Blogia
bibliochivite

ARTIGOS DE MÓNICA PAZOS MARTÍNEZ

ARTIGOS DE MÓNICA PAZOS MARTÍNEZ
A nosa compañeira e amiga Mónica Pazos, coeditora de Cartas á nai, é, como un lector comenta a un dos deus artigos na revista dixital Terra e tempo, un pozo de sabedoría. Ademais é un ser extraordinariamente humilde e sempre disposto a compartir. Compartir coas coordinadoras do club de lectura A Árbore Vermella e todos os seus integrantes é algo que fai a cotío. Se temos descuberto moitos libros, se temos asistidos a actos culturais interesantísimos é grazas a ela.
Recentemente Mónica viaxou a Bos Aires e, amante como é dos libros e das librarías, en librarías de vello de alá descubriu verdadeiras xoias, edicións de obras de autores como Castelao, que teremos o privilexio de ver, de tocar, de apalpar próximamente no club ó tempo que Mónica nos fala, nos conta.
Tedes a continuación algúns dos artigos publicados por Mónica na revista Terra e Tempo:
A XERACIÓN DOS 80
 
UNHA LECTURA DE SCÓRPIO, DE RICARDO CARVALHO CALERO  
LERMOS A NOSA BANDA DESEÑADA
 
INÉS DE CASTRO, UNHA MULLER GALEGA DO SÉCULO XIV
 
CASTELAO, ILUSTRADOR DE LIBROS INFANTÍS E XUVENÍS
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

Isabel -

Moitas grazas polo teu comentario. Probablemente a sesión na que veña Mónica sexa un venres. Cando saibamos a data, xa cho diremos, OK?
Thanks a lot!!!!!!

sesepote -

Acaso alguén duda dela, sería capaz de atopar unha obra mestra ata nos meus poemas XD, espero vela pronto, bicos a todos.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres