Blogia
bibliochivite

A ÓPERA DOS TRES REÁS

O grupo de ex-profes e ex-alumnos do club de lectura A árbore vermella comeza este curso 2011-2012 asistindo á representación, por parte do Centro Dramático Galego, da Ópera dos tres reás, de Bertolt Brecht en Ourense.

 "A compañía pública galega actualiza o clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill baixo a dirección escénica de Quico Cadaval­—quen asume tamén a dramaturxia— e a dirección musical de Diego García Rodríguez. Luis Tosar, a cara más recoñecida do panorama cinematográfico actual e un dos actores máis solicitados, Marcos Orsi, Muriel Sánchez e César Goldi encabezan o elenco deste drama musical do que tamén forman parte Alba Messa, Víctor Mosqueira, Mónica de Nut, Marta Pazos, Francisco Pérez "Narf", Begoña Santalices e Sergio Zearreta, acompañados en directo polos músicos Suso Alonso, Rui Bandeira, Pablo Castaño, Andrew McNeill, Saúl Puga, David Rodríguez, Adrián Viñas e Vadzim Yukhnevich.

Baseada na peza do dramaturgo inglés John Gay A ópera do mendigo (1728), a obra constitíu o éxito teatral más importante de Brecht. Ás formulaciones escénicas do dramaturgo alemán uniuse unha fascinante partitura composta por Kurt Weill, na que incorporou cabaret, jazz e música culta, aínda que satirizada. Algúns dos seus temas musicais adquiriron grande éxito por si mesmas, como A balada de Mackie o Navalla, Jenny a dos piratas, A canción dos canóns, Barbara song e A balada do bordel que foron inmortalizados por grandes cantantes como Louis Armstrong, Edith Piaff, Nina Hagen, Tom Waits, Ute Lemper, Sting...

Brecht sitúa no Londres dos anos 20 un mundo de delincuencia, crise, prostitución, miseria e abusos, no que o popular delincuente Mackie Messer seduce a filla do rei dos mendigos. Unha voda nunha corte é o detonante dunha carreira vertixinosa en que os mendigos, as prostitutas e a policía comparten protagonismo, audacias e un final sorprendente.

Música e palabra, da man, ofrecen unha obra que busca o goce xunto á reflexión."

0 comentarios