Blogia
bibliochivite

Nach Scratch no club de lectura

Nach Scratch no club de lectura

Este xoves, día 3 de febreiro, no Club de lectura A árbore vermella, o profesor de música David falaranos do cantante de hip hop Nach Scratch (web oficial) e do seu traballo Un día en suburbia (2008).

En primeiro lugar, comentaranos as principais características do hip hop:

a) na música que se escoita: (DJ)

* o "break" como ritmo base (é a célula principal do estilo, e nela o percusionista cambia o ritmo cun redoble ou cun solo);

* o "DJ" (Disc Jockey), que é a figura que selecciona os breaks e os sons; os sons gravados tamén serven para facer referencias (películas, cancións, épocas, lugares do mundo...);

* o "scratch", que é un efecto do vinilo producido cando se move ritmicamente o disco contra a agulla;

* as estruturas máis utilizadas son o REMIX (utilización de fragmentos de diferentes estilos nunha soa canción) e a SAMPLEDELIA (consiste en cortar e pegar fragmentos doutras cancións, polo que tamén se lle chama "cut´n´paste");

b) na letra que se le e escoita: (MC)

* os "rapeos": a través de longos textos contan historias complexas, normalmente ambientadas nun entorno urbano moi duro;

* o "MC" (Master of Ceremonies), que é quen escribe / improvisa as rimas sobre eses breaks;

c) na música que se baila: (B-BOYS)

* o BREAKDANCE é un tipo de baile no que os B-BOYS fan todo tipo de posturas seguindo o ritmo do break. Os principais pasos ou figuras son: LOOKING (axitar bruscamente todo o corpo), BREAKING (xirar sobre o chan), BODY POPPING (simular os movementos dun robot) e o MOON WALK (desprazarse hacia atrás coma se estivera camiñando de frente);

d) nos graffiti: como a principal forma de expresión gráfica do HIP HOP.

En segundo lugar, veremos cinco temas do disco (xa no seu blog persoal comentou brevemente todos os temas do CD, pero hoxe escoitaremos e analizaremos cinco deles):

Mil vidas, Quiz ShowÁngelSr Libro y Sr Calle y Héroes.

Ademais, veremos fragmentos doutros temas para ver algúns dos recursos que fan realmente grande a este cantante (Efectos vocales, Nada ni nadie e Vive mientras puedas).

Esperámosvos: será unha sesión chea de flow, enerxía e letra, moita letra.

Para aqueles que non poidades vir, os materiais que manexaremos nesta sesión están neste enlace.

0 comentarios