Blogia
bibliochivite

Presentación de "Abelcebú", de Carlos Negro, en Aira das Letras

Presentación de "Abelcebú", de Carlos Negro, en Aira das Letras

En artigos anteriores falabámosvos de Abelcebú, a última obra de Carlos Negro (fai click tamén aquí). Recentemente un grupo de profesores e alumnos de A árbore vermella tivemos a oportunidade de asistir á presentación deste diccionario do demo na libraría Aira das Letras e....que ben o pasamos!!!! Houbo moitas palabras, definicións do máis curioso feitas por Carlos Negro e polos asistentes, noticias con sorna, pan, licor café, chourizo....

Moitas grazas, Carlos.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

carlos-aira das letras -

Dende Aira das letras grazas por vir a presentación

david -

Estivo xenial, foi todo un luxo poder compartir esa tarde con todos os que fomos a Allariz: as rapazas do club de lectura (Irene, Nerea), as antigas alumnas do centro (Claudia, Lara) que sempre se apuntan ás actividades da que sempre será a súa familia, as tres profesoras (Isabel, Marita e Antonia) que día a día regan a Árbore vermella que cada xoves estira un pouco máis as súas raíces, os amigos (Elisa, Mónica, Javi, Mercedes, Roberto, Bego, Jose...) que sempre están aí cando hai que falar, ler, aprender, e tamén axudar, apoiar... e por suposto o gran gran Carlos Negro, inxenioso, intelixentísimo, xeneroso, artesán da palabra tallada no tótem da lingua eterna. Grazas a todos
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres