Blogia
bibliochivite

GRAZAS, DAVID

Moitííííííííííííííísimas grazas, David, pola sesión de onte (sobre Nach Scratch e o hip hop) no club de lectura A árbore vermella. Que traballo tan interesante, minucioso, pormenorizado o teu!!!!!!!

Grazas por todo o tempo que nos dedicaches, que foi moito, non só o da sesión. Calquera que entre no artigo que fixeches para o noso blog pode comprobalo.

Grazas polo teu agasallo de onte e por todos os agasallos que tantas veces nos fas.

1 comentario

David -

As grazas douvolas eu a vós por estardes sempre aí, dispostas a ensinar e compartir cousas cos alumnos e alumnas, ademais de con todo aquel que se atreva a descubrir a vosa árbore vermella