Blogia

bibliochivite

A PAZ

la paz

Con moito retraso, pero máis vale tarde que nunca, colgamos os textos escritos por alumnos sobre a paz. Premede AQUÍ para acceder ó artigo publicado neste mesmo blog no que falabamos dunha actividade que fariamos despois do Día da Paz.

Moitas grazas a Elisa, profe de Lingua Castelá e Literatura e, por suposto a todos os alumnos e alumnas que escribistes uns textos tan interesantes.

Ana María Matute

"La Literatura ha sido, y es, el faro salvador de muchas de mis tormentas ", dixo Ana Mª Matute (click aquí) ó recibir hoxe o Premio Cervantes (é a terceira muller galardoada con este premio).

Fantasía, imaxinación, que opón a árida actitude que se nega a ver a dimensión espiritual do material, emoción, sentimento...inundaron hoxe o discurso da autora que nunca perdeu a inocencia.

Dende aquí podedes acceder a artigos xornalísticos sobre a grande escritora barcelonesa.

Este é o discurso de Ana Mª Matute ó ingresar na R.A.E.

Estas son citas de Ana Mª Matute.

Aquí está o seu conto favorito, El niño al que se le murió el amigo.

Teresa Losada escribe en Robando Rosas sobre Ana Mª Matute.

Aquí e aquí tedes uns breves vídeos nos que podedes ver e escoitar á escritora durante a cerimonia de entrega do Cervantes.

O vindeiro xoves no club de lectura leremos os relatos dunha novísima escritora, que está a dar os seus primeiros pasos no mundo da literatura, e o discurso de aceptación do Cervantes de Ana Mª Matute. Unha fermosa traxectoria que comeza e un camiño longo, mais que preserva moito da súa nenez, daranse a man.

25 DE ABRIL - O TESOURO

Facede click AQUÍ e leredes / escoitaredes / veredes O Tesouro. Un conto para o 25 de Abril  e para sempre

"Absurdos Sentimientos", de Hilda Fdez. Rguez

"Absurdos Sentimientos", de Hilda Fdez. Rguez

Hilda Fernández Rodríguez (este é o seu blog absurdos sentimientos e este é o seu blog fenestras de pedra) é unha moi, moi nova escritora cun presente, mais sobre todo, cun futuro luminoso por diante. É alumna de 1º de Bacharelato no noso veciño instituto, o IES García Barbón, e acaba de publicar a súa primeira obra, Absurdos sentimientos. Nesta obra, a autora comunícanos as súas sensacións, emocións e a súa particular visión do mundo a través dos relatos con tintes poéticos que nela se suceden.

O club de lectura A árbore vermella terá o pracer de recibir a Hilda Fernández o vindeiro xoves 5 de Maio, pero antes, o xoves 28 de Abril, leremos relatos seus na sesión do club de lectura. AQUÍ podedes ler algúns dos seus escritos.

O Club de Lectura e o Grupo de Teatro na MITEU

Como vos diciamos nun artigo anterior, o club de lectura A árbore vermella, xunto co grupo de teatro do IES Taboada Chivite asistimos recentemente a unha representación teatral no marco da MITEU. A verdade é que a selección de Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz, interpretada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, foi todo un acerto. Un nivel actoral excelente, unha obra de teatro con "moita miga"..... Pasámolo moi moi ben antes, durante e despois (os nenos estaban encantados e non quixeron marchar sen un autógrafo das actrices protagonistas). A repetir o vindeiro ano!!!!

23 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Desde o club de lectura A árbore vermella desexámosvos un moi moi moi feliz Día do Libro. Aproveitade este día, estes días de descanso para viaxar coa lectura... Que tal, por exemplo, o fermoso texto co que Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia? (AQUÍ  está o marcapáxinas que editou a Consellería de Educación co poema "O lugar da lectura", de Carlos Negro).

No marabilloso blog Trafegando Ronseis agasállannos con este post no Día do Libro. Grazas polo voso incrible blog, que, coma vos din desde o IES Ribeira do Louro, é toda unha referencia.

Álbumes gráficos con música

O proxecto de poñerlle música a novelas gráficas comezou o curso pasado no club de lectura. Descubrimos La Fuga, de Pascal Blanchet. La Fuga tivo tanto éxito que xa saiu do noso club de lectura. Unha das profesoras coordinadoras do club xunto con David, profe de música do IES Taboada Chivite, que foi quen buscou as pezas axeitadas ás imaxes e as interpretou ó piano, levaron A Fuga á Casa da Cultura de Verín, invitados pola plataforma Queremos Galego. Estivemos no IES Rosais 1 de Vigo (GRAZAS!!!, Carmen) e no IES Pedro Floriani de Redondela (GRAZAS!!!!, María). Tamén na EPA de Vigo (GRAZAS!!!, Ángela). Recentemente visitamos o IES Ribeira do Louro de Porriño (o noso club de lectura e o IES Ribeira do Louro crearon o concurso Adiviña Quen É). A acollida foi incrible. Alí presentamos non só La Fuga,  tamén El Monstruo del Lago Soledad, que musicou David (por certo, proximamente será a estrea no noso club de lectura de El pez que sonreía, de Jimmy Liao (click tamén AQUÍ)).

Moitas grazas a Virginia, pola invitación e  a David Barros, profe de música do IES Ribeira do Louro, que foi quen gravou e subiu á rede o vídeo que tendes enriba. Grazas, grazas, pola vosa calurosa acollida

EMIGRANTES, blog creado por David Rguez Rivada

O noso compañeiro David Rguez Rivada creou un blog no que recolle o traballo que compañeiros e alumnos deste e doutros institutos están a facer a partir da lectura / do visionado da novela gráfica Emigrantes, de Shaun Tan (ver a explicación do seu proxecto, que tamén inclúe traballo sobre La Fuga, de Pascal Blanchett,  aquí ). No club de lectura veremos distintas textualizacións que os rapaces están a facer dese incrible álbum gráfico que é Emigrantes (os alumnos de Daniel García Cancio están incluso poñéndolle voz ás imaxes), por exemplo as fermosísimas palabras que Miguel Franco, de 2º ESO, lle puxo ó texto.

BOLETÍN LÁZARO

Boletín Lázaro

Eiquí tendes o novo boletín da Biblioteca no que vos recomendamos novos libros, películas e páxinas web que agardamos vos sexan útiles.

David, escritor

De Agasallo

Nalgún artigo anterior deste blog dábamoslle as grazas ó noso compañeiro David, do Departamento de Música, polas sesións do club de lectura adicadas a descubrir o hip-hop, ou a comentar pezas musicais escollidas por todos nós. Pero ademais, David sempre está aí, aportando ideas (por exemplo, na sesión anterior el foi quen nos suxeriu unha morea de enlaces a películas... vinculadas coa choiva ou co que pode vir do ceo).

Hoxe gustaríanos pararnos na súa faceta de escritor. David agasállanos constantemente con textos escritos por el. (Incluso temos un libro precioso, regalo para o club de lectura, o libro con pentagramas que aparece á dereita da foto que está enriba deste artigo). Case todos os seus textos están no seu blog, no apartado mis escritos. AQUÍ os tedes. GOZADE CON ELES.

Coma sempre, GRAZAS DAVID.

O club de lectura na MITEU

O club de lectura na MITEU

O vindeiro xoves, 14 de abril, o club de lectura A árbore vermella xunto co grupo de teatro do IES Taboada Chivite asistirán a unha representación teatral no teatro Principal de Ourense dentro da MITEU. Trátase de Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz, interpretada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela:

Érase unha vez, no ano 1959, nunha vila galega dúas irmás agardaban a chegada da súa sobriña Marina. Así empeza este conto, que non é de princesas nin de perdices, máis ben de mulleres e de gatos.
«Historia de Pura e Angelita» é un conto sobre un país asfixiado pola intolerancia, un pequeno divertimento grotesco que trata de reflexionar sobre unha realidade que, malia a distancia no tempo, se cadra non está tan afastada e aínda se acocha detrás dos mobles, no escuro dos armarios ou na humidade dos faiados das nosas casas.

 

Estamos seguros de que o pasaremos moi, moi, moi ben!!!!!!!

VERDE

De Verde

Infinitas grazas, Víctor, polo teu abraiante conto ilustrado, Verde, que compartiches connosco onte no club de lectura (arriba tedes unha imaxe). Quedamos coa boca aberta, non só pola historia e as imaxes, que son incribles, senón por todo o que nos contaches... os porqués, os comos, os de onde. Agradecémosche con todo o corazón as túas palabras:

v e r d e

 

cando eu estudaba no Instituto non me gustaban as clases de literatura, porque o único que faciamos era aprender nomes de autores, obras e características, e non me preguntedes cales porque non lembro ningún. Non teño recordo de ningunha lectura ou dun momento no que disfrutar de ler...

 

...e de feito nunca cheguei a ter moita afición pola lectura, e nunca fun capaz de ler poesía, porque as poucas veces que o intentei non notei que tivese nada que ver comigo.

(si recordo algunha profesora que me fixo sentir un cariño especial pola nosa lingua, do que inconscientemente nunca máis me desprendín.)

 

agora, as veces que vou ó club de lectura, ainda que son profe, síntome máis un alumno e consigo apreciar a lectura como algo do que disfrutar e compartir. Sempre volto para casa con boa sensación e con ganas de facer algo: debuxar, ler, pensar... ata descubrín que alguns poemas dos que se len me gustan, porque os sinto máis próximos.

 

tamén fun capaz de aventurarme a escribir, e comecei por un conto, algo con poucas palabras e con imaxes, debuxos que compartín cos meus alumnos e que traballei con eles. Aprendin o difícil que é escoller esas poucas palabras e o difícil que é contar unha historia que diga algo que mereza a pena. (pensando que tiña comezado polo máis fácil vin que non era tal)

Dinme conta despois que o que escribía inconscientemente tiña moito que ver comigo, que era eu a cor verde, cos meus claros e escuros. E non fun capaz de rematar o último debuxo ata que as cores voltaron a aparecer na aula e en min. Alí está o que aprendín dos meus alumnos e das miñas compañeiras

 

Por certo, Marta, de 2º ESO B, díxonos que lle gustaría que caesen árbores de Víctor do ceo despois de ler o seu conto. 

Coa nosa árbore vermella

A nosa árbore vermella vai medrando, en todos os sentidos. A que nos regalou Javier, do Dpto de Ciencias, está, grazas ós seus coidados, moi fermosa. Enriba podedes vela nunhas fotos que sacamos onte.

Conto de Rodari para ler no club de lectura

Nunha vindeira sesión do club de lectura A árbore vermella leremos o conto Cando en Milán choveron chapeus ,de Gianni Rodari, incluido no libro Contos para xogar. Dámoslle moitas grazas a Miguel Pereira pola súa suxestión.

Por certo, que vos gustaría a vós que chovese do ceo? Escoitade a Juan Luis Guerra (AQUÍ a letra).

Outros enlaces pertencentes a películas e musicais nos que "choven" cousas máxicas ou suceden cousas fabulosas "chovendo" son os seguintes:

a) na película musical Mary Poppins literalmente "chove" do ceo unha muller agarrada a un paraugas, que utiliza o mesmo medio de transporte cando remata a película e marcha; cliquea aquí, desde o minuto 1:47

b) na película Pedro e o dragón Elliot, o personaxe que axuda a superar os seus problemas ó protagonista (Pedro) é un dragón que lle chega do ceo e que marcha tamén voando; cliquea aquí, desde o minuto 4:40;

c) na película Magnolia hai unha escena marabillosa na que choven rás; cliquea aquí ( e fai tamén click aquí);

d) na película musical Cantando baixo a chuvia, como o propio título indica, hai uns personaxes que utilizan a chuvia coma escenario para cantar e bailar; cliquea aquí;

e) con carácter xeral, moitas civilizacións indíxenas de EEUU utilizan a música para conxurar ós seus deuses e conseguir que chova; cliquea aquí;

f) no Antigo Testamento, Deus castiga ós homes cun diluvio universal, polo que neste contexto a chuvia é un arma de destrución; cliquea aquí.

g) Perpetuum Jazzile fan choiva coas súas mans.

Así, vemos que a chuvia pode traer cousas fantásticas, boas ou malas, pero que sempre é máxica e está relacionada co noso imaxinario poético.

Por certo, Marta, de 2º ESO B, díxonos que lle gustaría que caesen árbores de Víctor do ceo despois de ler o seu conto, Verde.

A árbore vermella no curso sobre cooperativismo organizado polo CFR de Verín

PRESENTACION-A ARBORE VERMELLA-b

Onte, día 5 de Marzo, o club de lectura A árbore vermella tivo a immensa sorte de poder compartir o seu traballo, a súa experiencia, cos profesores asistentes ó curso sobre cooperativismo que está a ter lugar no CFR de Verín. Moitísimas grazas por ternos invitado. Enriba tedes a presentación de power-point que usamos (ó subila a rede non se poden ver os vídeos directamente pero si se manteñen os hipervínculos) e AQUÍ está o noso guión.

MOITÍSIMAS GRAZAS a todas as profesoras asistentes. Moitas grazas Ana, Loli, Sofía.... Fixéstenos sentir unha enorme satisfacción.

A nosa Biblioteca gaña o premio Irmandade do Libro

A  nosa Biblioteca gaña o premio Irmandade do Libro

A Federación de Libreiros de Galicia outorgou á Biblioteca do IES Taboada Chivite o Premio Irmandade do libro polo seu labor a prol da promoción da lectura. PARABÉNS!!!!!!!!!!

Aquí tendes as impresións de Paula, responsable da Biblioteca, que recolleu o premio en Narón xunto co xefe de estudos.

Visita de Celso Fernández Sanmartín

O pasado xoves visitounos Celso Fdez Sanmartín, e foi unha experiencia única. Os rapaces plasmaron por escrito os sentimentos que neles provocou o grande poeta e contacontos. Moitas grazas.

Moitas grazas, Antonia, poetisa máxica.

Moitííísimas grazas, Miguel.

AQUÍ tedes fotos da visita de Celso Fernández Sanmartín. AQUÍ, AQUÍ, AQUÍ , AQUÍ, vídeo.

No artigo anterior tedes enlaces a todos os artigos publicados neste blog relacionados con Fucsia, talladas, estampados, boca.

Podedes visitar tamén o álbum O proxecto Fucsia en fotos, que recolle fotografías que resumen todo o acontecido ó redor de Fucsia, talladas, estampados, boca.

O instituto ambientado ó estilo "Fucsia, talladas, estampados, boca"

Para saber máis sobre o noso "proxecto fucsia" , baseado na obra de Celso Fernández Sanmartín, fai click aquí, aquí, aquí, aquí e aquí.

"Fucsia, talladas, estampados, boca" no río II

Nun artigo anterior falabamos da nosa experiencia levando postos ó río os deseños feitos a raíz da lectura de Fucsia, talladas, estampados, boca e lendo á beira da auga ou dentro dela (AQUÍ están as fotos e os vídeos). Algún dos vídeos gravados aquela tarde foron editados por Víctor, profesor e plástica, e os seus alumnos de deseño gráfico dixital (arriba tedes a Mercedes lendo e tamén podedes ver a Marita , Juan , Leila e Antonia recitando).

AQUÍ tedes unha presentación sobre o "Proxecto Fucsia".(Nota: non foi posible que se visen os vídeos insertados na presentación ó subila a rede, mais se facedes click enriba de cada un dos poemas, accederedes a eles)

8 de marzo

8 de marzo

Mediante el trabajo ha sido como la mujer ha podido franquear la distancia que la separa del hombre. El trabajo es lo único que puede garantizarle una libertad completa".

Simone de Beauvoir

 

 

 

 

            A mediados del siglo  19 cada vez más mujeres se incorporaban  a la producción especialmente  en la rama textil, donde eran mayoria absoluta , pero las extenuantes jornadas de más de 12 horas  a cambio de salarios miserables sublevaron  a  las obreras  de una f´brica textil neoyor quina que salieron a reclamar sus derechos. Era el 8 de marzo y las manifestantes fueron atacadas por la policia.

 

Pero no fue  la última  vez  que las obreras se movilizaban . Medio siglo más tarde , en marzo de 1908 , 15000 obreras marcharon por la misma ciudad al grito de “ Pan y Rosas”, sintetizando en esta consigna sus demandas por aumento de salario y por mejores condiciones de vida.

Al año siguiente,  también en marzo, 140 mujeres  murieron calcinadas en la fábrica textil donde trabajaban , en condiciones infrahumanas

 

En 1910  la alemana Clara Zetkin  propuso que se estableciese el 8 de marzo como Día Internacional de la Mujer, en homenaje aquellas  que llevaron adelante las primeras acciones organizadas en contra de la explotación  que sufrían.