FELIZ VERÁN!!!!!!!!
A todos e todas os que formades parte do club: GOZADE MOITÍÍÍÍÍÍÍÍÍSIMO NO VERÁN, E MOITAS MOITAS GRAZAS POR ESTAR SEMPRE AÍ!!!!!!!!!
PD: GRAZAS, Javier, por coidar tanto da árbore vermella (podédela ver enriba).
A todos e todas os que formades parte do club: GOZADE MOITÍÍÍÍÍÍÍÍÍSIMO NO VERÁN, E MOITAS MOITAS GRAZAS POR ESTAR SEMPRE AÍ!!!!!!!!!
PD: GRAZAS, Javier, por coidar tanto da árbore vermella (podédela ver enriba).
Foi o día 7 de xuño cando recibimos a visita deste ser excepcional que é Ana. Encheunos os oídos con historias, os petos con tesouros e a alma con esperanza e certezas: a esperanza de que se pode compartir a beleza sen ter en conta a idade do público, e a certeza de que cun talento como o que ela posúe toda historia pode ter vida, esencia.
Foi unha tarde máxica, os rapaces do club e os que viñan a PROA agasalláronnos cun comportamento impecable. Escoitamos historas de amor, de desamor, de vinganza, de misterio, todas unidas pola tenrura de Ana, pola súa voz camaleónica e multiforme, polos seus acenos e a súa maxistral interpretación.
Engaiolounos co seu talento. Unha palabra pode cambiar unha vida, claro que sí, imaxinade qué non cambiará un torrente de vida e literatura como o que ela nos ofreceu!
Grazas a todos.
AQUÍ tedes un álbum de fotos e AQUÍ podedes ver un collage, ambos feitos por Maite Jiménez (MOITAS GRAZAS!!!!), con fotografías tomadas durante a actuación de Ana. Outro álbum aquí.
O primeiro vídeo que aparece enriba tamén o elaborou Maite, excepcional fotógrafa. O segundo e ós que podedes acceder premendo aquí , aquí, aquí, aquí, aquí e aquí recollen momentos da actuación da grande actriz e ser humano que é Ana.
Tamén podedes ler, na parte superior, debaixo dos vídeos, textos escritos por alumnos e alumnas nos que expresan as súas impresións tras presenciar a actuación de Ana.
Remata a última edición do curso 2011-2012 do concurso "Adiviña quen é". Efectivamente, o escritor oculto era o recentemente finado Antonio Tabucchi.(Premer tamén AQUÍ)
Para Antonio Tabucchi a verdadeira viaxe vital foi a da escritura. Viaxes e outras viaxes, publicado en España semanas antes do seu pasamento, lémbranos que o mundo non é só iso que coñecemos. É un caderno de apuntes onde a historia das grandes cidades cede espazo a outras pequenas historias nun álbum moi persoal.
Facendo click AQUÍ podedes acceder a interesantes artigos e entrevistas co grande escritor italiano namorado de Portugal.
Parabéns a María Romero Rodríguez e Aarón González Rúa, de 2º ESO e a Laura Fernández González e Miguel Alves Blanch, de 1º ESO do IES Xesús Taboada Chivite, por ten acertado quen era o escritor misterioso. Pronto saberemos quen gañou no IES Ribeira do Louro.
AQUÍ (e debaixo) PODEDES VER A LAURA, MIGUEL, MARÍA E AARÓN COS SEUS AGASALLOS
Onte o alumnado que asiste ó club de lectura tivo a oportunidade de ver a fabulosa actuación da cantante Adele no Royal Albert Hall (Click AQUÍ).
Houbo unha introducción a cargo do profesor de música David Rguez Rivada, que nos deu unhas pinceladas sobre a biografía da cantante e o seu estilo. Ademais, falounos das características da súa voz e analizou brevemente unha das súas cancións máis coñecidas, Someone like you. Despois vimos parte do concerto, facendo comentarios entre canción e canción e incluso acompañamos a Adele cantando todos Someone like you (vídeo enriba). Pasámolo moi ben!!!!
Ó final do concerto, grazas á xenerosidade de Fernando Serrulla, representante dos pais no Consello Escolar e quen nos proporcionou o vídeo-CD, sorteamos o DVD entre os asistentes e a gañadora foi Jasmín Fernández, de 1º ESO B. Parabéns!!!!
Na antepenúltima sesión do club de lectura Marlene, Esther, Marta, Lucía e Nerea leron textos escritos por elas mesmas. Parabéns polo voso talento, sensibilidade, espírito reivindicativo, capacidade de reflexión... e moitas, moitas grazas.
Ademais, Antonia leu un fermosísimo poema escrito por ela... Aínda que non nos puido acompañar, si tivemos a sorte de escoitar a súa voz. (Vós tamén podédelo facer. Está debaixo do vídeo).
David escribiu un texto en vivo (click AQUÍ). Foi un experimento moi orixinal. Mentres David escribía nós iamos lendo e ademais escoitabamos as pezas que se citaban no texto.
Moitísimas grazas tamén a David e Antonia e a todos os alumnos e alumnas presentes na sesión.
Dende o club de lectura A árbore vermella queremos darlle a noraboa a todos os alumnos e alumnas do noso instituto (case todos eles asistentes ó club) que onte xoves 17 de Maio foron finalistas e gañadores de premios polos seus magníficos textos, premios que recibiron na gala músico-literaria das Letras Galegas celebrada na Casa da Cultura de Verín.
Os alumnos que recolleron os premios que lles corresponderon nos certames literarios convocados con motivo do Día das Letras Galegas foron:
Mercedes Castro Cid, de 2º, que tivo un primeiro premio polo poema Eu?, que leu en público.
Marta Cid Nieto, de 2º, que tivo un primeiro premio polo relato A certeza dun soño, que tamén leu en público.
Lucía Díaz Nicolino, de 3º C, que recibiu un primeiro premio polo relato Tráfico de emocións, que leu en público.
Ademais deses tres primeiros premios, obtivo un terceiro premio:
Ana María Añel Prieto, 3º
E foron finalistas os seguintes alumnos:
Noa Pérez Núñez, 1º
Joseba Delgado Parada, 2º
Sabela Domínguez Souto, 2º
María Romero Rodríguez, 2º
Esther Estévez Casado, 3º
Victoria Pérez Gascón, 4º
Parabéns ós músicos, moitos deles tamén alumnos do noso instituto (María Romero, ademais, asistente ó club), que tan magnificamente interpretaron as pezas que fixeron que música e literatura se desen a man.
Máis fotos AQUÍ (grazas Javier!).
A compañía TRASPEDIANTE (compañía de danza de Marta Alonso Tejada e Begoña Cuquejo) está a representar BALEADAS, espectáculo en 3D con pintura, danza e textos do poemario de Estevo Creus Balea2.
O día 10 de Maio o club de lectura, xunto cos alumnos de Plástica e Deseño Gráfico (moitos deles tamén asistentes ó club) que tanto traballaron nos proxectos inspirados por Poemas da cidade oculta e O libro dos cans (tamén poemarios de Estevo Creus) asistiu á representación de Baleadas que Traspediante fixo no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela.
Foi un espectáculo fascinante, orixinal, elegante, innovador usando un recurso non tan novo ó que as artistas lle sacaron todo o partido, o programa "paint". Foi unha representación chea de cor, de momentos de grande poderío visual, forza, fascinación (meu corpo, meu corpo, meu corpo.... foi un deles, con esas verbas proxectadas no corpo dunha das bailarinas-artistas-creadoras). A balea, a omnipresente metáfora totalizadora de Estevo Creus, acompañounos case permanentemente.... Que momento aquel no que, en 3D, vemos a baleeira de Cangas!!!!! Sensibilidade, brillantez, reivindicación..... todo....como a balea.
Moitas grazas a Estevo Creus, presente na representación, e ás integrantes da compañía Traspediante, por proporcionarnos eses 50 minutos de maxia... e tamén pola cercanía antes e unha vez rematado o espectáculo.
Despois de gozar coa arte de Traspediante, fixemos un percorrido por Santiago, revisitando uns, descubrindo outros, plazas, edificios, xardíns marabillosos... Os rapaces levaban un mapa elaborado por Víctor cun itinerario que os guiaba ó encontro de lugares, de construccións fermosas, atractivas, que ían fotografiando ( temos uns alumnos que son uns grandes fotógrafos!!!!!)
Comemos no parque de Bonaval, baixo as árbores, e despois puxémonos en camiño cara á derradeira etapa da nosa excursión: unha visita guiada pola Cidade da Cultura, lugar grandioso que podedes ver nas fotos debaixo.
Se premedes AQUÍ accederedes ó blog BALEADAS.
Este ano teremos o inmenso pracer de rematar o club de lectura, o vindeiro 7 de Xuño, coa actuación de Ana Isabel Roncero Martín. A irmá da nosa compañeira Antonia compartirá connosco o seu talento cunha actuación que nos vai deixar abraiados, seguro!!!!
Se fas click aquí accederás a un post sobre Ana Isabel Roncero e o seu espectáculo teatral Lo que somos que David Rguez. Rivada escribiu no seu blog.
Como sabedes, na Árbore vermella manexamos o concepto lectura no seu sentido máis amplo. Lemos poesía e novela, si, mais tamén imaxes e ata casas (que senón fixemos este ano da man de Víctor a partir de O libro dos cans de Estevo Creus? "Ler" as casas de Mies Van der Rhoe ou Le Corbusier, interpretalas). Con frecuencia lemos música, e xa tivemos sesións nas que escoitamos, rap, flamenco, música clásica ou folk galego. Nestas sesións quen nos guía é David, e será el quen o xoves 31 de Maio nos faga a introdución, analizando algunha canción súa, ó concerto de Adele no Royal Albert Hall de Londres (click aquí).
Témoslle que agradecer a Fernando Serrulla, membro do Consello Escolar, pai do alumno de 1º Bacharelato Miguel, o seu interese, xenerosidade e implicación, xa que foi el quen nos proporcionou o concerto desa artista de voz espectacular chamada Adele no famoso teatro londinense xa mencionado.
Animámosvos a todos a vir a "ler" a música de Adele no club de lectura. Seguro que imos gozar moitísimo!!!
Hoxe foi un día no que no club de lectura se colou o inesperado. Aínda que o planificado nos ía levar por un camiño, a conversa levounos por outro que acabou sendo moi especial. Deixamos A árbore xenerosa para unha vindeira sesión e cubrímonos cunha manta. O itinerario de Marita, esa manta feita con retais que permite que se unan moitas persoas que transitan pola súa vida, deu pé a contar historias sobre eses retais, e de aí chegamos, de maneira natural, case sen querelo, ata A manta, de Isabel Minhós Martins e Yara Kono, unha fermosa historia na que os retais que conforman a manta dunha avoa tamén serven para relatar o que se enconde detrás de cada un deles. Estivemos lendo este conto por turnos, en portugués... e pasámolo moi, moi ben.
Moitas grazas ós pais que onte percorristes connosco e cos vosos fillos o itinerario polo que eles camiñaron nestes últimos meses no club de lectura. Moitas grazas por vir a compartir os Poemas da cidade oculta e O libro dos cans, por vir a descubrir camiños, baleas, casas de soño... Grazas polo voso interese e por axudar a facer posible que os nenos e nenas sigan, cada xoves, transitando polo itinerario da Árbore vermella.
Estevo Creus Andrade, poeta, autor dos dous poemarios (Poemas da cidade oculta e O libro dos cans) sobre os que o club de lectura A árbore vermella, xunto con alumnado de Plástica, Deseño Gráfico Dixital e Lingua Galega, leva moito tempo "traballando", vainos visitar o vindeiro Xoves, día 19 de Abril, ás 16:30.
A piques de recibir o poeta, estamos a darlle uns "toques" de Poemas da cidade oculta ó instituto.Un exemplo: un dos poemas do libro trepa polas paredes ata chegar á biblioteca. Mirade:
Ademais, unha casa do mesmo tamaño que a que nos amosa Estevo Creus no Libro dos cans, instalada na aula de Plástica, contén edificios, baleas, itinerarios (por exemplo, o feito nesa aula ó longo do tempo), casiñas, fotos... Hai carteis, letras,saúdos, unha balea de ramas...
ANIMÁDEVOS A ACOMPAÑARNOS O VINDEIRO XOVES!!!!!
(Facendo un percorrido por este blog atoparedes moitos posts adicados a Poemas da cidade oculta e O libro dos cans)
Os alumnos de 3º e 4º ESO do profesor de Plástica e Deseño Gráfico Víctor Rodríguez ( e tamén o propio profe) plasmaron de xeito maxistral, con imaxes moi suxerentes, os itinerarios dos Poemas da cidade oculta de Estevo Creus (premede aquí, aquí, aquí). Tédelos debaixo. Gozade con eles, co vídeo Poemas e itinerarios, na parte superior do post, que inclúe recitado de Poemas da cidade oculta por parte de alumnos asistentes ó club e os itinerarios de Lara, Marita, Víctor e Sabela, co itinerario de Lucía, co de Irene, co de Carmen,vendo a María co seu, tamén a Marta (encántanlle os peluches e hai dous que foron moi especiais), e cos itinerarios dos alumnos de 1º e 2º ESO, que están ó final do post.
Nova edición do concurso "Adiviña quen é", que como sabedes, lanzamos conxuntamente o IES Taboada Chivite (a través do club de lectura A árbore vermella) e o IES Ribeira do Louro de Porriño.
Debaixo tedes unha imaxe distorsionada do importante escritor cuxo nome tedes que adiviñar, e enriba datos biográficos e citas que vos poden axudar a descubrir quen é este persoeiro.
Coma sempre, hai que mandar un e-mail co voso nome e apelidos, curso, grupo e instituto, ademais de, por suposto, o nome do personaxe oculto, a:
ribeirachivite@gmail.com
Podedes participar ata o mércores 6 de Xuño. Ánimo!!!!! Hai un agasallo agardando por vós!!!!!!
Remata unha nova edición do concurso "Adiviña quen é". Efectivamente, como algúns descubristes, a figura oculta nesta edición na que, pola importancia enorme do personaxe para a cultura galega, participou tamén o Dpto. de Dinamización Lingüística, era Isaac Díaz Pardo, intelectual e artista galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia. (Aquí podedes acceder a artigos sobre este sobranceiro persoeiro da cultura galega, recentemente finado. Este foi escrito por Manolo Rivas).
"Quando os anos me vençam já descomposto tudo e farto de fazer tudo o que faço, nom sei o que farei... estou já tam afeito a perder que nom sei que fazer se un día ganho".
Na portada de Monxoi, de Alfonso Mato -homenaxe persoal que repasa os seus 15 anos como historiador e documentalista ó carón de Díaz Pardo no Instituto Galego da Información-, esta é a cita escollida para resumir unha visión do mundo. Extractouna Mato do derradeiro libro de Isaac, Tentando construir uma esfinge de pedra (Do Castro, 2007), o máis semellante a unhas memorias por vía interposta que escribiu o ancián que en 1936 chamou "reaccionario" a Castelao, por suxerirlle que levase os pasquíns ó concello antes de distribuilos. No diálogo entre o home e a esfinxe, que é un oráculo, a esfinxe acaba traicionando á persoa.
Os nosos parabéns a Marta Cid, Mercedes Castro e María Barreira, todas elas alumnas de 2º ESO do IES Xesús Taboada Chivite (co seu agasallo nas fotos de abaixo), por ter acertado quen era o personaxe descoñecido nesta edición de "Adiviña quen é". O gañador no IES Ribeira do Louro foi Borja Alonso Estévez.
Como vos diciamos no post anterior, o proxecto Poemas da Cidade Oculta estará presente nun stand durante as festas do Lázaro de Verín. Onte, venres 23 de Marzo montamos o stand (enriba tedes imaxes) e hoxe sábado 24 foi a inauguración (fotos debaixo). Animádevos a vir ó pavillón de Verín!!!!!!!!!!!!!!!
Os Poemas da cidade oculta, de Estevo Creus, dos que tanto vos temos falado neste blog, van saír do noso centro e formar parte dun stand na vindeira feira que, con motivo das festas do Lázaro, terá lugar no pavillón de Verín o sábado 24 e o domingo 25 de Abril. Os alumnos do club, os de Plástica, os de Deseño Gráfico... levan xa tempo traballando neste proxecto (temos previsto que Estevo Creus visite o club de lectura o 19 de Abril), debuxando, construíndo, recitando, pensando...
Onte fixemos unha balea (FOTOS ENRIBA), símbolo que percorre todo o poemario do poeta de Cee.
Proximamente poderedes ver neste blog as imaxes tomadas no stand, no que estará a balea... e moito máis (avance abaixo).
Como sabedes, a raíz da lectura de O libro dos cans de Estevo Creus, temos falado bastante de casas no club de lectura A Ábore Vermella. (Facede click aquí, aquí, aquí e aquí). De feito, os alumnos de 1º ESO B (varios deles asistentes ó club) construiron as súas casas ideais e faláronnos delas. Debaixo podedes ver o resultado do traballo dos rapaces e rapazas de 1º ESO B. Parabéns!!!!!!
Despois da sesión da semana pasada, na que Víctor lle deu a volta ó noso concepto de casa, hoxe visitamos a casa na que a voz poética da segunda obra de Estevo Creus que estamos a ler (lembrade que a primeira foi Poemas da cidade oculta) agarda os seus cans (premede aquí e aquí). Enriba tedes fotos nas que podedes ver a Víctor falándonos dos planos que aparecen ó comezo deste singular poemario e tamén podedes escoitar a Juan Carlos e Irene lendo algúns fragmentos.