Blogia
bibliochivite

A LINGUA SABE A PAN

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Grazas a Virxinia, compañeira do IES Ribeira do Louro, con quen compartimos o proxecto Adiviña quen é, descubrimos o vídeo (o lipdub) que tedes enriba, feito polos compañeiros do CPI VIRXE DA SALETA, de CEA, e quedamos namoradas del. Un gran traballo que espalla dende o agarimo, a ledicia, o espírito positivo... o amor pola nosa lingua.

Sempre queremos compartir cos nosos rapaces aquelas cousas que nos "tocan". Por iso adicaremos os primeiros minutos da vindeira sesión do club de lectura A árbore vermella a sorrir mentres vemos A lingua sabe a pan.

PARABÉNS ós compañeiros de Cea polo voso traballo, de calidade, entusiasta e positivo. Unha aperta dende Verín.

0 comentarios