Blogia
bibliochivite

MAKINARIA, MAFALDA E...

Seguindo no club de lectura A Árbore Vermella coa nosa idea de mesturar texto escrito, imaxe e son, na sesión do vindeiro xoves 29 de Outubro temos pensado levar a cabo as seguintes actividades:

Leremos poemas de Carlos Negro, algúns deles do seu libro Makinaria (facer click aquí para ler outro comentario sobre esa obra) e outros de  Cultivos Transxénicos, poemas que cremos que serán moi atractivos e interesantes para os nosos rapaces. Tamén leremos un artigo escrito por este mesmo autor

Veremos a Mafalda en varios sketches(aquí o primeiro, click aquí para o segundo, aquí o terceiro e aquí o cuarto) e gozaremos coa súa visión humorísticamente crítica do mundo.

Escoitaremos a canción La Vida, de Silvio Rodríguez. Antes de escoitala leremos ese fermoso poema que é a letra desta canción

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres