Blogia

bibliochivite

EL MONSTRUO DEL LAGO SOLEDAD

Comeza un novo curso no club de lectura A árbore vermella. En tres artigos de xuño do ano pasado xa avanzabamos actividades que formarían parte dos encontros do curso 2010-2011: Lectura de Abelcebú, de Carlos Negro, de El coleccionista de momentos de Quint Buchholz, e sesións dedicadas a Saramago. Tras a primeira sesión deste ano, na que proxectaremos unha presentación-resumo do feito o ano pasado e leremos textos escritos por alumnos e profesores, unha das primeiras sesións xirará en torno ó precioso álbum El monstruo del lago soledad, de José Orna (este é o seu blog, "Mi refugio"). Ás coordinadoras parécenos unha obra que merece moitísimo a pena. Agardamos que a vós tamén, especialmente cando a vexades ó tempo que David Rguez. Rivada, profe de música, acompaña en vivo as imaxes ó piano.

IMAXES MÁXICAS: QUINT BUCHHOLZ

IMAXES MÁXICAS: QUINT BUCHHOLZ

Recentemente a coordinadora en colaboradoras de A árbore vermella asistimos en Santiago a unha xuntanza de clubs de lectura de Galicia onde unha das ponentes, Ana Mª Margallo, profesora da Universitat Autónoma de Barcelona, na súa brillante intervención, descubriunos textos e creadores marabillosos, dos que tomamos nota. Un deles é Quint Buchholz, artista incrible, cuxa fascinante obra El coleccionista de momentos está xa nas nosas mans e será un must, como se di en inglés, o vindeiro ano no club. Aquí tedes unha breve reseña biográfica sobre o artista e na súa páxina podemos ver algunha das súas creacións (aquí máis). Aquí e aquí tedes vídeos feitos coas súas obras. Que vos parecen? Que trae ó voso pensamento a maxia das súas imáxenes?

SARAMAGO, ATA SEMPRE.

Esta semana faleceu o noso querido e admirado José Saramago, ese marabilloso escritor, ese ser humano comprometido,  e queremos adicarlle, como pequena homenaxe, este artigo, a través do cal pretendemos acercar este grandísimo home e escritor ó noso alumnado. O club de lectura A árbore vermella xa rematou, así que a primeira sesión do vindeiro ano estará adicada a José Saramago e rematará cun fado (aquí tedes a letra), o que cantaron a dúo Mariza e Miguel Poveda para conmemorar a entrada de España e Portugal (Saramago naceu en Portugal e pasou boa parte da súa vida en Lanzarote, onde serán esparexidas parte das súas cinzas)  na Comunidade Económica Europoea hai 25 anos.

Aquí tedes un vídeo, emitido en Informe Semanal, titulado El viaje de Saramago.

En rtve.es temos un especial, con vídeos e cortes radiofónicos, sobre o escritor portugués.

Este é un especial de El País titulado: Saramago, el hombre que nunca se escondió, que inclúe as seguintes seccións:

- SU VIDA           - SU OBRA           - SU PENSAMIENTO        

 - IN MEMÓRIAM            - ENTREVISTAS            - FOTOGALERÍA

Este é un blog adicado a Saramago, con textos do Premio Nóbel portugués e vídeos nos que aparece.

Aquí tedes citas de Saramago que nos dan unha clara visión de Saramago home.

Este é o blog de Saramago.

Neste vídeo podedes ver unha reflexión súa. Este é o seu conto A flor máis grande do mundo. Este outro vídeo leva por título Saramago.

 Este é El cuento de la isla desconocida, que leremos no club.

 

A ÁRBORE VERMELLA PENSANDO XA NO VINDEIRO ANO: ABELCEBÚ, DE CARLOS NEGRO

A ÁRBORE VERMELLA PENSANDO XA NO VINDEIRO ANO: ABELCEBÚ, DE CARLOS NEGRO

Carlos Negro (aquí tedes o artigo que lle dedicou David Rguez Rivada no seu blog despois da visita que o escritor fixo ó noso centro) ven de publicar unha nova obra. Non se trata agora dun poemario como Cultivos Transxénicos, Makinaria.... que lemos este curso no club. Abelcebú é unha compilación de definicións, cheas de retranca, que nos fará pasalo moi ben o vindeiro ano no club de lectura A árbore vermella.

MEMORIA DO CLUB DE LECTURA CURSO 2009-2010

MEMORIA CLUB DE LECTURA A ÁRBORE VERMELLA IES Taboada Chivite 2010

Enriba tedes a memoria que o club de lectura do IES Taboada Chivite de Verín presenta á Consellería.

PRESENTACIÓN RESUMO DA ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA A ÁRBORE VERMELLA NO CURSO 2009-2010

Enriba tedes unha presentación que utilizamos na derradeira sesión do Club de lectura A árbore vermella para resumir o feito ó longo de todo o curso. Moitas grazas a todos os alumnos polos seus fermosos textos, cun bico especial, moi forte, para as nosas alumnas de 2º de Bacharelato, que o vindeiro ano deixan o centro mais sempre estarán connosco no club (que texto tan incrible, Lara!!!!!!!!!!). Moitas grazas tamén a todos os profes: Javi, Víctor, Javier, David...... David, grazas pola túa presentación emocionante e o soneto que nos adicas.

Feliz verán!!!!!!

BOLETÍN DA BIBLIOTECA - VERÁN 2010

Boletín verán 2010

Enriba tedes o derradeiro boletín publicado polo Equipo da Biblioteca neste curso 2009-2010, cheo de recomendacións de libros, películas, información e pasatempos.

DERRADEIRA CAMPAÑA DE LECTURA DO CURSO 2009-2010 (CAMPAÑA DE VERÁN)

As obras escollidas polo Equipo da Biblioteca para a súa derradeira campaña de lectura, libros para que os alumnos lean no verán, foron o poemario Makinaria, de Carlos Negro, e Pollo con ciruelas, banda deseñada de Marjane Satrapi. Elaboramos uns "sobres" de cartulina que gardaban no seu interior páxinas das obras mencionadas para que os alumnos as collesen. Estes "sobres" estiveron pendurados en diversos lugares do centro, como podedes ver na presentación de diapositivas que tedes enriba.

Camiños de Amor e Lúa

Camiños de Amor e Lúa

A actividade coa que se pecha o Club de Lectura A árbore vermella por este curso académico é a asistencia dos nosos alumnos a Camiños de Amor e Lúa, recital poético do escritor verinés Xosé Carlos Caneiro (aquí tedes un artigo do club de lectura que inclúe a entrevista que lle fixeron as nosas alumnas de Bacharelato o ano pasado, co gallo da publicación da súa obra Blue Moon). No recital acompáñao á guitarra Xosé Manuel Salgado, tamén de Verín.

Cultivos Transxénicos - Axenda 21

O proxecto Cultivos Transxénicos, do que xa falamos neste blog en diferentes artigos ( Fai click aquí, aquí, aquí , aquí e aquí ), culminou o pasado 20 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Diversos centros de ensino que levan a cabo proxectos vinculados coa Axenda 21 presentamos alí o traballo feito. Os alumnos do IES Taboada Chivite presentaron, ademais do proxecto Cultivos Transxénicos, levado a cabo dende o Club de Lectura A árbore vermella, o proxecto O Río, que traballou o profesor de música David Rguez. Rivada cos seus alumnos de 4º de ESO.

Parabéns a todos os alumnos que participaron e que tan ben o fixeron. Enriba tedes unha presentación de diapositivas feita coas fotos tomadas durante a viaxe, na actuación....

El hombre que plantaba árboles

En la próxima sesión del club de lectura leeremos El hombre que plantaba árboles, el maravilloso relato de Jean Giono. Arriba tenéis la primera parte, ésta es la segunda y aquí está la tercera.

Aquí tenéis un breve texto de Saramago sobre esta obra de Giono y ésta es una frase del autor francés

El hombre que plantaba árboles, un relato lleno de sensibilidad que es un canto al desinterés y a la generosidad y que exalta el enorme valor que hay en un acto tan sencillo como es plantar un árbol.

En una yerma comarca de Provenza, un hombre solitario planta centenares de miles de árboles y transforma en un paraíso lleno de vida lo que antes era una región inhóspita y casi deshabitada. Es la historia de Elzéard Bouffier, un personaje inolvidable por su desinterés, por su enorme generosidad y por dejar huella en la tierra sin anhelar recompensa alguna. Jean Giono, uno de los escritores franceses más importantes del siglo XX, creó el personaje de Bouffier para “hacer que la gente amara a los árboles, para ser más exacto, hacer que amen el plantar árboles”. En su obra alienta una comunión con el silencio mundo de las plantas, que purifica y renueva la tierra que nos rodea, nos reconforta y nos reconcilia.

ARTIGO SOBRE O CLUB DE LECTURA A ÁRBORE VERMELLA

Artigo Sobre o Club de Lectura Para a Revista Da Biblioteca

Enriba tedes o artigo-resumo sobre a actividade do club de lectura A árbore vermella ó longo deste curso 2009-2010 que aparecerá publicado na revista da biblioteca escolar do IES Xesús Taboada Chivite.

HAIKUS GAÑADORES

Se facedes click aquí accederedes ós haikus que gañaron o concurso que dende o equipo da biblioteca se convocou co gallo do Día do Libro. Houbo dous gañadores por ciclo de ESO e un gañador en Bacharelato dado que só participaron alumnos de 1º de Bacharelato.Os gañadores foron:

Miguel Franco Álvarez (1º ESOB) - Andrea Estévez Danta (2º ESO A) - Pablo Rodríguez González (3º ESO D) - Alberto Cabido García (4º ESO A) - Ana Alonso Regueiro (1º Bacharelato B)

A NOSA ÁRBORE VERMELLA

No club de lectura xa temos a nosa árbore vermella. Primeiro foi o libro fascinante, logo o proxecto máxico e ilusionante...... o noso nome, o metafórico, o simbólico, o significado.... Por fin, da man do noso compañeiro Javier chegou a árbore vermella de savia e ramas, de follas e tronco. Xa temos a nosa árbore de "carne e óso". Grazas, Javier.

Panel do Club de Lectura - Jorge Luis Borges

Coma sempre, antes de comentar unha nova obra no club de lectura A Árbore Vermella, facemos un panel con imaxes e información. Enriba tedes o que fixemos antes da sesión adicada á obra El Aleph, de Borges.

CONCURSO DE HAIKU-FOTOS

Nun artigo anterior falabamos dunha actividade proposta dende o equipo da biblioteca co gallo de Día do Libro: Un concurso de haiku. Enriba tedes fotos de moitos dos haiku elaborados polos nosos alumnos. Máis adiante publicaremos os gañadores.

Actividade do Club de Lectura: Asistencia á obra teatral As Cuñadas

O vindeiro Mércores 21 de abril, no Teatro Principal de Ourense, dentro da 15ª edición da MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario), represéntase a obra As Cuñadas, de Michel Tremblay e o club de lectura A árbore vermella do IES Taboada Chivite de Verín levará a alumn@s de ESO e Bacharelato á representación, da que agardamos gocen moito. Enriba tedes un vídeo con escenas da adaptación feita por Itziar Pascual (dirección de Natalia Menéndez) que se representou en Madrid. Neste caso a compañía é a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela e o adaptador/director é Roberto Salgueiro.

NOVA CAMPAÑA DE LECTURA

Dende o equipo da biblioteca do IES Taboada Chivite lanzamos hoxe unha nova campaña de lectura. Por unha banda pegáronse polo centro carteis que animaban a ler obras de Uxío Novoneyra ( a quen se adica o Día das Letras Galegas este ano) e de Miguel Delibes (nunha pequena homenaxe ó autor, recentemente falecido). Por outra banda, alumnos de 2º de ESO sentaron ó redor dunha mesa camilla que se instalou na entrada do centro lendo obras de Delibes e Novoneyra. Esta segunda actividade repetirase o vindeiro xoves. Tedes fotografías tanto da lectura en torno á mesa camilla coma dos carteis enriba.

POEMAS E TEXTOS ESCRITOS POLOS ALUMNOS QUE ASISTEN Ó CLUB DE LECTURA

POEMAS E TEXTOS ESCRITOS POLOS ALUMNOS QUE ASISTEN Ó CLUB DE LECTURA

Como xa diciamos nun artigo anterior, a algúns dos alumnos que veñen ó club de lectura A Árbore Vermella gústalles escribir e entrégannos os seus textos, sobre todo poéticos. Neste artigo iremos incluíndo os poemas dos vosos compañeiros.

Un dos alumnos que máis poemas nos entrega é Mario Sergio Miranda, de 4º ESO D. De feito, nun artigo anterior xa vos foi posible ler dous dos seus poemas. AQUÍ tedes moitos máis textos seus, que seguro que vos gustarán. Mario nunca falta ás sesións do club de lectura. Nesta foto podédelo ver o día que nos visitou o poeta Carlos Negro (é o mozo de vermello).

AQUÍ tedes os escritos de Vicky Pérez, de 2º ESO D, que recita, actúa (foi Rosalía de Castro cando celebramos o Día da Muller)...e tamén escribe e comparte connosco moitos dos seus textos.

Tamén podedes ler o poema La Noche, de Irene Rodríguez, de 2º ESO D, quen, ademais de escribir, pinta (prestounos ó club de lectura dous lienzos marabillosos pintados por ela mesma) e colabora nas campañas de lectura (é unha das rapazas que aparece na presentación de diapositivas incrustada  neste artigo , no que se fala da segunda campaña de lectura promovida desde o equipo da biblioteca).

 AQUÍ podedes acceder a algúns poemas escritos por José Manuel Jorge González, de 2º ESO C, alumno que tamén ten colaborado nas campañas de lectura feitas dende a biblioteca do centro. É o alumno que aparece estirado nun banco, lendo, na presentación de onetruemedia, que acompaña este artigo, titulado Campaña de lectura III.

VISITOUNOS CARLOS NEGRO

Despois de ler os seus poemas, ilustralos con debuxos e fotografías tomadas nos pobos do contorno e preparar unha exposición anunciada por todo o centro con camiños de puntos, fragmentos de fotos, etc, hoxe pechamos o círculo coa visita de Carlos Negro.

Un escritor, poeta e docente fabuloso: cercano, sinxelo, moi sensato, artístico, con sentido do humor e unha visión crítica e consciente da realidade que nos rodea, compartiu co Club de lectura unha tarde marabillosa na que nos recitou poemas, fixo acrobacias coas palabras e agasallounos con versos de amor e sugus, ademais dun precioso conto sobre os poetas. Os nosos alumnos terían quedado horas do ben que estaban.

Se fas click AQUÍ accederás á primeira parte do vídeo que se gravou ese día. ESTA é a segunda parte e AQUÍ está a terceira. Moitísimas grazas a Javier Rodríguez, o noso compañeiro do Dpto. de Ciencias, pola gravación, polo traballo posterior co vídeo, por subilo á rede......por todo.

Moitííííííííííííííísimas grazas, Carlos, e volve pronto!

(Moitas grazas a David por este artigo no seu blog)