Blogia
bibliochivite

JORGE LUIS BORGES. EL ALEPH

Na próxima sesión do club de lectura A árbore vermella coas alumnas de 2º de Bacharelato falaremos de Jorge Luis Borges, concretamente da súa obra El Aleph (Aquí un resumo-reseña). Aquí tedes unha curta moi curta sobre o conto El Aleph, unha curta que revela o máxico e fantástico do imaxinario de Borges. Aquí podedes acceder a un foro de discusión literaria sobre El Aleph. Ésta é unha interpretación do conto El Aleph e aquí tedes unha análise. Esta é unha páxina con enlaces a moitas outras adicadas a Borges. Podedes acceder tamén a unha monografía sobre Jorge Luis Borges feita por Jaime Alazraki que consta das seguintes partes:

 Aquí tedes a primeira parte dun documental titulado Jorge Luis Borges vídeos, fotos y más cosas. Ésta é a segunda parte, ésta a terceira, ésta a cuarta, esta a quinta, ésta a sexta, ésta a séptima, ésta a octava, ésta a novena e ésta a décima. Por último, ofrecémosvos unha entrevista co grande escritor tras térselle concedido o premio Cervantes. Ésta é a primeira parte, aquí a segunda, aquí a terceira, aquí a cuarta, aquí a quinta, ésta é a sexta, ésta a séptima, ésta a octava e ésta a novena.

1 comentario

David -

Unha reportaxe moi interesante. Borges foi un home poliédrico, con moitos matices, que como ser humán que é cometeu os seus erros, pero que sen dúbida tivo na súa cabeza unha das mentes máis diáfanas do século XX, chea de referencias culturais e bibliográficas, e cunha imaxinación e visión poética que o deixan a un pasmado. Moi bó traballo o do Club de lectura. Parabéns en clave de sol!