LETRAS GALEGAS-RAMÓN PIÑEIRO
Os alumnos do IES Taboada Chivite poden ver na biblioteca do centro un mural sobre o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Tamén teñen información no taboleiro da entrada.
Os alumnos do IES Taboada Chivite poden ver na biblioteca do centro un mural sobre o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Tamén teñen información no taboleiro da entrada.
Co gallo da conmemoración das letras galegas, desde a biblioteca escolar deste centro impúlsaronse varias actividades.
Durante toda a semana, na entrada ó centro e tamén durante os recreos, estará soando "Calamidá Sentimental" álbum da cantante galega Pilocha que lle puxo música a poemas escritos por poetisas galegas. Este son estará acompañado coa proxección das imaxes das poetas, das súas letras, etc.
Finalmente, para rematar a semana, no salón de actos terá lugar unha maratón de lectura sobre a obra de Boyne "O neno do pixama a raias". Nesta lectura participaran os alumnos de segundo de E.S.O así como algúns profesores e pais.
Tamén conmemoramos o 8 de marzo o día da muller traballadora cunha exposición triple sobre mulleres con mérito e sen fama, vidas paralelas e mulleres galegas na historia.
Aquí tedes o boletín da biblio de Nadal de 2008.
Benvidos o novo blog da biblioteca do I. E. S. Xesús Taboada Chivite de Verín. Xa ía sendo hora de que nos incorporáramos ás novas tecnoloxías.
Os que conectedes connosco podedes atopar informacións sobre as últimas novidades recibidas, tanto de libros como de DVDs e revistas, ás actividades promocionadas desde a biblioteca, as conmemoracións nas que a biblioteca pretende xogar un papel activo, o boletín trimestral, etc.