Blogia
bibliochivite

Antón Riveiro Coello

Antón Riveiro Coello

Este curso temos a intención de ler relatos de Antón Riveiro Coello no club de lectura A árbore vermella, en concreto dos seus libros Animalia (" Este libro agrupa relatos nos que a nota dominante é a presenza do estraño e o insólito na experiencia cotiá. Os personaxes que habitan estas narracións non son seres fantásticos nin monstruosos, pero nas súas vidas pode irromper de forma inesperada ese fío íntimo e secreto que une a humanidade co misterioso e o inexplicable. Animalia recibiu, por unanimidade, o Premio Café Dublín de Narrativa 1999." ) e  Casas Baratas ("Un libro que esperta lembranzas a través duns relatos nos que se rescatan historias e emocións inesquecibles. Enfiados por un mesmo narrador e cun escenario común, a vila de Xinzo da Limia en pleno franquismo, os relatos de Casas baratas fan xurdir, con intensidade e humor, gorentosos episodios nos que historia persoal e colectiva se mesturan e enrriquecen mutuamente. Antón Riveiro Coello reconstrúe con mestría todo un mundo de sensacións e vivencias, converte a literatura no único acobillo do home. O autor de As rulas de Bakunin manexa os diferentes rexistros do conto, desde o humor ao dramatismo, pasando polo misterio e a iniciación no amor, sen deixar de sorprender en todo momento. O mundo de Casas baratas é o mundo da infancia e dos inicios da adolescencia. Riveiro Coello nárrao desde os ollos dun rapaz, cunha mirada que no cotiá descobre o misterio e nos sentimentos sinxelos atopa a paixón de vivir. Os contos deste libro reconcíliannos coa realidade, fannos sentir o paso do tempo non coma unha carencia senón coma unha experiencia que enriquece e dá sentido ao vivido. Literatura auténtica escrita desde as emocións que perduran"). Tamén o conto A voz do lago, ilustrado por Rodrigo Chao Blanco ("En setembro de 1927 María Mariño e os seus deixan Noia para ir a vivir a Escarabote, preto do pazo de Goiáns, onde traballa de cociñeira unha parenta súa, herdeira da fortaleza cercana ao Lago do Mar. Irene, unha nena de dez anos, coñece os novos veciños e repara na elegancia de María, quen, amais dos vestidos, cose versos e apaña bolboretas no vento. As dúas fan boas migas e María Mariño decide compartir con Irene un segredo: o misterio dun libro que provoca un murmurio no lago.")

 

Aquí tedes unha autobiografía súa, aquí unha listaxe das súas obras (e ademais é posible acceder a textos seus), aquí vídeos onde aparece o autor, aquí documentos varios.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres