Blogia
bibliochivite

O club de lectura na MITEU

O club de lectura na MITEU

O vindeiro xoves, 14 de abril, o club de lectura A árbore vermella xunto co grupo de teatro do IES Taboada Chivite asistirán a unha representación teatral no teatro Principal de Ourense dentro da MITEU. Trátase de Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz, interpretada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela:

Érase unha vez, no ano 1959, nunha vila galega dúas irmás agardaban a chegada da súa sobriña Marina. Así empeza este conto, que non é de princesas nin de perdices, máis ben de mulleres e de gatos.
«Historia de Pura e Angelita» é un conto sobre un país asfixiado pola intolerancia, un pequeno divertimento grotesco que trata de reflexionar sobre unha realidade que, malia a distancia no tempo, se cadra non está tan afastada e aínda se acocha detrás dos mobles, no escuro dos armarios ou na humidade dos faiados das nosas casas.

 

Estamos seguros de que o pasaremos moi, moi, moi ben!!!!!!!

1 comentario

Carla Capeáns -

Alégrame moito volver a ter contacto con vós. Son unha das actrices de "Historia de Pura e Angelita". Moitas gracias por ser un público tan amable e por inculcarlles aos nenos o amor polo teatro.

Un saúdo e un bico forte
Carla Capeáns
http://carlacapeans.blogspot.com