Blogia

bibliochivite

Cultivos Transxénicos e Makinaria no salón de actos, os corredores e a biblioteca

O que tedes enriba é unha presentación de diapositivas feita con:

- As fotos dos carteis anunciadores da exposición Cultivos Transxénicos da que falabamos en artigos anteriores.

- As  da exposición no salón de actos das fotos feitas en Enfesta e Freande.

- As fotos dos carteis que falan da obra Makinaria e dos que anuncian a visita de Carlos Negro.

- As fotos das pegadas polo chan do insti que levan á biblio e ó salón de actos.

- As fotos dos paneis interior e exterior da biblio sobre Carlos Negro e as súas obras.

- As fotos dos paneis dos corredores nos que están pegados traballos feitos por alumnos de 1º e 2º de ESO despois da lectura de poemas de Cultivos Transxénicos.

-As fotos dos poemas de Cultivos Transxénicos, Makinaria e As laranxas de Alí Babá que "colgan" das estanterías da biblioteca.

JORGE LUIS BORGES. EL ALEPH

Na próxima sesión do club de lectura A árbore vermella coas alumnas de 2º de Bacharelato falaremos de Jorge Luis Borges, concretamente da súa obra El Aleph (Aquí un resumo-reseña). Aquí tedes unha curta moi curta sobre o conto El Aleph, unha curta que revela o máxico e fantástico do imaxinario de Borges. Aquí podedes acceder a un foro de discusión literaria sobre El Aleph. Ésta é unha interpretación do conto El Aleph e aquí tedes unha análise. Esta é unha páxina con enlaces a moitas outras adicadas a Borges. Podedes acceder tamén a unha monografía sobre Jorge Luis Borges feita por Jaime Alazraki que consta das seguintes partes:

 Aquí tedes a primeira parte dun documental titulado Jorge Luis Borges vídeos, fotos y más cosas. Ésta é a segunda parte, ésta a terceira, ésta a cuarta, esta a quinta, ésta a sexta, ésta a séptima, ésta a octava, ésta a novena e ésta a décima. Por último, ofrecémosvos unha entrevista co grande escritor tras térselle concedido o premio Cervantes. Ésta é a primeira parte, aquí a segunda, aquí a terceira, aquí a cuarta, aquí a quinta, ésta é a sexta, ésta a séptima, ésta a octava e ésta a novena.

CONCURSO DE HAIKUS

CONCURSO DE HAIKUS

O equipo da Biblioteca do IES Taboada Chivite de Verín convoca a todos os alumnos que o desexen a participar nun concurso de Haikus. Teriades que presentalos  antes do día do libro (23 de Abril). A data límite sería o luns 19 de Abril. Neste enlace tedes a explicación de que é un haiku e se facedes click aquí e aquí accederedes a varios exemplos.

BOLETÍN DA BIBLIOTECA - SEMANA SANTA

Boletin 6 Lazaro 2010

Enriba tedes o novo boletín da Biblioteca Escolar do IES Taboada Chivite, A Biblio en Marcha. Agardamos que as nosas suxestións sexan do voso agrado, atractivas e interesantes.

Fallece Miguel Delibes

Ha muerto Miguel Delibes, maravilloso escritor al que desde el equipo de la biblioteca del IES Taboada Chivite de Verín y desde los clubs de lectura queremos rendirle nuestro pequeño homenaje. Aquí tenéis la biografía de este gran novelista, multipremiado, cazador mas amante de la fauna y flora, enamorado de su Castilla... Haciendo click aquí accederéis a un vídeo en el que Delibes se define como un tipo irónico y socarrón, poco hábil para la música y el dibujo y apasionado del póker. También habla con cierta amargura sobre cómo la televisión ha sustituido a la figura del abuelo como contador de historias. Desde esa página es posible acceder a otros vídeos en los que aparece el autor de Los santos inocentes, El camino, Cinco horas con Mario, El hereje...  Éste es un vídeo más extenso, una entrevista con motivo de la concesión a Delibes de un premio a los valores humanos.  Aquí tenéis, dentro de la web del Centro virtual Cervantes (el Cervantes fue uno de los muchos galardones que recibió Delibes), una "exposición sobre la vida y la obra de Miguel Delibes (Valladolid, 1920-2010), sin duda uno de los narradores españoles contemporáneos más apreciados, no sólo por el indiscutible valor de su obra, sino también porque él mismo encarna una postura ética que se concreta en la práctica en un humanismo ligado a las virtudes de la tierra." Desde esa página podéis acceder a fragmentos escritos por Miguel Delibes.

EXPOSICIÓN CULTIVOS TRANSXÉNICOS

Enriba podedes ver as fotos que están expostas no salón de actos e na biblioteca do noso instituto. Foron feitas por alumnos do noso instituto que asisten ó club de lectura. A exposición leva por título Cultivos transxénicos. Fai click AQUÍ para saber cal foi o proceso que levou a esta exposición. Tamén no salón de actos hai un pendón no que explicamos o porqué da exposición (no pendón aparecen os nomes das fotógrafas mais tamén colaboraron: Noelia, Mario, Míchel, Douglas (1º ESO), Nerea, Andrea, Olaia, Patricia, Jose, Vicky, Cristina (2º ESO), Sandrid (3º ESO), Mario Sergio (4º ESO), Lara, María (2º Bach.)) e alí se proxecta a curtametraxe As almas do Fental.

Moitas grazas ós Departamentos de Ciencias (este é un proxecto coa Axenda 21), Debuxo, Grego, Lingua Castelá e Literatura e Música.

Panel sobre Antonio Muñoz Molina

Enriba tedes unhas fotos do panel sobre Antonio Muñoz Molina que Víctor, profe de plástica, e algúns dos seus alumnos de 4º de ESO fixeron a petición dos membros do club de lectura A Árbore Vermella, que mañá celebrará unha sesión dedicada ó comentario de obra Plenilunio, do mencionado autor.

8 de Marzo Día Internacional da MullerTraballadora

A profesora de filosofía Virginia Calviño, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do seu centro, o IES Ribeira do Louro de Porriño, leva anos organizando, cada 8 de Marzo, unha moi interesante actividade co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora. Alumnas de varios cursos asumen o papel de mulleres sobranceiras para explicar os seus logros en diversos eidos: Literatura, Medicina, Pintura, Física e Química, Matemáticas...

A actividade resulta un xeito excelente de reivindicar o extraordinario labor desenvolvido por estas mulleres, que en moitos casos tiveron que loitar contra a misoxinia da época e que ás veces ademais foron ignoradas polo público en xeral debido ao predominio dunha historiografía con tintes machistas. 

 Virginia Calviño, que traballou no noso centro hai anos e xa preparou daquela  esta representación (aínda que co paso do tempo, aumentou o número de mulleres cuxas vidas serviron de base ós textos representados polas alumnas)  deixounos ós membros do equipo da biblioteca do IES Taboada Chivite os textos que foi preparando ó longo do tempo (últimamente, como xa dixemos, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística do seu centro) e tamén imaxes das rapazas que deron vida a estas importantes mulleres. Grazas ó seu traballo este ano no Taboada Chivite celebraremos o 8 de Marzo dando a coñecer a todos os nosos alumnos de ESO a Safo, Trótula de Salerno, Ada Byron, Rosalía de Castro, Marie Curie e Frida Kahlo.

No salón de actos xuntaranse  a 2ª, 3ª, 4ª e 6ª horas, os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, durante as súas titorías, para ver e escoitar as súas compañeiras de 3º ESO D e 2º ESO D, que sairán a escena acompañadas por unha presentación de power-point. Despois da súa actuación proxectaremos un documental (Conta con elas) sobre mulleres galegas que desempeñan traballos tradicionalmente masculinos: electricistas, albaneis, empresarias... Un documental polo que tamén damos as grazas a Virginia Calviño, que nos falou del e proporcionóunolo.

 Facendo click no nome de cada muller accederedes ós textos que as nosas alumnas van interpretar:

Safo (Jeanette Martínez 3º ESO D), Trótula de Salerno (Sara Vizcaya 3º ESO D),  Ada Byron (Nerea Rivero 3º ESO D), Rosalía de Castro (Vicky Pérez 2º ESO D), Marie Curie (Laura Jardón 3º ESO D), Frida Kahlo (Laura Rúa 3º ESO D).

Por outra banda, estarán expostos na biblioteca textos escritos polos alumnos do centro baixo o título Mulleres con mérito e sen fama (fai click aquí e aquí). Nestes textos os rapaces e rapazas fálannos da vida, ás veces dura, abnegada e sen recoñecemento das súas nais, avoas, bisaboas...

Tamén estará colgado un mural titulado As mulleres galegas de onte e de hoxe ( fai click aquí e aquí). A través del o noso alumnado poderá coñecer importantes figuras femininas, moitas delas esquecidas, como: Andrea López Chao, Clara Corral Aller, Olimpia Valencia, María Pita, Hildegart Rodríguez, Maruja Mallo, Francisca Álvarez, María Luz Morales, María Castaña, A bella Otero.

Outro mural, en forma de pendón, elaborado por Daniel, do Departamento de Grego, réndelle homenaxe a Irene Sendler, unha muller valente e comprometida que salvou a 2500 bebés xudeus da morte a mans dos nazis. 

O xoves 11 de Marzo proxectaráse a película Ágora (tedes o tráiler na parte superior), de Alejandro Amenábar, sobre a vida de Hipatia de Alejandría, no salón de actos do instituto . Animámosvos a todos e a todas a vir vela. Seguro que vos gustará.

As Almas do Fental

Traballando no club de lectura A árbore vermella sobre a obra Cultivos Transxénicos, descubrimos, grazas a Manuel, profesor do IES García Barbón de Verín, esta curtametraxe que tedes enriba titulada As Almas do Fental. Trata do derradeiro día dunha aldea de Galiza. Preguntámonos: "Alguén quere atallar a morte do rural?"

Presentación de power-point Makinaria

No artigo inmediatamente anterior a este falabamos do power-point que fixemos no club de lectura A árbore vermella despois de ler o libro de poemas de Carlos Negro Cultivos Transxénicos e de visitar aldeas como Enfesta, próximas a Verín. Diciamos tamén nese artigo que a outra obra do poeta de Lalín que limos foi Makinaria, que fala dunha mocidade desencantada que se deixa levar pola velocidade, as drogas, o alcol... e en moitas ocasións atopa a morte demasiado cedo. Poemas de Makinaria e imaxes alusivas ós textos aparecen na presentación que tedes enriba.

Presentación de power-point Cultivos transxénicos

O 23 de Marzo visitaranos no club de lectura A árbore vermella o poeta Carlos Negro. Os rapaces e rapazas que asisten ó club leron dúas obras súas: Cultivos Transxénicos e Makinaria. A aproximación inicial a estas obras tivo lugar nunha das primeiras sesións do club deste ano (fai click aquí e atoparás información sobre esa sesión e tamén sobre Carlos Negro e estes dous poemarios). Tras a lectura máis en profundidade de Cultivos transxénicos na Biblioteca visitamos pobos cercanos a Verín que están a quedar abandonados e fixemos a presentación de power-point que tedes enriba e que inclúe poemas e fotografías que sacaron os rapaces relacionadas cos textos . Temos pensado facer unha exposición no noso centro antes da visita do autor con máis fotos que non foron incluidas, por falta de espazo, nesta presentación.

Sesión do club de lectura de profes: La elegancia del erizo

Hoxe tivemos unha nova sesión do club de lectura de profes na Biblioteca do IES Taboada Chivite de Verín. Comentamos a obra La elegancia del erizo, da francesa Muriel Barbery. O noso punto de partida foi este artigo do noso compañeiro David, profe de música e tamén membro do club de lectura de profesores. Enriba tedes un tráiler da película El erizo, baseada nesta obra. O club reunirase novamente en Abril, despois de ler Caín, de Saramago La puta de Babilonia, de Fernando Vallejo.

A árbore vermella: Poema de Mario Sergio Miranda

Moitos dos alumnos que veñen ó club de lectura escriben poesías. Un dos que nos entrega con asiduidade poemas feitos por el mesmo é Mario Sergio Miranda.

Enriba tedes a presentación na que el inclúe o seu poema "A árbore vermella". Facendo click aquí  accederedes a Corpus Mortis Libera Animam.

 

ZAMPÓN O LAMBÓN

Zampón o Lambón en pdf

O pasado venres 22 de xaneiro ás 21:30 no Salón Teatro de Lalín a compañía Fantoches Baj representou a obra Zampón o Lambón (ver noticia aquí). O texto foi escrito por Carlos Negro, o autor sobre cuxas obras Cultivos Transxénicos e Makinaria estamos a traballar no club de lectura A Árbore Vermella e que nos visitará o próximo 24 de marzo.

 

Panel A miña planta de laranxa lima

Enriba tedes o panel exposto na parte exterior da Biblioteca días antes da sesión inicial do club de lectura adicada á a obra de José Mauro de Vasconcelos. Neste outro artigo tedes máis información.

PINTORAS

Nun artigo anterior,dedicado á presentación no club de lectura A Árbore Vermella do libro A miña planta de laranxa lima, falabamos da pintora brasileira Tarsila do Amaral. Despois de que varios dos profes que asistimos ao club de lectura tivesemos a oportunidade de ver unha exposición  na Casa das Artes de Vigo de parte da obra da pintora Maruja Mallo, decidimos falarlles tamén aos alumnos que veñen ao club desta artista galega (arriba tedes un video onde se amosan moitos dos seus cadros) e de outras dúas pintoras cuxa obra estivo non hai moito exposta en Vigo e Santiago de Compostela, respectivamente: a polaca Tamara de Lempicka e a mexicana Frida Kahlo.

Aquí tedes un video onde a propia Maruja Mallo fala de como xurdiu unha das súas obras e aquí un artigo sobre ela no suplemento Nós,do Xornal de Galicia.

 Aquí tedes un video (noticias en TVE) no que se fala da obra de Tamara de Lempicka exposta en Vigo, facendo click aquí accederedes a outro no que veredes moitas das súas obras e aquí tedes o artigo "Un paseo pola comprometida vida de Tamara de Lempicka".

 Clickeando aquí chegaredes a unha pinacoteca virtual con 51 obras de Frida Kahlo e aquí tedes un breve documental sobre ela.

 

TOCAR E LOITAR

TOCAR E LOITAR

Tocar e loitar é o título dun documental que veremos no club de lectura A árbore vermella. Aquí tedes un artigo feito por David no que se nos fala das orquestras infantís de música de Venezuela.

Club de lectura: Butterfly circus (O circo da bolboreta)

Club de lectura: Butterfly circus (O circo da bolboreta)

En próximas sesións do Club de lectura, veremos a curtametraxe The Butterfly Circus (O circo da bolboreta, 2009), na que se nos sensibiliza coa vida dun home sen extremidades nun circo. O profesor de Música David Rodriguez Rivada dedicoulle este artigo no seu blog. Ademais, tamén escribiu este outro, que é moi interesante.

Boletín da Biblioteca- Nadal 2009

Boletin 5 Nadal 2009

Enriba tedes o novo boletín da biblioteca do noso instituto, con información sobre libros, películas, os clubs de lectura.......

PLENILUNIO

PLENILUNIO

A próxima novela que comentaremos coas lectoras de 2º de Bacharelato é Plenilunio, de Antonio Muñoz Molina. Facendo click aquí  e aquí atoparedes información sobre o autor, aquí reportaxes escritas por el na prensa e aquí  e aquí reseñas sobre esta obra literaria. Ademais tedes un fragmento da película baseada nesta novela e unha breve entrevista co autor a raíz da presentación de outra obra súa, El viento de la luna. Por último, facendo click aquí, veredes un video no que Ángel Loureiro, profesor na universidade norteamericana de Princeton, presenta a obra do escritor Antonio Muñoz Molina na terceira xornada da III Cita Internacional da literatura en español, celebrada en Santillana del Mar, no marco da UIMP (Universidade Internacional Menéndez Pelayo).