en artigos anteriores.
- As da exposición no salón de actos das fotos feitas en Enfesta e Freande.
- As fotos dos carteis que falan da obra Makinaria e dos que anuncian a visita de Carlos Negro.
- As fotos das pegadas polo chan do insti que levan á biblio e ó salón de actos.
- As fotos dos paneis interior e exterior da biblio sobre Carlos Negro e as súas obras.
- As fotos dos paneis dos corredores nos que están pegados traballos feitos por alumnos de 1º e 2º de ESO despois da lectura de poemas de Cultivos Transxénicos.
-As fotos dos poemas de Cultivos Transxénicos, Makinaria e As laranxas de Alí Babá que "colgan" das estanterías da biblioteca.
JORGE LUIS BORGES. EL ALEPH
Na próxima sesión do club de lectura A árbore vermella coas alumnas de 2º de Bacharelato falaremos de Jorge Luis Borges, concretamente da súa obra El Aleph (Aquí un resumo-reseña). Aquí tedes unha curta moi curta sobre o conto El Aleph, unha curta que revela o máxico e fantástico do imaxinario de Borges. Aquí podedes acceder a un foro de discusión literaria sobre El Aleph. Ésta é unha interpretación do conto El Aleph e aquí tedes unha análise. Esta é unha páxina con enlaces a moitas outras adicadas a Borges. Podedes acceder tamén a unha monografía sobre Jorge Luis Borges feita por Jaime Alazraki que consta das seguintes partes:
Aquí tedes a primeira parte dun documental titulado Jorge Luis Borges vídeos, fotos y más cosas. Ésta é a segunda parte, ésta a terceira, ésta a cuarta, esta a quinta, ésta a sexta, ésta a séptima, ésta a octava, ésta a novena e ésta a décima. Por último, ofrecémosvos unha entrevista co grande escritor tras térselle concedido o premio Cervantes. Ésta é a primeira parte, aquí a segunda, aquí a terceira, aquí a cuarta, aquí a quinta, ésta é a sexta, ésta a séptima, ésta a octava e ésta a novena.
EXPOSICIÓN CULTIVOS TRANSXÉNICOS
Enriba podedes ver as fotos que están expostas no salón de actos e na biblioteca do noso instituto. Foron feitas por alumnos do noso instituto que asisten ó club de lectura. A exposición leva por título Cultivos transxénicos. Fai click AQUÍ para saber cal foi o proceso que levou a esta exposición. Tamén no salón de actos hai un pendón no que explicamos o porqué da exposición (no pendón aparecen os nomes das fotógrafas mais tamén colaboraron: Noelia, Mario, Míchel, Douglas (1º ESO), Nerea, Andrea, Olaia, Patricia, Jose, Vicky, Cristina (2º ESO), Sandrid (3º ESO), Mario Sergio (4º ESO), Lara, María (2º Bach.)) e alí se proxecta a curtametraxe As almas do Fental.
Moitas grazas ós Departamentos de Ciencias (este é un proxecto coa Axenda 21), Debuxo, Grego, Lingua Castelá e Literatura e Música.
Panel sobre Antonio Muñoz Molina
Enriba tedes unhas fotos do panel sobre Antonio Muñoz Molina que Víctor, profe de plástica, e algúns dos seus alumnos de 4º de ESO fixeron a petición dos membros do club de lectura A Árbore Vermella, que mañá celebrará unha sesión dedicada ó comentario de obra Plenilunio, do mencionado autor.
As Almas do Fental
Traballando no club de lectura A árbore vermella sobre a obra Cultivos Transxénicos, descubrimos, grazas a Manuel, profesor do IES García Barbón de Verín, esta curtametraxe que tedes enriba titulada As Almas do Fental. Trata do derradeiro día dunha aldea de Galiza. Preguntámonos: "Alguén quere atallar a morte do rural?"
Presentación de power-point Makinaria
No artigo inmediatamente anterior a este falabamos do power-point que fixemos no club de lectura A árbore vermella despois de ler o libro de poemas de Carlos Negro Cultivos Transxénicos e de visitar aldeas como Enfesta, próximas a Verín. Diciamos tamén nese artigo que a outra obra do poeta de Lalín que limos foi Makinaria, que fala dunha mocidade desencantada que se deixa levar pola velocidade, as drogas, o alcol... e en moitas ocasións atopa a morte demasiado cedo. Poemas de Makinaria e imaxes alusivas ós textos aparecen na presentación que tedes enriba.
Presentación de power-point Cultivos transxénicos
O 23 de Marzo visitaranos no club de lectura A árbore vermella o poeta Carlos Negro. Os rapaces e rapazas que asisten ó club leron dúas obras súas: Cultivos Transxénicos e Makinaria. A aproximación inicial a estas obras tivo lugar nunha das primeiras sesións do club deste ano (fai click aquí e atoparás información sobre esa sesión e tamén sobre Carlos Negro e estes dous poemarios). Tras a lectura máis en profundidade de Cultivos transxénicos na Biblioteca visitamos pobos cercanos a Verín que están a quedar abandonados e fixemos a presentación de power-point que tedes enriba e que inclúe poemas e fotografías que sacaron os rapaces relacionadas cos textos . Temos pensado facer unha exposición no noso centro antes da visita do autor con máis fotos que non foron incluidas, por falta de espazo, nesta presentación.
A árbore vermella: Poema de Mario Sergio Miranda
Moitos dos alumnos que veñen ó club de lectura escriben poesías. Un dos que nos entrega con asiduidade poemas feitos por el mesmo é Mario Sergio Miranda.
Enriba tedes a presentación na que el inclúe o seu poema "A árbore vermella". Facendo click aquí accederedes a Corpus Mortis Libera Animam.
ZAMPÓN O LAMBÓN
O pasado venres 22 de xaneiro ás 21:30 no Salón Teatro de Lalín a compañía Fantoches Baj representou a obra Zampón o Lambón (ver noticia aquí). O texto foi escrito por Carlos Negro, o autor sobre cuxas obras Cultivos Transxénicos e Makinaria estamos a traballar no club de lectura A Árbore Vermella e que nos visitará o próximo 24 de marzo.
Panel A miña planta de laranxa lima
Enriba tedes o panel exposto na parte exterior da Biblioteca días antes da sesión inicial do club de lectura adicada á a obra de José Mauro de Vasconcelos. Neste outro artigo tedes máis información.
PINTORAS
Nun artigo anterior,dedicado á presentación no club de lectura A Árbore Vermella do libro A miña planta de laranxa lima, falabamos da pintora brasileira Tarsila do Amaral. Despois de que varios dos profes que asistimos ao club de lectura tivesemos a oportunidade de ver unha exposición na Casa das Artes de Vigo de parte da obra da pintora Maruja Mallo, decidimos falarlles tamén aos alumnos que veñen ao club desta artista galega (arriba tedes un video onde se amosan moitos dos seus cadros) e de outras dúas pintoras cuxa obra estivo non hai moito exposta en Vigo e Santiago de Compostela, respectivamente: a polaca Tamara de Lempicka e a mexicana Frida Kahlo.
Aquí tedes un video onde a propia Maruja Mallo fala de como xurdiu unha das súas obras e aquí un artigo sobre ela no suplemento Nós,do Xornal de Galicia.
Aquí tedes un video (noticias en TVE) no que se fala da obra de Tamara de Lempicka exposta en Vigo, facendo click aquí accederedes a outro no que veredes moitas das súas obras e aquí tedes o artigo "Un paseo pola comprometida vida de Tamara de Lempicka".
Clickeando aquí chegaredes a unha pinacoteca virtual con 51 obras de Frida Kahlo e aquí tedes un breve documental sobre ela.
TOCAR E LOITAR

Tocar e loitar é o título dun documental que veremos no club de lectura A árbore vermella. Aquí tedes un artigo feito por David no que se nos fala das orquestras infantís de música de Venezuela.
Club de lectura: Butterfly circus (O circo da bolboreta)

En próximas sesións do Club de lectura, veremos a curtametraxe The Butterfly Circus (O circo da bolboreta, 2009), na que se nos sensibiliza coa vida dun home sen extremidades nun circo. O profesor de Música David Rodriguez Rivada dedicoulle este artigo no seu blog. Ademais, tamén escribiu este outro, que é moi interesante.
PLENILUNIO

A próxima novela que comentaremos coas lectoras de 2º de Bacharelato é Plenilunio, de Antonio Muñoz Molina. Facendo click aquí e aquí atoparedes información sobre o autor, aquí reportaxes escritas por el na prensa e aquí e aquí reseñas sobre esta obra literaria. Ademais tedes un fragmento da película baseada nesta novela e unha breve entrevista co autor a raíz da presentación de outra obra súa, El viento de la luna. Por último, facendo click aquí, veredes un video no que Ángel Loureiro, profesor na universidade norteamericana de Princeton, presenta a obra do escritor Antonio Muñoz Molina na terceira xornada da III Cita Internacional da literatura en español, celebrada en Santillana del Mar, no marco da UIMP (Universidade Internacional Menéndez Pelayo).
LA FUGA
No club de lectura A árbore vermella imos ler-ver La Fuga, preciosa novela gráfica de Pascal Blanchet editada por Barbara Fiore . Os nosos lectores verán a obra mentres o noso compañeiro David Rguez. Rivada, profesor de música, interpreta pezas ó piano acompañando as imaxes. Estamos convencidos de que vai ser unha sesión fascinante. Non esquezades visitar a páxina web de Pascal Blanchet. Unha beleza.
POEMAS A LA LUNA
No club de lectura A árbore vermella temos pensado ler o marabilloso libro de poemas, ilustrado polo artista italiano Gianni De Conno , Poemas a la luna.
A lúa inspirou artistas de todos os tempos e lugares. Este libro réndelles unha homenaxe, a través dunha selección internacional de poemas fermosamente ilustrados polo recoñecido artista italiano Gianni De Conno.
Poemas de: C.G. Rossetti, Emily Dickinson, Goethe, G. Byron, P. Shelley, Safo, Shakespeare, García Lorca, G. Leopardi, Wang Wei, Yosa Buson, M. Basho e Walt Whitman.
Aquí tedes un poema á lúa de Federico García Lorca:
se pierden las campanas
y aparecen las sendas
impenetrables.
Cuando sale la luna,
el mar cubre la tierra
y el corazón se siente
isla en el infinito.
Nadie come naranjas
bajo la luna llena.
Es preciso comer
fruta verde y helada.
Cuando sale la luna
de cien rostros iguales,
la moneda de plata
solloza en el bolsillo.
A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA

O libro que comezaremos a ler no club de lectura A árbore vermella despois do Nadal é A miña planta de laranxa lima, obra de José Mauro de Vasconcelos publicada en 1968. Trátase dunha fermosa novela de denuncia social, na que o protagonista principal é un cativiño de cinco anos, Zezé, maltratado pola súa propia familia, fillo do paro e da mestizaxe colonial (portugués + india pinagé) listo como a fame, que vive nun barrio marxinal de Río de Xaneiro. Zezé vive nunha favela de Bangú, nun mundo de carencias ao carón da opulencia, sabe o que non ten e non renuncia ao que desexa: quere ser sabio e poeta para saír da miseria. Desafortunadamente, 40 anos máis tarde a miseria segue a ser dramática para moitos nenos do Brasil.
Mais non queremos amosar somentes a faciana escura deste fermosísimo país. Para unha visión máis luminosa do Brasil, é interesante este artículo publicado no blog de David Rguez. Rivada sobre unha das máis importantes pintoras brasileiras, Tarsila do Amaral. Ademais, facendo click aquí poderedes ver un video sobre os atractivos deste país sudamericano.
FOTOS DOS PANEIS DA BIBLIO
Nun artigo anterior tiñades unha presentación de onetruemedia con fotos dos paneis da biblio- Aquí tedes unha presentación con diapositivas e un enlace ao álbum de fotos.
Sesión do Club de lectura dedicada a Jose Luis Sampedro: "La vieja sirena"

A próxima sesión do Club de lectura do noso instituto está dedicada á figura de Jose Luis Sampedro, e - xunto a La sonrisa etrusca - veremos La vieja sirena.
Cliqueando aquí accederás a unha reseña do libro, resumindo os seus aspectos literarios máis interesantes referentes ó amor e ó erotismo.
Cliqueando aquí accederás a unha selección de varias escenas, algunhas das cales están analizadas polo miúdo
Cliqueando aquí accederás a un traballo monográfico sobre "El erotismo en La vieja sirena al servicio de lo prohibido", no blog de David (profe de música).
Se cliqueas aquí accederás ó outro artigo sobre Jose Luis Sampedro que fixemos no noso Club de lectura.
PROXECTO DO CLUB DE LECTURA
Este é o proxecto ( a extensión máxima era de tres páxinas) presentado polo club de lectura do IES Xesús Taboada Chivite á convocatoria de axudas deste ano por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Miguel Ángel Solá recita de novo a Benedetti

Fai click aquí para acceder a este artigo.
MÚSICA NO CLUB DE LECTURA
Unha das vindeiras sesións do club de lectura estará dedicada á escoita de cancións. Haberá cancións de Fuxan os Ventos, como Muller, que tedes arriba, Cantiga de berce (facede click aquí para ler a letra), Irmaus (aquí tedes a letra, poema de Celso Emilio Ferreiro) e, posiblemente, dado que a sesión será moi perto do Nadal, a panxoliña Con un sombreiro de palla (aquí está a letra) Tamén escoitaremos heavy, unha peza de entre as moitas que lle gustan a Mario, un dos alumnos que asisten ao club, rap, o tema La Bella y La Bestia (aquí está a letra), de Porta, por suxerencia de Sandrid e o tema Cançao do mar interpretado por Dulce Pontes, en homenaxe a Cristina. Ademais, a nosa compañeira Antonia, gran amante da música, compartirá connosco algunha das súas cancións favoritas: unha delas será Emmeleia, do grupo Dead can dance (esta é a súa páxina oficial). Ademáis veremos este marabilloso video con ollos mentres escoitamos Emmeleia. Outra peza escollida por Antonia é Lasçia ch’io pianga, da ópera Rinaldo, de Haendel, que escoitaremos mentres vemos este video da película Farinelli (aquí tedes un artigo que fixo David Rguez. Rivada no seu blog). Por último, escoitaremos Nana del caballo grande interpretada por Camarón (aquí tedes a letra, poema de García Lorca)
PANEIS DA BIBLIO
Nos paneis exterior e interior da biblioteca imos facendo, coa axuda de Víctor e os seus alumnos, murais sobre as actividades que estamos a realizar no club de lectura. Estes murais van cambiando coas novas actividades que facemos pero sempre queda unha reminiscencia do xa traballado.
A música heavy que escoitan os nosos alumnos. Recomendacións de Mario Sergio

Nunha vindeira sesión do club de lectura escoitaremos distintos tipos de música, entre elas, heavy metal por recomendación de Mario Sergio, de 4º ESO D. Clickeade aquí para acceder a un artigo feito por David.
La Fundación

La Fundación, de Buero Vallejo, será o libro do que falaremos coas lectoras de 2º de Bacharelato que asisten ao club de lectura o xoves 12 de novembro. Aquí accederedes a un artigo sobre esta obra teatral
José Luis Sampedro

Nunha próxima sesión do club de lectura falaremos dese marabilloso escritor e ser humano que é José Luis Sampedro. Podedes acceder á súa páxina oficial, que inclúe datos sobre a súa vida e obra, entrevistas con él.... Ademais, se clickeades aquí veredes un video no que aparece este economista e escritor, facendo click aquí veredes unha entrevista que se lle fixo no telexornal da noite da segunda cadea de TVE e aquí unha entrevista no programa página2. Tamén leremos algúns fragmentos de La vieja sirena e outros de La sonrisa etrusca. (Facendo click aquí accederedes a unha selección de fragmentos de La sonrisa etrusca feita por Antonia Roncero). Arriba, nun artigo feito por David Rguez. Rivada, podedes ler máis sobre La vieja sirena. Ademais, David escolleu algúns fragmentos desa obra e comentounos para que os leamos na sesión vindeira do club de lectura.
Cartas á nai

Na vindeira sesión do club de lectura leremos algunhas das cartas que Don Ramón Otero Pedrayo escribiu á súa nai. Estas cartas foron recopiladas en dous volumes, cunha estupenda edición, pola nosa compañeira Mónica Pazos Martínez e por Patricia Arias Chachero. Trátase dunha correspondencia íntima, afectuosa, na que descubrimos, grazas ó arduo traballo das dúas estudosas, realizado cando foron becarias da Fundación Otero Pedrayo, unha faciana descoñecida do grande autor ourensán. Agradecémoslle a Mónica Pazos este marabilloso traballo e que nos teña seleccionado catro cartas para que as leamos no club de lectura. Aquí as tedes: Carta1 - Carta 2 - Carta 3 e Carta 4.
David Contra Goliat..... Blog de David.
Na vindeira sesión do club de lectura visitaremos o blog do noso compañeiro David. É profesor de música no noso instituto mais a música non é o único tema presente no seu blog. Licenciado en Filoloxía Hispánica ademais de Diplomado en Violonchelo, é un gran amante da literatura e no seu blog ofrécenos textos escritos por el mesmo e enlaces a fragmentos de obras literarias que lle chamaron a atención. Coas nosas rapazas do club de lectura visitaremos este artigo, titulado "Hazte a ti mism@", con imaxes moi atractivas e texto escrito por David, este outro, onde nos recomenda a novela La Amaba, da francesa Anna Gavalda e transcribe un fragmento que lle gustou, e, por último, este, no que nos invita a descubrir El Guardián en el centeno, de Salinger e Sputmik, mi amor de Murakami.
Tamén temos pensado escoitar música, en concreto o rap David contra Goliat de ZPU, do CD Contradicziones. Aquí tedes a letra e arriba o video de David contra Goliat.
MAKINARIA, MAFALDA E...
Seguindo no club de lectura A Árbore Vermella coa nosa idea de mesturar texto escrito, imaxe e son, na sesión do vindeiro xoves 29 de Outubro temos pensado levar a cabo as seguintes actividades:
Leremos poemas de Carlos Negro, algúns deles do seu libro Makinaria (facer click aquí para ler outro comentario sobre esa obra) e outros de Cultivos Transxénicos, poemas que cremos que serán moi atractivos e interesantes para os nosos rapaces. Tamén leremos un artigo escrito por este mesmo autor
Veremos a Mafalda en varios sketches(aquí o primeiro, click aquí para o segundo, aquí o terceiro e aquí o cuarto) e gozaremos coa súa visión humorísticamente crítica do mundo.
Escoitaremos a canción La Vida, de Silvio Rodríguez. Antes de escoitala leremos ese fermoso poema que é a letra desta canción.
CLUB DE LECTURA A ÁRBORE VERMELLA

Facendo click aquí accederedes aos artigos sobre o club de lectura publicados ata o 23 de Outubro do ano 2009. Tedes tamén un enlace aos artigos anteriores na portada deste mesmo blog. De agora en adiante toda a información sobre o club de lectura irá aparecendo en artigos publicados neste blog da Biblioteca do IES Xesús Taboada Chivite,














