Blogia
bibliochivite

O Club de Lectura e o Grupo de Teatro na MITEU

Make an on-line slide show at www.OneTrueMedia.com

Como vos diciamos nun artigo anterior, o club de lectura A árbore vermella, xunto co grupo de teatro do IES Taboada Chivite asistimos recentemente a unha representación teatral no marco da MITEU. A verdade é que a selección de Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz, interpretada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, foi todo un acerto. Un nivel actoral excelente, unha obra de teatro con "moita miga"..... Pasámolo moi moi ben antes, durante e despois (os nenos estaban encantados e non quixeron marchar sen un autógrafo das actrices protagonistas). A repetir o vindeiro ano!!!!

3 comentarios

Gracia -

Moitísimas grazas pola vosa xenerosidade para connosco e esas palabras que conseguen sacarnos as cores. Saúdos afectuosos

Isabel -

Moitísimas grazas a vós, que nos fixestes gozar cunha obra teatral, cunhas interpretacións impresionantes. O día seguinte os nosos rapaces non paraban de falar do vivido.O ano pasado descubrímosvos con "As Cuñadas", así que xa sabiamos que nos agardaba algo moi moi bo. Agardamos vervos de novo moi pronto. Bicos, graciñas polo comentario e a partir de agora seguiremos o teu blog!!!!!

Carla Capeáns -

Moitas gracias por ser un público tan agradecido!!!
Bicos
Carla Capeáns
http://carlacapeans.blogspot.com