Blogia

bibliochivite

Concurso "Adiviña quen é" - 3ª edición

Concurso "Adiviña quen é"  - 3ª edición

Atréveste a participar nunha nova edición  do concurso ADIVIÑA QUEN É  e descubrir a identidade desta figura misteriosa?(Este foi o resultado da 2ª edición e este o da primeira).

Fai click aquí.

Se acertas a identidade do personaxe participarás no sorteo dun agasallo.  

Envía unha mensaxe co teu nome e apelidos, o teu curso e grupo, o nome do teu instituto (Ribeira do Louro ou Taboada Chivite)(o nome do instituto debe aparecer en asunto) e, por suposto, o nome da figura misteriosa, ó seguinte enderezo:

ribeirachivite@gmail.com

O agasallo sortearase entre as respostas correctas recibidas entre o 11 de Marzo e o 29 de Abril.

"Fucsia, talladas, estampados, boca" no río

"Fucsia, talladas, estampados, boca" no río

Primeiro foi a lectura de Fucsia, talladas, estampados, boca, de Celso Fernández Sanmartín (fai click aquí e aquí). Logo os deseños. Onte cos nosos deseños xa convertidos en prendas reais, unha sesión de fotos, vídeos e lectura de poemas no río....Participamos, non só o club de lectura, senón tamén os alumnos de plástica e deseño gráfico dixital de Víctor, que viviron todo o proceso. Houbo risas, versos, auga, camiño....

Click aquí para ver as fotografías e os vídeos.

"La noche estrellada", de Jimmy Liao, na Árbore Vermella

Esta semana leremos/veremos unha das obras máis fermosas do incrible artista que é Jimmy Liao. Facendo click aquí iredes ó artigo que sobre esta obra e outros álbumes publicamos neste mesmo blog. 

Presentación de "Abelcebú", de Carlos Negro, en Aira das Letras

Presentación de "Abelcebú", de Carlos Negro, en Aira das Letras

En artigos anteriores falabámosvos de Abelcebú, a última obra de Carlos Negro (fai click tamén aquí). Recentemente un grupo de profesores e alumnos de A árbore vermella tivemos a oportunidade de asistir á presentación deste diccionario do demo na libraría Aira das Letras e....que ben o pasamos!!!! Houbo moitas palabras, definicións do máis curioso feitas por Carlos Negro e polos asistentes, noticias con sorna, pan, licor café, chourizo....

Moitas grazas, Carlos.

Obras de Shaun Tan no club de lectura

Hoxe os nenos e nenas que viñeron ó club de lectura gozaron motísimo con dúas obras de Shaun Tan convertidas en curtametraxes: A árbore vermella e A cousa perdida. Tamén mencionamos Emigrantes, obra que unha das profesoras coordinadoras do club está traballando nas súas clases e da que falaremos máis polo miudo no club proximamente. Facendo click aquí accederedes ó artigo do blog que usamos nesta sesión.

GRAZAS, DAVID

Moitííííííííííííííísimas grazas, David, pola sesión de onte (sobre Nach Scratch e o hip hop) no club de lectura A árbore vermella. Que traballo tan interesante, minucioso, pormenorizado o teu!!!!!!!

Grazas por todo o tempo que nos dedicaches, que foi moito, non só o da sesión. Calquera que entre no artigo que fixeches para o noso blog pode comprobalo.

Grazas polo teu agasallo de onte e por todos os agasallos que tantas veces nos fas.

Nach Scratch no club de lectura

Nach Scratch no club de lectura

Este xoves, día 3 de febreiro, no Club de lectura A árbore vermella, o profesor de música David falaranos do cantante de hip hop Nach Scratch (web oficial) e do seu traballo Un día en suburbia (2008).

En primeiro lugar, comentaranos as principais características do hip hop:

a) na música que se escoita: (DJ)

* o "break" como ritmo base (é a célula principal do estilo, e nela o percusionista cambia o ritmo cun redoble ou cun solo);

* o "DJ" (Disc Jockey), que é a figura que selecciona os breaks e os sons; os sons gravados tamén serven para facer referencias (películas, cancións, épocas, lugares do mundo...);

* o "scratch", que é un efecto do vinilo producido cando se move ritmicamente o disco contra a agulla;

* as estruturas máis utilizadas son o REMIX (utilización de fragmentos de diferentes estilos nunha soa canción) e a SAMPLEDELIA (consiste en cortar e pegar fragmentos doutras cancións, polo que tamén se lle chama "cut´n´paste");

b) na letra que se le e escoita: (MC)

* os "rapeos": a través de longos textos contan historias complexas, normalmente ambientadas nun entorno urbano moi duro;

* o "MC" (Master of Ceremonies), que é quen escribe / improvisa as rimas sobre eses breaks;

c) na música que se baila: (B-BOYS)

* o BREAKDANCE é un tipo de baile no que os B-BOYS fan todo tipo de posturas seguindo o ritmo do break. Os principais pasos ou figuras son: LOOKING (axitar bruscamente todo o corpo), BREAKING (xirar sobre o chan), BODY POPPING (simular os movementos dun robot) e o MOON WALK (desprazarse hacia atrás coma se estivera camiñando de frente);

d) nos graffiti: como a principal forma de expresión gráfica do HIP HOP.

En segundo lugar, veremos cinco temas do disco (xa no seu blog persoal comentou brevemente todos os temas do CD, pero hoxe escoitaremos e analizaremos cinco deles):

Mil vidas, Quiz ShowÁngelSr Libro y Sr Calle y Héroes.

Ademais, veremos fragmentos doutros temas para ver algúns dos recursos que fan realmente grande a este cantante (Efectos vocales, Nada ni nadie e Vive mientras puedas).

Esperámosvos: será unha sesión chea de flow, enerxía e letra, moita letra.

Para aqueles que non poidades vir, os materiais que manexaremos nesta sesión están neste enlace.

Homenaxe de Carlos Negro a "Memorias dun neno labrego" no seu 50 aniversario

Memorias dun neno labrego from Martin Pawley on Vimeo.

"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre".

Memorias dun neno labrego  cumpre 50 anos e Carlos Negro (fai click aquí) escribe na revista Terra e Tempo un precioso artigo (fai click AQUÍ) no aniversario da publicación da imprescindible obra de Neira Vilas (páxina da Fundación Neira Vilas).

Moitos dos rapaces que asisten ó club de lectura leron ou van ler Memorias dun neno labrego. Con eles compartiremos o artigo de Carlos Negro e falaremos da obra de Xosé Neira Vilas.

CONCURSO ADIVIÑA QUEN É - FUCSIA, TALLADAS...

Na sesión de hoxe do club de lectura Iria e Lucía, gañadoras da segunda edición do concurso ADIVIÑA QUEN É, recibiron o seu agasallo (primeira e última presentacións de diapositivas que tedes enriba).

Falamos na sesión da autora viguesa Mª Xosé Queizán e os rapaces e rapazas tiveron nas súas mans algunhas das obras da escritora galega (grazas, Mónica, por ternos deixado todos estes poemarios, obras teatrais e novelas).Tedes fotografías na segunda presentación de diapositivas.

Por outra banda, seguimos co libro de poemas de Celso Fdez.Sanmartín Fucsia, talladas, estampados, boca. Algunha alumna xa nos trouxo a súa obra (pediamos "romper"a barreira entre natureza e moda, e na terceira serie de fotos tedes a Marta coa preciosa camiseta que fixo).

Na cuarta presentación tedes un traballo feito por Víctor, profesor de plástica, a partir dun dos poemas de Celso Fdez. Sanmartín.

Por último, seguimos gravando os rapaces lendo Fucsia, talladas, estampados boca. Len simultaneamente as dúas franxas do libro. Facede click aquí e aquí.

30 DE XANEIRO - DÍA DA PAZ

O 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz  (aquí imaxes de Gandhi e aquí frases célebres atribuidas a el ou sobre el) e , para conmemorar esta data, queremos invitar os alumnos que asisten ó club de lectura A Árbore Vermella en particular, e a todo o alumnado do IES Taboada Chivite en xeral, a participar na seguinte actividade:

Enriba do artigo tedes varias imaxes que reflicten situacións relacionadas coa guerra e a violencia e se facedes click aquí podedes acceder a máis fotografías. Teríades que escoller unha e escribir un texto que conte a historia detrás dela ou un poema.... Todos os vosos escritos serán publicados no blog da biblioteca. Teríades que darllos ás coordinadoras do club de lectura ou envialos ó enderezo electrónico ribeirachivite@gmail.com (co voso nome, o nome do instituto e o voso curso e grupo) ata o día 28 de Xaneiro.

 Facede click aquí para acceder á sección "en conflicto" da páxina web http://periodismohumano.com.

Facede click aquí para ver acurtametraxe de Fernando León de Aranoa Buenas noches Ouma, incluida dentro do proxecto Invisibles, producido por Javier Bardem (produciu cinco curtametraxes para un proxecto de sensibilización sobre os conflitos e enfermidades olvidadas da ONG Médicos sin Fronteras).

Ós pequenos protagonistas da historia se lles coñece como os night commuters. Todos comparten o mesmo desexo: fuxir dos militares que os secuestran para convertilos en nenos-soldado.

Moitísimas grazas ós compañeiros do IES Ribeira do Louro (grazas, Virginia) pola vosa suxestión.  

FUCSIA, TALLADAS, ESTAMPADOS, BOCA

Hoxe foi o primeiro día do Club de Lectura A Árbore Vermella adicado á obra de Celso Fdez. Sanmartín  Fucsia, Talladas, Estampados, Boca... e resultou verdadeiramente fascinante.Experimentamos distintos xeitos de recitar (por exemplo un "runrún" continuo para a franxa inferior, adicada á moda, que acompaña como "soniquete" de fondo á poesía da parte superior, que fala da natureza, das maceiras e cerdeiras de antes, das hortas... e que se intenta recitar con intensidade. Fai click aquí e aquí.) e ademais fixemos unha primeira aproximación ó noso proxecto de romper a distancia que separa as dúas franxas...moda con follas, con nubes...con menos baleiro e máis "verdade".

CONCURSO "ADIVIÑA QUEN É" - Mª XOSÉ QUEIZÁN

CONCURSO "ADIVIÑA QUEN É" - Mª XOSÉ QUEIZÁN

Rematou unha nova edición do concurso Adiviña quen é e a figura misteriosa era a da escritora galega Mª Xosé Queizán. Se facedes click aquí, aquí e aquí atoparedes información sobre ela.

Parabéns ás gañadoras do IES Taboada Chivite, Lucía de Sousa Fernández, de 1º ESO A, e Iria Prieto Domínguez, de 1º ESO D e do IES Ribeira do Louro, Nerea Fernández Diz.

Parabéns tamén a todos os que participastes.

BO NADAL!!!!!!!!!!

Desde o Club de lectura A Árbore Vermella desexámosvos un Nadal cheo de música, risa, baile, ledicia, imaxes fermosas, árbores, agarimo, cor....e libros, moitos libros, libros a esgalla.

VISITA DE MÓNICA PAZOS MARTÍNEZ

Grazas, Mónica, pola túa xenerosidade, por todo o que compartiches onte connosco, por todo o que sempre compartes connosco. 

"A Árbore Vermella": xuntanza con ex-alumnos e profesores

Recentemente algúns ex-alumnos e profesores que formamos parte do club de lectura A Árbore Vermella quedamos para falar das nosas vidas, do club, das nosas lecturas, das nosas pelis (todos quedamos en que veríamos Origen (fai click aquí) e falamos sobre ela)... Para compartir. Foi unha tarde memorable. Grazas Javi, Claudia, Lara, Mª Xesús, Mario... Bicos vermellos.

"Hª da resurrección do papagaio"

Enriba tedes un dos contos que, como vos diciamos nun artigo anterior, imos ler este ano no club de lectura. Trátase de Historia da Resurrección do Papagaio, de Eduardo Galeano.

LER, COSER E ESCOITAR MÚSICA

Enriba tedes unha presentación de diapositivas feita coas fotos tomadas durante a sesión dedicada a coser e ler (e escoitar pezas musicais, sobre todo de música clásica, Lago dos cisnes, Canon de Pachelbel, Romeo e Xulieta de Prokofiev...) da que falabamos no artigo inmediatamente anterior a este.

LER E COSER

O noso compañeiro Víctor, do Dpto. de Plástica, invítanos todos os anos en torno ó 25 de Novembro, día internacional de loita contra a violencia de xénero, a alumnos e profesores do centro a coser todos xuntos. Imos xuntando retais e facendo unha tea que une a rapaces e rapazas, homes e mulleres nuha tarefa común que pon de manifesto a nosa igualdade. A tea foi crecendo ano tras ano, facéndose enorme.

Na vindeira sesión do club de lectura imos colaborar con esta marabillosa idea de Víctor cosendo todos xuntos e lendo historias de mulleres, as historias que tedes na presentación que aparece enriba. Agardamos que os nosos rapaces e rapazas gocen cosendo e escoitando e tamén que entre neles a mensaxe de tolerancia e igualdade que queremos transmitir.

GRAZAS, TERESA

GRAZAS, TERESA

O noso agradecemento de corazón, Teresa, pola sesión de onte no club de lectura A Árbore Vermella, unha das máis especiais que tivemos, e polo artigo que nos dedicas (click tamén aquí).

GRAZAS!!!!!

CADROS SOBRE A ÁRBORE VERMELLA

Moitíííííííííííísimas grazas a Javier, do Dpto. de Plástica e ós seus alumnos, polo fermoso cadro que nos regalastes, inspirado na Árbore Vermella. Tedes fotos na presentación de diapositivas que aparece enriba.

Grazas de corazón, tamén, a Irene, de 3º ESO, cuxo cadro, baseado nunha das páxinas do libro A Árbore Vermella, de Shaun Tan, leva connosco dende o ano pasado. Aquí tedes fotos da obra de Irene.