Blogia
bibliochivite

Dúas historias preciosas con formato de conto, pero que nos afectan a todos

No club de lectura veremos dúas xoias gráficas que tratan o tema do respecto á diversidade, a atención ás persoas con discapacidade e a procura do seu benestar nun mundo que vai a outro ritmo.

O primeiro vídeo é a historia de Lorenzo, un neno con discapacidade que recibe o apoio de alguén especial que sabe velo, e entón o mundo deixa de serlle alleo.

O segundo vídeo é a historia dun neno autista, unha historia preciosa narrada por unha nena, transmitindo as emocións que rodean esa relación tan complexa entre dous irmáns.

Moitas grazas, Sofía, por estes dous agasallos.

Tamén veremos fragmentos do documental ¿Qué tienes debajo del sombrero?.

 ¿Qué tienes debajo del sombrero? conta a vida de Judith Scott, unha escultora norteamericana de 62 anos á que lle chega o recoñecemento internacional despois de vivir 36 anos nunha institución psiquiátrica. Judith ten Síndrome de Down e é sordomuda. A súa historia, contada a través da súa irmá xemelga, Joyce, sen discapacidade, é o detonante dunha película que viaxa ó Creative Growth Art Center en California e descobre  outros personaxes que como Judith buscan expresarse a través da arte.
     ¿Qué tienes debajo del sombrero? é unha reflexión acerca do aillamento que pode provocar unha discapacidade, e de como a través da arte se consegue restaurar a comunicación.

0 comentarios