Blogia

bibliochivite

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CARA AS MULLERES-3

Limos poemas, cantamos e escoitamos unha canción, reflexionamos sobre o contido deses textos.... falamos de non ser poseídos e de non posuír as persoas, de ser seres completos, de dar e ter un afecto san, de liberdade, de patróns preestablecidos que aínda están gravados con lume nas nosas mentes... fixemos laciños morados e puxémolos...sacamos fotos coa tea solidaria... 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CARA AS MULLERES - 2

Enriba tedes dúas presentacións que amosan o traballo feito por Víctor, de Plástica, e os seus alumnos para recordarnos o Día Internacional da Eliminación da Violencia cara as Mulleres e tamén as actividades que o Dpto de Plástica (tea solidaria) e o Club de Lectura (sesión do día 24 dedicada a coser a tea, elaborar e repartir laciños morados e ler poemas) están a promover.

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CARA AS MULLERES

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CARA AS MULLERES

Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia cara as Mulleres o club de lectura A árbore vermella adicará, como o pasado ano, a vindeira sesión a colaborar na elaboración dunha tea solidaria (click aquí e aquí), proxecto que leva impulsando o noso compañeiro Víctor, do Dpto. de Plástica, dende hai anos. Ademais, elaboraremos 60 lazos morados, para lembrar as 60 mulleres asasinadas no que levamos de ano, e todos os membros do club de lectura os levaremos postos e repartiremos os restantes entre aqueles compañeiros que queiran levalos.

A sesión comezará coa lectura de dous poemas, o primeiro, Amores cativos, de Rosalía de Castro

Era delor i era cólera,
era medo i aversión, era un amor sin medida,
¡era un castigo de Dios!

Que hai uns negros amores de índole ponzoñenta
que privan os espritos, que turvan as conciencias,
que morden si acariñan, que cando miran queiman,
que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan.
Máis val morrer de friaxen
que quentarse á súa fogueira.

 

e o segundo de Agustín García Calvo, Libre te quiero (aquí tedes a musicalización de Amancio Prada) :
Libre te quiero,
como arroyo que brinca
de peña en peña.
Pero no mía.
Grande te quiero,
como monte preñado
de primavera.
Pero no mía.
Buena te quiero,
como pan que no sabe
su masa buena.
Pero no mía.
Alta te quiero,
como chopo que en el cielo
se despereza.
Pero no mía.
Blanca te quiero,
como flor de azahares
sobre la tierra.
Pero no mía.
Pero no mía
ni de Dios ni de nadie
ni tuya siquiera.

A continuación leremos e escoitaremos María se bebe las calles, de Pasión Vega:

María pensó que el amor
era un mandamiento de dos
y esperando el primer beso
se hace vieja ante el espejo
y limpia su llanto
maquilla sus heridas
y se le va la vida.

Recuerda la primera vez
que él le juró que fue sin querer
y en los hijos que vivieron
prisioneros de su miedo,
María soñaba con ser la princesa
de los cabellos de oro
y la boca de fresa.

María se fue una mañana
María sin decir nada
María ya no tiene miedo
María empieza de nuevo
María yo te necesito
María escapó de su grito
se bebe las calles María...

Ella nunca dice que no,
es la esclava de su señor
ella siempre lo perdona
a sus pies sobre la lona,
su patria es su casa
su mundo la cocina
y se le viene encima.

Un día dejó el corazón
abandonado en su colchón
solo piensa en ver su cuerpo
¡ay! del quinto mandamiento
María no tiene color en la sangre
María se apaga y no lo sabe nadie.

María se fue una mañana
María sin decir nada
María ya no tiene miedo
María empieza de nuevo
María yo te necesito
María escapó de sus gritos
se bebe las calles María...

María se fue una mañana
María sin decir nada
María ya no tiene miedo
María empieza de nuevo
María yo te necesito
María escapó de sus gritos
se bebe las calles María...

María pensó que el amor
era un mandamiento de dos...

CONCERTO CHELO (David Rodríguez Rivada) - PIANO (Rubén López López)

Grazas, grazas, grazas, grazas, David e Rubén, pola xenerosidade coa que compartides o voso talento, un talento que onte nos fixo vibrar a todos os que estabamos no salón de actos do IES García Barbón.

Non temos máis que palabras de agradecemento... Moitos dos nenos do club de lectura que nos acompañaron onte asistían e gozaban por primeira vez cun concerto de música clásica en vivo. Grazas por darlles esa oportunidade.

GRAZAS

A LINGUA SABE A PAN

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Grazas a Virxinia, compañeira do IES Ribeira do Louro, con quen compartimos o proxecto Adiviña quen é, descubrimos o vídeo (o lipdub) que tedes enriba, feito polos compañeiros do CPI VIRXE DA SALETA, de CEA, e quedamos namoradas del. Un gran traballo que espalla dende o agarimo, a ledicia, o espírito positivo... o amor pola nosa lingua.

Sempre queremos compartir cos nosos rapaces aquelas cousas que nos "tocan". Por iso adicaremos os primeiros minutos da vindeira sesión do club de lectura A árbore vermella a sorrir mentres vemos A lingua sabe a pan.

PARABÉNS ós compañeiros de Cea polo voso traballo, de calidade, entusiasta e positivo. Unha aperta dende Verín.

Abelcebú - As nosas definicións

Abelcebú - As nosas definicións

Nun artigo publicado neste blog falabamos de Abelcebú (click aquí), o diccionario do demo de Carlos Negro. Neste curioso diccionario Negro enche as palabras dun contido retranqueiro, humorístico... Un repaso actual da nosa sociedade baixo unha ollada crítica e satírica. Así....

Un COLEXIO é unha " Fábrica socializadora onde se pretenden ensinar valores alternativos aos que ditan a televisión e o mercado, case sempre con resultados escasamente esperanzadores."

Un POETA é un "individuo que negocia co tacto das palabras e coas musas do seu ego."

GALEGO é : "Pobo antropófago e autodestrutivo moderno."

AQUÍ  e AQUÍ podedes ler definicións que, seguindo a estela de Carlos Negro, fan os alumnos de 1º ciclo de ESO das nosas compañeiras Antonia e Elisa, profes de Lingua Castelá. AQUÍ podedes ler máis definicións que Carlos Negro nos ofrece no seu Abelcebú.

A definir!!!!!!!!!  A exercitar a nosa retranca!!!!!!!!

Visita de Julia e Víctor

De Visita de Julia y Víctor

Onte estiveron connosco no club de lectura Julia Rivada e Víctor Rguez para falarnos do conto "Basi e os seus amigos", que creou Julia e está a ilustrar Víctor . Julia, como vos diciamos nun artigo anterior, é profesora de educación infantil e unha vez máis demostrounos que a paixón, a creatividade a riqueza interior... van máis alá de idades, que a aprendizaxe non é unidireccional, que todos podemos compartir con e aprender de todos. Vimos o enorme traballo que se fai na educación infantil (que obra teatral montaron Julia e a súa compañeira Belén cos seus pequenos de cinco anos a partir do conto!!!!!) e como os nenos devolven multiplicado o esforzo e o cariño que se lles adica. GRAZAS Julia, es unha enorme profesional, dun talento incrible.

E para talento, paixón, entrega... a de Víctor. Unha e outra vez déixanos abraiados. Víctor soubo ler con precisión o texto de Julia e darlle ás imaxes o seu toque máxico, único, diferente. GRAZAS por enriquecernos, Víctor.

GRAZAS tamén unha vez máis ós nenos e nenas do club. Un venres pola tarde e aquí estivestes, coma sempre, gozando, sorrindo...

GRAZAS a Teresa Santamaría, tamén profesora de educación infantil, que estivo connosco no club cando este comezaba, hai uns anos, para falarnos doutro fermoso proxecto  (que marabilloso traballo o dos compañeiros de infantil!!!!), o proxecto que rematou coa publicación do conto "A bolboreta Doreta", e que onte tamén nos quixo acompañar e compartir experiencias coa súa compañeira Julia. Se facedes click aquí e aquí accederedes ós artigos que se publicaron no blog cando Teresa nos acompañou na nosa Árbore Vermella.

 Visitade, premendo aquí, o exquisito artigo que David Rguez. Rivada adica no seu blog á visita de Julia. NON VOS PERDADES ESE TEXTO!!!!!!!!!!!!!!

Facede click aquí para ver un vídeo que recolle parte da visita.

"Adiviña quen é" comeza de novo

"Adiviña quen é" comeza de novo

O concurso "Adiviña quen é", que realizamos conxuntamente co IES Ribeira do Louro de Porriño, comeza de novo. Lembrámosvos que o escritor "oculto" na derradeira edición do pasado curso foi Ernesto Sábato.

Quen será a persoa da foto?

Estes son os seus datos biográficos e aquí tedes algunhas citas súas.

 Coma sempre, para participar e optar ó agasallo, tedes que mandar un correo electrónico coa vosa resposta, o voso nome e apelidos, curso, grupo e instituto a:

 ribeirachivite@gmail.com

 Tedes de prazo para concursar ata o Mércores, 14 de Decembro de 2011.

A CONCURSAR!!!!!!!!!     BOA SORTE!!!!!!!!!

PARABÉNS ÓS NOSOS ARTISTAS

Dende A árbore Vermella queremos felicitar de corazón a Miguel e Alejandra Franco, os nosos grandes e recoñecidos escritores (Miguel, 2º premio no II Certame de  Relatos Curtos " Agua y Vida" organizado polo Corte Inglés e Alejandra, finalista) e a Andrea Barreal, a nosa enorme fotógrafa (finalista do I Certame de Fotografía), asiduos da nosa árbore, polo seu talento e a súa sensibilidade, recentemente recoñecidos.

FOTO de Andrea.

TEXTO de Miguel.

TEXTO de Alejandra.

Javier Rguez,  profesor de Ciencias do noso instituto, publica no blog Bioquimchivite este artigo sobre os premios "Agua e Vida" . 


Comeza "A árbore vermella"

Un novo curso cheo de ilusión comeza para A Árbore Vermella. Moitas grazas a todos os que estivestes onte na biblioteca no noso día de estrea. Agardamos poder compartir momentos especiais, como os que tivemos os pasados anos. Seguro que así será....... A coidar das vosas árbores vermellas!!!!!!!!

Carteis anunciadores do comezo do club de lectura dos alumnos de Deseño Gráfico de Víctor

MOITÍSIMAS GRAZAS a Víctor e ós seus magníficos artistas por axudarnos a difundir polo centro o comezo do club de lectura un ano máis!!!!!!!!!!!!!!!

"El rey pájaro y otros esbozos", de Shaun Tan

Como sabedes, na Árbore Vermella somos unhas namoradas do artista Shaun Tan. O noso nome procede dunha das súas obras, The Red Tree, e temos lido no club de lectura Emigrantes, La cosa perdida e Cuentos de la periferia (este ano tocaralle o turno a Los Conejos. Paseando por este blog atoparedes artigos adicados a todas esas obras)).

El rey pájaro (click tamén aquí) é un libro que os adictos a Shaun Tan sen dúbida queremos para a nosa colección, xa que a través del nos acercamos ó universo do autor mediante os bocetos que realizou nos últimos anos. Di Shaun Tan:

“Se ben a meirande parte do meu traballo xira en torno a proxectos que acaban publicándose, como libros, películas e cadros rematados, moitísimos deles (o substrato) permanecen en gran medida ocultos, gardados en carpetas, caixas e cadernos de bocetos. Algunhas desas obras son ideas incipientes, algunhas felizmente abandoadas, outras pendentes dunha excusa que permita resucitalas. Outras son probas que fixen durante a fase inicial ou durante o difícil proceso de creación dalgún proxecto, ilustracións eminentemente utilitarias, meros pasos previos polos que tiven que pasar antes de completar unha obra. Outros son exercicios para non perder a forma como artista, onde a práctica do debuxo está orientada a aprender a ver, un traballo que non ten fin. E, por último, hai esbozos que non obedecen a un obxectivo en particular, creados por simple diversión, que adoitan ser os máis interesantes. As obras aquí reunidas son unha mostra do material dese tipo que xuntei durante os últimos doce anos e inclúen dende debuxos máis ou menos rematados ata garabatos soltos.”

Enriba tedes dúas presentacións. A primeira é unha escolma de debuxos de "El rey pájaro" feita pola propia editorial que publicou a obra, a editorial Barbara Fiore. A segunda é unha escolma feita polas coordinadoras do club que ás veces coincide coa editorial.

O peixe vermello na árbore vermella

O peixe vermello na árbore vermella

O club de lectura comezará este ano descubrindo ós novos integrantes A árbore vermella e gozando todos e todas tamén cunha nova pequena xoia que acabamos de atopar: O peixe vermello  (click tamén aquí).

O PEIXE VERMELLO

COS NOSOS ARTISTAS

Os que tedes visitado os artigos da Àrbore Vermella neste blog sabedes que os nosos rapaces e rapazas son uns auténticos artistas. Por segundo ano acompañámolos á exposición dos seus cadros na Casa do Escudo de Verín.

GRAZAS Irene, Leila, Marta, Inés, Mercedes, Pilar, Iago, Ismael, Rodrigo...Sodes uns pintores incribles

FRATO

Con ojos de niño

Con ojos de abuelo

Este ano adicaremos unha sesión do club de lectura a ese magnífico artista, pensador, psicopedagogo, chamado Francesco Tonucci (FRATO) e centrarémonos especialmente en comentar algunhas  ilustracións das súas obras Con ojos de niño e Con ojos de abuelo.

Enriba e aquí tedes vídeos nos que Frato fala dunha cidade pensada para os nenos. Tamén tedes outro vídeo con debuxos seus, nalgúns casos animados, que leva por título Bienvenido Frato.

Ademais podedes ver dúas presentacións feitas con debuxos extraídos de Con ojos de niño e Con ojos de abuelo.

Antón Riveiro Coello

Antón Riveiro Coello

Este curso temos a intención de ler relatos de Antón Riveiro Coello no club de lectura A árbore vermella, en concreto dos seus libros Animalia (" Este libro agrupa relatos nos que a nota dominante é a presenza do estraño e o insólito na experiencia cotiá. Os personaxes que habitan estas narracións non son seres fantásticos nin monstruosos, pero nas súas vidas pode irromper de forma inesperada ese fío íntimo e secreto que une a humanidade co misterioso e o inexplicable. Animalia recibiu, por unanimidade, o Premio Café Dublín de Narrativa 1999." ) e  Casas Baratas ("Un libro que esperta lembranzas a través duns relatos nos que se rescatan historias e emocións inesquecibles. Enfiados por un mesmo narrador e cun escenario común, a vila de Xinzo da Limia en pleno franquismo, os relatos de Casas baratas fan xurdir, con intensidade e humor, gorentosos episodios nos que historia persoal e colectiva se mesturan e enrriquecen mutuamente. Antón Riveiro Coello reconstrúe con mestría todo un mundo de sensacións e vivencias, converte a literatura no único acobillo do home. O autor de As rulas de Bakunin manexa os diferentes rexistros do conto, desde o humor ao dramatismo, pasando polo misterio e a iniciación no amor, sen deixar de sorprender en todo momento. O mundo de Casas baratas é o mundo da infancia e dos inicios da adolescencia. Riveiro Coello nárrao desde os ollos dun rapaz, cunha mirada que no cotiá descobre o misterio e nos sentimentos sinxelos atopa a paixón de vivir. Os contos deste libro reconcíliannos coa realidade, fannos sentir o paso do tempo non coma unha carencia senón coma unha experiencia que enriquece e dá sentido ao vivido. Literatura auténtica escrita desde as emocións que perduran"). Tamén o conto A voz do lago, ilustrado por Rodrigo Chao Blanco ("En setembro de 1927 María Mariño e os seus deixan Noia para ir a vivir a Escarabote, preto do pazo de Goiáns, onde traballa de cociñeira unha parenta súa, herdeira da fortaleza cercana ao Lago do Mar. Irene, unha nena de dez anos, coñece os novos veciños e repara na elegancia de María, quen, amais dos vestidos, cose versos e apaña bolboretas no vento. As dúas fan boas migas e María Mariño decide compartir con Irene un segredo: o misterio dun libro que provoca un murmurio no lago.")

 

Aquí tedes unha autobiografía súa, aquí unha listaxe das súas obras (e ademais é posible acceder a textos seus), aquí vídeos onde aparece o autor, aquí documentos varios.

Los Conejos, de Shaun Tan

Los Conejos é outra desas incribles novelas gráficas coas que nos agasalla o artista australiano Shaun Tan, autor de Emigrantes, A árbore vermella, La Cosa Perdida, títulos que vos resultarán familiares se tedes visitado este blog, no que somos fans de Tan e por eso o compartimos con todos os alumnos que veñen ó club.

Los Conejos, escrita por John Marsden, é en parte unha fábula alegórica sobre a colonización (click aquí e aquí), contada desde o punto de vista dos colonizados. Un narrador invisible describe a chegada de «coellos» con gran detalle, un encontro que ó principio é amistoso e curioso, pero que máis adiante se torna sombrío ata o punto de que parece evidente que os visitantes son, en realidade, invasores. O estilo do libro é deliberadamente escaso e extraño, tanto o texto como a imaxe expresan un sentimento xeral de desconcerto e ansiedade a medida que as criaturas nativas, parecidas a numbats, son testigos dunha devastación medioambiental baixo as engranaxes dunha nova cultura estranxeira.

Comentario sobre Los Conejos por Shaun Tan:

" Os paralelismos cunha historia real de colonización en Australia e arredor do mundo son obvios, e baséanse nunha investigación detallada, a pesar do evidente surrealismo das imaxes e da ausencia de referencias directas. Foi elixido álbum ilustrado do ano polo Consello do libro infantil de Australia, o que en parte xenerou unha certa controversia debido ós temas que se afrontaban, e foi atacado en numerosas ocasións baixo a acusación de ser «propaganda políticamente correcta», aínda que só por parte dos conservadores de dereitas, por suposto. A pesares diso  (ou por iso), o libro seguiu gañando numerosos premios en Australia, os EUA e o Reino Unido, e estúdase amplamente na escola secundaria. Podería parecer que algúns dos meus conceptos e deseños inspiraran de forma non recoñecida unha sección da cerimonia de apertura dos xogos olímpicos de 2000 de Sydney, aínda que xamais puiden descubrir se é certo.
Un primeiro motivo de controversia foi o feito de que Los Conejos fose un álbum ilustrado e, polo tanto, pensado para un público infantil, co que se asumiu erroneamente que pretendía ser didáctico. En realidade concebino orixinalmente para lectores de máis idade, e en xeral creo que non é doade de etiquetar."

A ÓPERA DOS TRES REÁS

O grupo de ex-profes e ex-alumnos do club de lectura A árbore vermella comeza este curso 2011-2012 asistindo á representación, por parte do Centro Dramático Galego, da Ópera dos tres reás, de Bertolt Brecht en Ourense.

 "A compañía pública galega actualiza o clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill baixo a dirección escénica de Quico Cadaval­—quen asume tamén a dramaturxia— e a dirección musical de Diego García Rodríguez. Luis Tosar, a cara más recoñecida do panorama cinematográfico actual e un dos actores máis solicitados, Marcos Orsi, Muriel Sánchez e César Goldi encabezan o elenco deste drama musical do que tamén forman parte Alba Messa, Víctor Mosqueira, Mónica de Nut, Marta Pazos, Francisco Pérez "Narf", Begoña Santalices e Sergio Zearreta, acompañados en directo polos músicos Suso Alonso, Rui Bandeira, Pablo Castaño, Andrew McNeill, Saúl Puga, David Rodríguez, Adrián Viñas e Vadzim Yukhnevich.

Baseada na peza do dramaturgo inglés John Gay A ópera do mendigo (1728), a obra constitíu o éxito teatral más importante de Brecht. Ás formulaciones escénicas do dramaturgo alemán uniuse unha fascinante partitura composta por Kurt Weill, na que incorporou cabaret, jazz e música culta, aínda que satirizada. Algúns dos seus temas musicais adquiriron grande éxito por si mesmas, como A balada de Mackie o Navalla, Jenny a dos piratas, A canción dos canóns, Barbara song e A balada do bordel que foron inmortalizados por grandes cantantes como Louis Armstrong, Edith Piaff, Nina Hagen, Tom Waits, Ute Lemper, Sting...

Brecht sitúa no Londres dos anos 20 un mundo de delincuencia, crise, prostitución, miseria e abusos, no que o popular delincuente Mackie Messer seduce a filla do rei dos mendigos. Unha voda nunha corte é o detonante dunha carreira vertixinosa en que os mendigos, as prostitutas e a policía comparten protagonismo, audacias e un final sorprendente.

Música e palabra, da man, ofrecen unha obra que busca o goce xunto á reflexión."

Marabilloso conto sobre o amor e a dor // "El elefante encadenado"

Presentación El elefante enca...

Enriba tedes un precioso conto sobre o amor e a dor que escoitaremos no club de lectura. Cóntao Jorge Bucay (de quen tamén leremos o conto que tedes enriba, O elefante encadeado, click tamén aquí e aquí ), aínda que tamén llo contara Alfredo a Totó na película "Cinema paradiso".

Toda unha lección.

Dúas historias preciosas con formato de conto, pero que nos afectan a todos

No club de lectura veremos dúas xoias gráficas que tratan o tema do respecto á diversidade, a atención ás persoas con discapacidade e a procura do seu benestar nun mundo que vai a outro ritmo.

O primeiro vídeo é a historia de Lorenzo, un neno con discapacidade que recibe o apoio de alguén especial que sabe velo, e entón o mundo deixa de serlle alleo.

O segundo vídeo é a historia dun neno autista, unha historia preciosa narrada por unha nena, transmitindo as emocións que rodean esa relación tan complexa entre dous irmáns.

Moitas grazas, Sofía, por estes dous agasallos.

Tamén veremos fragmentos do documental ¿Qué tienes debajo del sombrero?.

 ¿Qué tienes debajo del sombrero? conta a vida de Judith Scott, unha escultora norteamericana de 62 anos á que lle chega o recoñecemento internacional despois de vivir 36 anos nunha institución psiquiátrica. Judith ten Síndrome de Down e é sordomuda. A súa historia, contada a través da súa irmá xemelga, Joyce, sen discapacidade, é o detonante dunha película que viaxa ó Creative Growth Art Center en California e descobre  outros personaxes que como Judith buscan expresarse a través da arte.
     ¿Qué tienes debajo del sombrero? é unha reflexión acerca do aillamento que pode provocar unha discapacidade, e de como a través da arte se consegue restaurar a comunicación.