Blogia
bibliochivite

Los Conejos, de Shaun Tan

Open publication - Free publishing - More cnj

Los Conejos é outra desas incribles novelas gráficas coas que nos agasalla o artista australiano Shaun Tan, autor de Emigrantes, A árbore vermella, La Cosa Perdida, títulos que vos resultarán familiares se tedes visitado este blog, no que somos fans de Tan e por eso o compartimos con todos os alumnos que veñen ó club.

Los Conejos, escrita por John Marsden, é en parte unha fábula alegórica sobre a colonización (click aquí e aquí), contada desde o punto de vista dos colonizados. Un narrador invisible describe a chegada de «coellos» con gran detalle, un encontro que ó principio é amistoso e curioso, pero que máis adiante se torna sombrío ata o punto de que parece evidente que os visitantes son, en realidade, invasores. O estilo do libro é deliberadamente escaso e extraño, tanto o texto como a imaxe expresan un sentimento xeral de desconcerto e ansiedade a medida que as criaturas nativas, parecidas a numbats, son testigos dunha devastación medioambiental baixo as engranaxes dunha nova cultura estranxeira.

Comentario sobre Los Conejos por Shaun Tan:

" Os paralelismos cunha historia real de colonización en Australia e arredor do mundo son obvios, e baséanse nunha investigación detallada, a pesar do evidente surrealismo das imaxes e da ausencia de referencias directas. Foi elixido álbum ilustrado do ano polo Consello do libro infantil de Australia, o que en parte xenerou unha certa controversia debido ós temas que se afrontaban, e foi atacado en numerosas ocasións baixo a acusación de ser «propaganda políticamente correcta», aínda que só por parte dos conservadores de dereitas, por suposto. A pesares diso  (ou por iso), o libro seguiu gañando numerosos premios en Australia, os EUA e o Reino Unido, e estúdase amplamente na escola secundaria. Podería parecer que algúns dos meus conceptos e deseños inspiraran de forma non recoñecida unha sección da cerimonia de apertura dos xogos olímpicos de 2000 de Sydney, aínda que xamais puiden descubrir se é certo.
Un primeiro motivo de controversia foi o feito de que Los Conejos fose un álbum ilustrado e, polo tanto, pensado para un público infantil, co que se asumiu erroneamente que pretendía ser didáctico. En realidade concebino orixinalmente para lectores de máis idade, e en xeral creo que non é doade de etiquetar."

0 comentarios