Blogia
bibliochivite

Visita de Julia e Víctor

De Visita de Julia y Víctor

Onte estiveron connosco no club de lectura Julia Rivada e Víctor Rguez para falarnos do conto "Basi e os seus amigos", que creou Julia e está a ilustrar Víctor . Julia, como vos diciamos nun artigo anterior, é profesora de educación infantil e unha vez máis demostrounos que a paixón, a creatividade a riqueza interior... van máis alá de idades, que a aprendizaxe non é unidireccional, que todos podemos compartir con e aprender de todos. Vimos o enorme traballo que se fai na educación infantil (que obra teatral montaron Julia e a súa compañeira Belén cos seus pequenos de cinco anos a partir do conto!!!!!) e como os nenos devolven multiplicado o esforzo e o cariño que se lles adica. GRAZAS Julia, es unha enorme profesional, dun talento incrible.

E para talento, paixón, entrega... a de Víctor. Unha e outra vez déixanos abraiados. Víctor soubo ler con precisión o texto de Julia e darlle ás imaxes o seu toque máxico, único, diferente. GRAZAS por enriquecernos, Víctor.

GRAZAS tamén unha vez máis ós nenos e nenas do club. Un venres pola tarde e aquí estivestes, coma sempre, gozando, sorrindo...

GRAZAS a Teresa Santamaría, tamén profesora de educación infantil, que estivo connosco no club cando este comezaba, hai uns anos, para falarnos doutro fermoso proxecto  (que marabilloso traballo o dos compañeiros de infantil!!!!), o proxecto que rematou coa publicación do conto "A bolboreta Doreta", e que onte tamén nos quixo acompañar e compartir experiencias coa súa compañeira Julia. Se facedes click aquí e aquí accederedes ós artigos que se publicaron no blog cando Teresa nos acompañou na nosa Árbore Vermella.

 Visitade, premendo aquí, o exquisito artigo que David Rguez. Rivada adica no seu blog á visita de Julia. NON VOS PERDADES ESE TEXTO!!!!!!!!!!!!!!

Facede click aquí para ver un vídeo que recolle parte da visita.

2 comentarios

isabel -

Grazas, grazas, grazas, Julia. FOI UN LUXO TERTE CONNOSCO!!!!! Moitíimas grazas tamén ás túas compañeiras!!!! Bicos!!!

Julia -

Compartir con vós profes e alumnado a nosa experiencia,foi unha ledicia.
Grazas por valorar a etapa de infantil,na que tan a gusto me sinto
Compartir con compañeiros/as de secundaria tan maravillosos/as esta experiencia,fai que tamén cambie a idea que se ten con respecto a vós dende infantil

Ogallá tivésemos máis intercambios coma estes

Grazas por todo