Blogia
bibliochivite

A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA

A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA

O libro que comezaremos a ler no club de lectura A árbore vermella despois do Nadal é A miña planta de laranxa lima, obra de José Mauro de Vasconcelos publicada en 1968. Trátase dunha fermosa novela de denuncia social, na que o protagonista principal é un cativiño de cinco anos, Zezé, maltratado pola súa propia familia, fillo do paro e da mestizaxe colonial (portugués + india pinagé) listo como a fame, que vive nun barrio marxinal de Río de Xaneiro. Zezé vive nunha favela de Bangú, nun mundo de carencias ao carón da opulencia, sabe o que non ten e non renuncia ao que desexa: quere ser sabio e poeta para saír da miseria. Desafortunadamente, 40 anos máis tarde a miseria segue a ser dramática para moitos nenos do Brasil.

Mais non queremos amosar somentes a faciana escura deste fermosísimo país. Para unha visión máis luminosa do Brasil, é interesante este artículo publicado no blog de David Rguez. Rivada sobre unha das máis importantes pintoras brasileiras, Tarsila do Amaral. Ademais, facendo click aquí poderedes ver un video sobre os atractivos deste país sudamericano.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres