Blogia
bibliochivite

Actividades

Campaña solidaria

Open publication - Free publishing - More biblioteca

DERRADEIRA CAMPAÑA DE LECTURA DO CURSO 2009-2010 (CAMPAÑA DE VERÁN)

As obras escollidas polo Equipo da Biblioteca para a súa derradeira campaña de lectura, libros para que os alumnos lean no verán, foron o poemario Makinaria, de Carlos Negro, e Pollo con ciruelas, banda deseñada de Marjane Satrapi. Elaboramos uns "sobres" de cartulina que gardaban no seu interior páxinas das obras mencionadas para que os alumnos as collesen. Estes "sobres" estiveron pendurados en diversos lugares do centro, como podedes ver na presentación de diapositivas que tedes enriba.

HAIKUS GAÑADORES

Se facedes click aquí accederedes ós haikus que gañaron o concurso que dende o equipo da biblioteca se convocou co gallo do Día do Libro. Houbo dous gañadores por ciclo de ESO e un gañador en Bacharelato dado que só participaron alumnos de 1º de Bacharelato.Os gañadores foron:

Miguel Franco Álvarez (1º ESOB) - Andrea Estévez Danta (2º ESO A) - Pablo Rodríguez González (3º ESO D) - Alberto Cabido García (4º ESO A) - Ana Alonso Regueiro (1º Bacharelato B)

CONCURSO DE HAIKU-FOTOS

Nun artigo anterior falabamos dunha actividade proposta dende o equipo da biblioteca co gallo de Día do Libro: Un concurso de haiku. Enriba tedes fotos de moitos dos haiku elaborados polos nosos alumnos. Máis adiante publicaremos os gañadores.

NOVA CAMPAÑA DE LECTURA

Dende o equipo da biblioteca do IES Taboada Chivite lanzamos hoxe unha nova campaña de lectura. Por unha banda pegáronse polo centro carteis que animaban a ler obras de Uxío Novoneyra ( a quen se adica o Día das Letras Galegas este ano) e de Miguel Delibes (nunha pequena homenaxe ó autor, recentemente falecido). Por outra banda, alumnos de 2º de ESO sentaron ó redor dunha mesa camilla que se instalou na entrada do centro lendo obras de Delibes e Novoneyra. Esta segunda actividade repetirase o vindeiro xoves. Tedes fotografías tanto da lectura en torno á mesa camilla coma dos carteis enriba.

CONCURSO DE HAIKUS

CONCURSO DE HAIKUS

O equipo da Biblioteca do IES Taboada Chivite de Verín convoca a todos os alumnos que o desexen a participar nun concurso de Haikus. Teriades que presentalos  antes do día do libro (23 de Abril). A data límite sería o luns 19 de Abril. Neste enlace tedes a explicación de que é un haiku e se facedes click aquí e aquí accederedes a varios exemplos.

Fallece Miguel Delibes

Ha muerto Miguel Delibes, maravilloso escritor al que desde el equipo de la biblioteca del IES Taboada Chivite de Verín y desde los clubs de lectura queremos rendirle nuestro pequeño homenaje. Aquí tenéis la biografía de este gran novelista, multipremiado, cazador mas amante de la fauna y flora, enamorado de su Castilla... Haciendo click aquí accederéis a un vídeo en el que Delibes se define como un tipo irónico y socarrón, poco hábil para la música y el dibujo y apasionado del póker. También habla con cierta amargura sobre cómo la televisión ha sustituido a la figura del abuelo como contador de historias. Desde esa página es posible acceder a otros vídeos en los que aparece el autor de Los santos inocentes, El camino, Cinco horas con Mario, El hereje...  Éste es un vídeo más extenso, una entrevista con motivo de la concesión a Delibes de un premio a los valores humanos.  Aquí tenéis, dentro de la web del Centro virtual Cervantes (el Cervantes fue uno de los muchos galardones que recibió Delibes), una "exposición sobre la vida y la obra de Miguel Delibes (Valladolid, 1920-2010), sin duda uno de los narradores españoles contemporáneos más apreciados, no sólo por el indiscutible valor de su obra, sino también porque él mismo encarna una postura ética que se concreta en la práctica en un humanismo ligado a las virtudes de la tierra." Desde esa página podéis acceder a fragmentos escritos por Miguel Delibes.

8 de Marzo Día Internacional da MullerTraballadora

A profesora de filosofía Virginia Calviño, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do seu centro, o IES Ribeira do Louro de Porriño, leva anos organizando, cada 8 de Marzo, unha moi interesante actividade co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora. Alumnas de varios cursos asumen o papel de mulleres sobranceiras para explicar os seus logros en diversos eidos: Literatura, Medicina, Pintura, Física e Química, Matemáticas...

A actividade resulta un xeito excelente de reivindicar o extraordinario labor desenvolvido por estas mulleres, que en moitos casos tiveron que loitar contra a misoxinia da época e que ás veces ademais foron ignoradas polo público en xeral debido ao predominio dunha historiografía con tintes machistas. 

 Virginia Calviño, que traballou no noso centro hai anos e xa preparou daquela  esta representación (aínda que co paso do tempo, aumentou o número de mulleres cuxas vidas serviron de base ós textos representados polas alumnas)  deixounos ós membros do equipo da biblioteca do IES Taboada Chivite os textos que foi preparando ó longo do tempo (últimamente, como xa dixemos, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do seu centro) e tamén imaxes das rapazas que deron vida a estas importantes mulleres. Grazas ó seu traballo este ano no Taboada Chivite celebraremos o 8 de Marzo dando a coñecer a todos os nosos alumnos de ESO a Safo, Trótula de Salerno, Ada Byron, Rosalía de Castro, Marie Curie e Frida Kahlo.

No salón de actos xuntaranse  a 2ª, 3ª, 4ª e 6ª horas, os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, durante as súas titorías, para ver e escoitar as súas compañeiras de 3º ESO D e 2º ESO D, que sairán a escena acompañadas por unha presentación de power-point. Despois da súa actuación proxectaremos un documental (Conta con elas) sobre mulleres galegas que desempeñan traballos tradicionalmente masculinos: electricistas, albaneis, empresarias... Un documental polo que tamén damos as grazas a Virginia Calviño, que nos falou del e proporcionóunolo.

 Facendo click no nome de cada muller accederedes ós textos que as nosas alumnas van interpretar:

Safo (Jeanette Martínez 3º ESO D), Trótula de Salerno (Sara Vizcaya 3º ESO D),  Ada Byron (Nerea Rivero 3º ESO D), Rosalía de Castro (Vicky Pérez 2º ESO D), Marie Curie (Laura Jardón 3º ESO D), Frida Kahlo (Laura Rúa 3º ESO D).

Por outra banda, estarán expostos na biblioteca textos escritos polos alumnos do centro baixo o título Mulleres con mérito e sen fama (fai click aquí e aquí). Nestes textos os rapaces e rapazas fálannos da vida, ás veces dura, abnegada e sen recoñecemento das súas nais, avoas, bisaboas...

Tamén estará colgado un mural titulado As mulleres galegas de onte e de hoxe ( fai click aquí e aquí). A través del o noso alumnado poderá coñecer importantes figuras femininas, moitas delas esquecidas, como: Andrea López Chao, Clara Corral Aller, Olimpia Valencia, María Pita, Hildegart Rodríguez, Maruja Mallo, Francisca Álvarez, María Luz Morales, María Castaña, A bella Otero.

Outro mural, en forma de pendón, elaborado por Daniel, do Departamento de Grego, réndelle homenaxe a Irene Sendler, unha muller valente e comprometida que salvou a 2500 bebés xudeus da morte a mans dos nazis. 

O xoves 11 de Marzo proxectaráse a película Ágora (tedes o tráiler na parte superior), de Alejandro Amenábar, sobre a vida de Hipatia de Alejandría, no salón de actos do instituto . Animámosvos a todos e a todas a vir vela. Seguro que vos gustará.

CARTEIS CAMPAÑA DE LECTURA

Aquí tedes algúns carteis (cartel 2, fai click aquí, cartel 3 aquí e cartel 4 aquí) feitos por membros do equipo da Biblioteca para animar os nosos alumnos a ler a obra Resistencia da autora galega Rosa Aneiros. Tamén faremos, utilizando o mesmo sistema, "promoción" de Cartas de inverno, de Agustín Fdez. Paz.