Blogia
bibliochivite

Club de lectura a árbore vermella

Camiños de Amor e Lúa

Camiños de Amor e Lúa

A actividade coa que se pecha o Club de Lectura A árbore vermella por este curso académico é a asistencia dos nosos alumnos a Camiños de Amor e Lúa, recital poético do escritor verinés Xosé Carlos Caneiro (aquí tedes un artigo do club de lectura que inclúe a entrevista que lle fixeron as nosas alumnas de Bacharelato o ano pasado, co gallo da publicación da súa obra Blue Moon). No recital acompáñao á guitarra Xosé Manuel Salgado, tamén de Verín.

Cultivos Transxénicos - Axenda 21

O proxecto Cultivos Transxénicos, do que xa falamos neste blog en diferentes artigos ( Fai click aquí, aquí, aquí , aquí e aquí ), culminou o pasado 20 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Diversos centros de ensino que levan a cabo proxectos vinculados coa Axenda 21 presentamos alí o traballo feito. Os alumnos do IES Taboada Chivite presentaron, ademais do proxecto Cultivos Transxénicos, levado a cabo dende o Club de Lectura A árbore vermella, o proxecto O Río, que traballou o profesor de música David Rguez. Rivada cos seus alumnos de 4º de ESO.

Parabéns a todos os alumnos que participaron e que tan ben o fixeron. Enriba tedes unha presentación de diapositivas feita coas fotos tomadas durante a viaxe, na actuación....

El hombre que plantaba árboles

En la próxima sesión del club de lectura leeremos El hombre que plantaba árboles, el maravilloso relato de Jean Giono. Arriba tenéis la primera parte, ésta es la segunda y aquí está la tercera.

Aquí tenéis un breve texto de Saramago sobre esta obra de Giono y ésta es una frase del autor francés

El hombre que plantaba árboles, un relato lleno de sensibilidad que es un canto al desinterés y a la generosidad y que exalta el enorme valor que hay en un acto tan sencillo como es plantar un árbol.

En una yerma comarca de Provenza, un hombre solitario planta centenares de miles de árboles y transforma en un paraíso lleno de vida lo que antes era una región inhóspita y casi deshabitada. Es la historia de Elzéard Bouffier, un personaje inolvidable por su desinterés, por su enorme generosidad y por dejar huella en la tierra sin anhelar recompensa alguna. Jean Giono, uno de los escritores franceses más importantes del siglo XX, creó el personaje de Bouffier para “hacer que la gente amara a los árboles, para ser más exacto, hacer que amen el plantar árboles”. En su obra alienta una comunión con el silencio mundo de las plantas, que purifica y renueva la tierra que nos rodea, nos reconforta y nos reconcilia.

ARTIGO SOBRE O CLUB DE LECTURA A ÁRBORE VERMELLA

Enriba tedes o artigo-resumo sobre a actividade do club de lectura A árbore vermella ó longo deste curso 2009-2010 que aparecerá publicado na revista da biblioteca escolar do IES Xesús Taboada Chivite.

A NOSA ÁRBORE VERMELLA

No club de lectura xa temos a nosa árbore vermella. Primeiro foi o libro fascinante, logo o proxecto máxico e ilusionante...... o noso nome, o metafórico, o simbólico, o significado.... Por fin, da man do noso compañeiro Javier chegou a árbore vermella de savia e ramas, de follas e tronco. Xa temos a nosa árbore de "carne e óso". Grazas, Javier.

Panel do Club de Lectura - Jorge Luis Borges

Coma sempre, antes de comentar unha nova obra no club de lectura A Árbore Vermella, facemos un panel con imaxes e información. Enriba tedes o que fixemos antes da sesión adicada á obra El Aleph, de Borges.

Actividade do Club de Lectura: Asistencia á obra teatral As Cuñadas

O vindeiro Mércores 21 de abril, no Teatro Principal de Ourense, dentro da 15ª edición da MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario), represéntase a obra As Cuñadas, de Michel Tremblay e o club de lectura A árbore vermella do IES Taboada Chivite de Verín levará a alumn@s de ESO e Bacharelato á representación, da que agardamos gocen moito. Enriba tedes un vídeo con escenas da adaptación feita por Itziar Pascual (dirección de Natalia Menéndez) que se representou en Madrid. Neste caso a compañía é a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela e o adaptador/director é Roberto Salgueiro.

POEMAS E TEXTOS ESCRITOS POLOS ALUMNOS QUE ASISTEN Ó CLUB DE LECTURA

POEMAS E TEXTOS ESCRITOS POLOS ALUMNOS QUE ASISTEN Ó CLUB DE LECTURA

Como xa diciamos nun artigo anterior, a algúns dos alumnos que veñen ó club de lectura A Árbore Vermella gústalles escribir e entrégannos os seus textos, sobre todo poéticos. Neste artigo iremos incluíndo os poemas dos vosos compañeiros.

Un dos alumnos que máis poemas nos entrega é Mario Sergio Miranda, de 4º ESO D. De feito, nun artigo anterior xa vos foi posible ler dous dos seus poemas. AQUÍ tedes moitos máis textos seus, que seguro que vos gustarán. Mario nunca falta ás sesións do club de lectura. Nesta foto podédelo ver o día que nos visitou o poeta Carlos Negro (é o mozo de vermello).

AQUÍ tedes os escritos de Vicky Pérez, de 2º ESO D, que recita, actúa (foi Rosalía de Castro cando celebramos o Día da Muller)...e tamén escribe e comparte connosco moitos dos seus textos.

Tamén podedes ler o poema La Noche, de Irene Rodríguez, de 2º ESO D, quen, ademais de escribir, pinta (prestounos ó club de lectura dous lienzos marabillosos pintados por ela mesma) e colabora nas campañas de lectura (é unha das rapazas que aparece na presentación de diapositivas incrustada  neste artigo , no que se fala da segunda campaña de lectura promovida desde o equipo da biblioteca).

 AQUÍ podedes acceder a algúns poemas escritos por José Manuel Jorge González, de 2º ESO C, alumno que tamén ten colaborado nas campañas de lectura feitas dende a biblioteca do centro. É o alumno que aparece estirado nun banco, lendo, na presentación de onetruemedia, que acompaña este artigo, titulado Campaña de lectura III.

VISITOUNOS CARLOS NEGRO

Despois de ler os seus poemas, ilustralos con debuxos e fotografías tomadas nos pobos do contorno e preparar unha exposición anunciada por todo o centro con camiños de puntos, fragmentos de fotos, etc, hoxe pechamos o círculo coa visita de Carlos Negro.

Un escritor, poeta e docente fabuloso: cercano, sinxelo, moi sensato, artístico, con sentido do humor e unha visión crítica e consciente da realidade que nos rodea, compartiu co Club de lectura unha tarde marabillosa na que nos recitou poemas, fixo acrobacias coas palabras e agasallounos con versos de amor e sugus, ademais dun precioso conto sobre os poetas. Os nosos alumnos terían quedado horas do ben que estaban.

Se fas click AQUÍ accederás á primeira parte do vídeo que se gravou ese día. ESTA é a segunda parte e AQUÍ está a terceira. Moitísimas grazas a Javier Rodríguez, o noso compañeiro do Dpto. de Ciencias, pola gravación, polo traballo posterior co vídeo, por subilo á rede......por todo.

Moitííííííííííííííísimas grazas, Carlos, e volve pronto!

(Moitas grazas a David por este artigo no seu blog)

Cultivos Transxénicos e Makinaria no salón de actos, os corredores e a biblioteca

O que tedes enriba é unha presentación de diapositivas feita con:

- As fotos dos carteis anunciadores da exposición Cultivos Transxénicos da que falabamos en artigos anteriores.

- As  da exposición no salón de actos das fotos feitas en Enfesta e Freande.

- As fotos dos carteis que falan da obra Makinaria e dos que anuncian a visita de Carlos Negro.

- As fotos das pegadas polo chan do insti que levan á biblio e ó salón de actos.

- As fotos dos paneis interior e exterior da biblio sobre Carlos Negro e as súas obras.

- As fotos dos paneis dos corredores nos que están pegados traballos feitos por alumnos de 1º e 2º de ESO despois da lectura de poemas de Cultivos Transxénicos.

-As fotos dos poemas de Cultivos Transxénicos, Makinaria e As laranxas de Alí Babá que "colgan" das estanterías da biblioteca.

JORGE LUIS BORGES. EL ALEPH

Na próxima sesión do club de lectura A árbore vermella coas alumnas de 2º de Bacharelato falaremos de Jorge Luis Borges, concretamente da súa obra El Aleph (Aquí un resumo-reseña). Aquí tedes unha curta moi curta sobre o conto El Aleph, unha curta que revela o máxico e fantástico do imaxinario de Borges. Aquí podedes acceder a un foro de discusión literaria sobre El Aleph. Ésta é unha interpretación do conto El Aleph e aquí tedes unha análise. Esta é unha páxina con enlaces a moitas outras adicadas a Borges. Podedes acceder tamén a unha monografía sobre Jorge Luis Borges feita por Jaime Alazraki que consta das seguintes partes:

 Aquí tedes a primeira parte dun documental titulado Jorge Luis Borges vídeos, fotos y más cosas. Ésta é a segunda parte, ésta a terceira, ésta a cuarta, esta a quinta, ésta a sexta, ésta a séptima, ésta a octava, ésta a novena e ésta a décima. Por último, ofrecémosvos unha entrevista co grande escritor tras térselle concedido o premio Cervantes. Ésta é a primeira parte, aquí a segunda, aquí a terceira, aquí a cuarta, aquí a quinta, ésta é a sexta, ésta a séptima, ésta a octava e ésta a novena.

EXPOSICIÓN CULTIVOS TRANSXÉNICOS

Enriba podedes ver as fotos que están expostas no salón de actos e na biblioteca do noso instituto. Foron feitas por alumnos do noso instituto que asisten ó club de lectura. A exposición leva por título Cultivos transxénicos. Fai click AQUÍ para saber cal foi o proceso que levou a esta exposición. Tamén no salón de actos hai un pendón no que explicamos o porqué da exposición (no pendón aparecen os nomes das fotógrafas mais tamén colaboraron: Noelia, Mario, Míchel, Douglas (1º ESO), Nerea, Andrea, Olaia, Patricia, Jose, Vicky, Cristina (2º ESO), Sandrid (3º ESO), Mario Sergio (4º ESO), Lara, María (2º Bach.)) e alí se proxecta a curtametraxe As almas do Fental.

Moitas grazas ós Departamentos de Ciencias (este é un proxecto coa Axenda 21), Debuxo, Grego, Lingua Castelá e Literatura e Música.

Panel sobre Antonio Muñoz Molina

Enriba tedes unhas fotos do panel sobre Antonio Muñoz Molina que Víctor, profe de plástica, e algúns dos seus alumnos de 4º de ESO fixeron a petición dos membros do club de lectura A Árbore Vermella, que mañá celebrará unha sesión dedicada ó comentario de obra Plenilunio, do mencionado autor.

As Almas do Fental

Traballando no club de lectura A árbore vermella sobre a obra Cultivos Transxénicos, descubrimos, grazas a Manuel, profesor do IES García Barbón de Verín, esta curtametraxe que tedes enriba titulada As Almas do Fental. Trata do derradeiro día dunha aldea de Galiza. Preguntámonos: "Alguén quere atallar a morte do rural?"

Presentación de power-point Makinaria

No artigo inmediatamente anterior a este falabamos do power-point que fixemos no club de lectura A árbore vermella despois de ler o libro de poemas de Carlos Negro Cultivos Transxénicos e de visitar aldeas como Enfesta, próximas a Verín. Diciamos tamén nese artigo que a outra obra do poeta de Lalín que limos foi Makinaria, que fala dunha mocidade desencantada que se deixa levar pola velocidade, as drogas, o alcol... e en moitas ocasións atopa a morte demasiado cedo. Poemas de Makinaria e imaxes alusivas ós textos aparecen na presentación que tedes enriba.

Presentación de power-point Cultivos transxénicos

O 23 de Marzo visitaranos no club de lectura A árbore vermella o poeta Carlos Negro. Os rapaces e rapazas que asisten ó club leron dúas obras súas: Cultivos Transxénicos e Makinaria. A aproximación inicial a estas obras tivo lugar nunha das primeiras sesións do club deste ano (fai click aquí e atoparás información sobre esa sesión e tamén sobre Carlos Negro e estes dous poemarios). Tras a lectura máis en profundidade de Cultivos transxénicos na Biblioteca visitamos pobos cercanos a Verín que están a quedar abandonados e fixemos a presentación de power-point que tedes enriba e que inclúe poemas e fotografías que sacaron os rapaces relacionadas cos textos . Temos pensado facer unha exposición no noso centro antes da visita do autor con máis fotos que non foron incluidas, por falta de espazo, nesta presentación.

A árbore vermella: Poema de Mario Sergio Miranda

Moitos dos alumnos que veñen ó club de lectura escriben poesías. Un dos que nos entrega con asiduidade poemas feitos por el mesmo é Mario Sergio Miranda.

Enriba tedes a presentación na que el inclúe o seu poema "A árbore vermella". Facendo click aquí  accederedes a Corpus Mortis Libera Animam.

 

ZAMPÓN O LAMBÓN

O pasado venres 22 de xaneiro ás 21:30 no Salón Teatro de Lalín a compañía Fantoches Baj representou a obra Zampón o Lambón (ver noticia aquí). O texto foi escrito por Carlos Negro, o autor sobre cuxas obras Cultivos Transxénicos e Makinaria estamos a traballar no club de lectura A Árbore Vermella e que nos visitará o próximo 24 de marzo.

 

Panel A miña planta de laranxa lima

Enriba tedes o panel exposto na parte exterior da Biblioteca días antes da sesión inicial do club de lectura adicada á a obra de José Mauro de Vasconcelos. Neste outro artigo tedes máis información.

PINTORAS

Nun artigo anterior,dedicado á presentación no club de lectura A Árbore Vermella do libro A miña planta de laranxa lima, falabamos da pintora brasileira Tarsila do Amaral. Despois de que varios dos profes que asistimos ao club de lectura tivesemos a oportunidade de ver unha exposición  na Casa das Artes de Vigo de parte da obra da pintora Maruja Mallo, decidimos falarlles tamén aos alumnos que veñen ao club desta artista galega (arriba tedes un video onde se amosan moitos dos seus cadros) e de outras dúas pintoras cuxa obra estivo non hai moito exposta en Vigo e Santiago de Compostela, respectivamente: a polaca Tamara de Lempicka e a mexicana Frida Kahlo.

Aquí tedes un video onde a propia Maruja Mallo fala de como xurdiu unha das súas obras e aquí un artigo sobre ela no suplemento Nós,do Xornal de Galicia.

 Aquí tedes un video (noticias en TVE) no que se fala da obra de Tamara de Lempicka exposta en Vigo, facendo click aquí accederedes a outro no que veredes moitas das súas obras e aquí tedes o artigo "Un paseo pola comprometida vida de Tamara de Lempicka".

 Clickeando aquí chegaredes a unha pinacoteca virtual con 51 obras de Frida Kahlo e aquí tedes un breve documental sobre ela.