Blogia
bibliochivite

David Contra Goliat..... Blog de David.

Na vindeira sesión do club de lectura visitaremos o blog do noso compañeiro David. É profesor de música no noso instituto mais a música non é o único tema presente no seu blog. Licenciado en Filoloxía Hispánica ademais de Diplomado en Violonchelo, é un gran amante da literatura e no seu blog ofrécenos textos escritos por el mesmo e enlaces a fragmentos de obras literarias que lle chamaron a atención. Coas nosas rapazas do club de lectura visitaremos este artigo, titulado "Hazte a ti mism@", con imaxes moi atractivas e texto escrito por David, este outro, onde nos recomenda a novela La Amaba, da francesa Anna Gavalda e transcribe un fragmento que lle gustou, e, por último, este, no que nos invita a descubrir El Guardián en el centeno, de Salinger e Sputmik, mi amor de Murakami.

Tamén temos pensado escoitar música, en concreto o rap David contra Goliat de ZPU, do CD Contradicziones. Aquí tedes a letra e arriba o video de David contra Goliat.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres